Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Dirección de proxectos Código 614502002
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Matemáticas
Coordinación
Bamonde Rodriguez, Sebastian
Correo electrónico
sebastian.bamonde@udc.es
Profesorado
Bamonde Rodriguez, Sebastian
Carpente Rodriguez, Maria Luisa
Cerdeira Pena, Ana Belen
Pedreira Fernández, Oscar
Correo electrónico
sebastian.bamonde@udc.es
luisa.carpente@udc.es
ana.cerdeira@udc.es
oscar.pedreira@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Dirección de Proxectos presenta ao alumno un marco práctico para o desenvolvemento profesional na dirección de proxectos de propósito xeral. O foco non son simplemente os proxectos de desenvolvemento de software, aínda que estes representen unha parte moi importante.

O desenvolvemento da materia abrangue tanto o concepto de proxecto individual coma o de carteira de proxectos. O marco de referencia é o PMBOK editado por Project Management Institute. Ao longo da materia explícanse as áreas de coñecemento nas que o PMBOK divide a Dirección de Proxectos, utilizando un dobre enfoque: por áreas e por procesos.

Unha parte importante da materia é a participación de profesionais de empresas de recoñecido prestixio que colaboran na docencia presentando casos reais do máximo interese en distintos ámbitos de aplicación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a integración de tecnoloxías, aplicacións, servizos e sistemas propios da enxeñaría informática, con carácter xeneralista, e en contextos máis amplos e multidisciplinares.
A2 Capacidade para a planificación estratéxica, elaboración, dirección, coordinación, e xestión técnica e económica nos ámbitos da enxeñaría informática relacionados, entre outros, con: sistemas, aplicacións, servizos, redes, infraestruturas ou instalacións informáticas e centros ou factorías de desenvolvemento de sóftware, respectando o adecuado cumprimento dos criterios de calidade e ambientais e en contornos de traballo multidisciplinares.
A3 Capacidade para a dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas e centros tecnolóxicos, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación.
B1 Capacidade de resolución de problemas.
B2 Traballo en equipo.
B3 Capacidade de análise e síntese.
B4 Capacidade para organizar e planificar.
B5 Habilidades de xestión da información.
B6 Toma de decisións.
B7 Preocupación pola calidade.
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
B10 Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática
B11 Capacidade para a dirección de obras e instalacións de sistemas informáticos, cumprindo a normativa vixente e asegurando a calidade do servizo
B12 Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares
B14 Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais
B15 Capacidade para a dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos, no ámbito da Enxeñaría Informática
B16 Capacidade para a posta en marcha, dirección e xestión de procesos de fabricación de equipos informáticos, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación
B17 Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e de resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaces de integrar estes coñecementos
B19 Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización da informática
B22 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B23 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B24 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B25 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer as características dun proxecto e o seu ciclo de vida - Coñecer as áreas de coñecemento que están implicadas nos grupos de procesos nos que se articula o ciclo de vida. AP1
AP2
AP3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
BP14
BP15
BP16
BP17
BP19
BM2
BM3
BM4
BM5
CP1
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
1. Marco Conceptual da Dirección de Proxectos
2. Ciclo de Vida dun proxecto
3. Procesos da Xestión de Proxectos
4. Documentación
5. Integración
6. Alcance
7. Planificación
8. Control de Custos
9. Control de Calidade
10. Xestión de Recursos Humanos
11. Xestión da Comunicación
12. Xestión e Análise de Riscos
13. Xestión de Adquisicións
.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B16 B17 B19 B22 B23 B25 C4 C5 C6 C7 C8 20 36 56
Prácticas de laboratorio B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 19 44 63
Presentación oral B2 B3 B7 B24 C1 1 10 11
Proba obxectiva A3 B1 3 12 15
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explica o contido da materia
Prácticas de laboratorio Exercicios que o alumno debe realizar e presentar
Presentación oral O alumno ten que defendar a sua práctica
Proba obxectiva Exame da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
O alumno revisará o desenrolo da práctica con profesor

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 Os alumnos desenvolverán unha práctica da que deberán presentar unha memoria e facer a presentación oral desta.

Valorarase:

1. Alcance
2. Contido
3. Documentación
45
Presentación oral B2 B3 B7 B24 C1 Cada alumno de cada grupo de prácticas deberá defender unha parte desta.

se valorará :

1. Coñecemento global da práctica.
2. Defensa realizada
3. Integración da sua parte no contexto global da mesma.
4. Claridade do documento de presentación.
20
Proba obxectiva A3 B1 Se trata dun exame de conceptos básicos, sobre a base de preguntas curtas ou opcións de test.Se trata de un examen de conceptos básicos, en base a preguntas cortas u opciones de test. 35
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación para os alumnos que non poidan asistir a clase por ter autorizada a asistencia parcial serán os mesmos pois os enunciados estarán publicados e o material de apoio utilizado nas clases tamén. Quérese sinalar non obstante a importancia da asistencia ás clases prácticas para a realización dos traballos.


Fontes de información
Bibliografía básica Project Management Institute (2013). Guía de los Fundamentos de la Dirección de Proyectos 5ªed.. Project Management Institute
Project Management Institute (). www.pmi.org. Project Management Institute

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías