Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Arquitecturas e plataformas móbiles Código 614502005
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
García Naya, José Antonio
Correo electrónico
jose.garcia.naya@udc.es
Profesorado
Fernández Caramés, Tiago Manuel
García Naya, José Antonio
Correo electrónico
tiago.fernandez@udc.es
jose.garcia.naya@udc.es
Web http://moodle.udc.es/course/view.php?id=27935
Descrición xeral Nesta asignatura adquírense os coñecementos básicos das tecnoloxías móviles e a súa aplicación mediante o deseño e o desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles.

Competencias do título
Código Competencias do título
A11 Capacidade de deseñar e desenvolver sistemas, aplicacións e servizos informáticos en sistemas encaixados e ubicuos.
B1 Capacidade de resolución de problemas.
B5 Habilidades de xestión da información.
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
B10 Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática
B13 Capacidade para o modelado matemático, cálculo e simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresa, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todos os ámbitos relacionados coa Enxeñaría en Informática
B14 Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais
B17 Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e de resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaces de integrar estes coñecementos
B21 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B22 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B23 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B25 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquisición de coñecementos para comprender, deseñar e desenvolver sistemas e servizos completos en equipos móbiles AP11
BP1
BP5
BP9
BP10
BP13
BP14
BP17
BM1
BM2
BM3
BM5
CP4
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ás arquitecturas e plataformas móbiles Hardware: arquitecturas e plataformas. Arquitectura ARM.

Software: plataformas e sistemas operativos móbiles. Perspectiva histórica, ecosistema de desenvolvemento, mercado e monetización.
Experiencia de usuario: Usabilidade e interfaces de usuario Introdución á usabilidade das aplicacións móbiles e á interación co usuario.

Guías de estilo e patróns de deseño de interfaces gráficas de usuario en dispositivos móbiles. Exemplos.
Arquitectura e deseño de software en dispositivos móbiles. Aplicación a Android Construíndo a primeira App: entorno e ferramentas de desenvolvemento e depuración.

Compoñentes dunha app.

Relación entre apps, a máquina virtual e os procesos Linux.

Ciclo de vida das Actividades.

Paralelización de tarefas: AsyncTask

Serialización/Deserialización de datos, Fragments e Parcelables

Services

Content Providers, Content Resolvers, Loaders

Recycler View

Apps, procesos e threads: IPC en Android

Android Binder

Xeolocalización

Almacenamento

Multimedia

Patróns arquitecturais de software aplicables ós dispositivos móbiles: MVC e as súas variantes.
Programación dirixida por eventos e xestión da concurrencia Programación dirixida por eventos. Conceptos avanzados.

Patróns: Publisher/Subscriber, Active Object, Monitor Object, Half/Sync-Half-Async e Thread Pool.

Aplicación a Android
Aplicacións nativas, baseadas en web e híbridas Desenvolvemento de aplicacións web móbiles.

Desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas.

Frameworks de desenvolvemento.
Sensorización en plataformas móbiles Introducción á sensorización en plataformas móbiles.

Conceptos básicos de sensores e tipos de sensores.

Manexo de sensores en Android.
Pantallas e Mobile HMI Pantallas nos dispositivos móbiles. Tipos e tecnoloxías empregadas.

Mobile HMI.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A11 B5 B10 B13 B14 B17 B21 B25 C4 C6 C7 C8 21 33 54
Prácticas a través de TIC A11 B1 B5 B9 B10 B13 B14 B22 B23 15 30 45
Mesa redonda B10 B14 B17 B22 B23 C4 C6 C7 C8 1 15 16
Proba obxectiva B1 B17 B22 B23 3 18 21
 
Atención personalizada 14 0 14
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia.
Prácticas a través de TIC Talleres de prácticas individuais para desenvolver os conceptos adquiridos nas clases maxistrais.
Mesa redonda Seminarios e mesas redondas con profesionais do sector.
Proba obxectiva Valoración dos coñecementos adquiridos en toda a asignatura: prácticas e teoría.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Mesa redonda
Descrición
O profesor realizará tutorías e guiará a posta en marcha das prácticas.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega e defensa das mesmas. Asimesmo, os horarios de titorías poderán adaptarse segundo as necesidades dos ditos alumnos matriculados a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A11 B1 B5 B9 B10 B13 B14 B22 B23 Valoración dos resultados e coñecementos obtidos nas prácticas desenvolvidas. 60
Proba obxectiva B1 B17 B22 B23 Valoración das competencias asimiladas na materia. 40
 
Observacións avaliación

As prácticas consistirán en pequenos exemplos de aplicación das sesións maxistrais e, para garantir unha correcta sincronización entre os contidos expostos, terán prazos de entrega axustados. A súa valoración farase de xeito continuado, ó remate dos prazos indicados. Estas prácticas poderán substituírse por unha única aplicación móbil proposta e desenvolta polo propio estudante.

A proba obxetiva dividirase nunha parte orientada a valorar o nivel de asimilación dos resultados das prácticas e en outra a valorar o nivel de coñecementos xerais adquiridos na materia.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega das mesmas.


Fontes de información
Bibliografía básica N. D. Lane (2010). A Survey of Mobile Phone Sensing. IEEE Communications Magazine
Google (2013). Android developers website. http://developer.android.com
Keith Andrews (2012). Human-Computer Interaction. Graz University of Technology
Zheng-Hua Tan (2004). Instrumentation and data acquisition. Aalborg University, Denmark
Theresa Neil (2012). Mobile Design Pattern Gallery. O'Reilly

http://developer.android.com/training/index.html

Bibliografía complementaria Jakob Strom (2012). HMI Toolsuite for Android. Chalmers University of Technology, Gothenburg
Sajal K. Das (2010). Mobile Handset Design . Wiley
Ricardo Galli Granada (2015). Principios y algoritmos de concurrencia. Autoeditado
Lauren Darcey (2011). Sams Teach Yourself Android Application Development in 24 Hours. Sams
Pei Zheng (2005). Smart Phone and Next Generation Mobile Computing. Morgan Kaufmann

El libro "Principios y algoritmos de concurrencia" está disponible en Google Books.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías