Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Fundamentos de Sistemas de Información Código 614520002
Titulación
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Parama Gabia, Jose Ramon
Correo electrónico
jose.parama@udc.es
Profesorado
Cortiñas Álvarez, Alejandro
Parama Gabia, Jose Ramon
Correo electrónico
alejandro.cortinas@udc.es
jose.parama@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura plantexa os principios básicos dos sistemas de información desde o punto de vista da programación e o modelado de datos.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación e desenvolvemento.
B2 Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B5 Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 Adquirir coñecemento en tecnoloxías da información.
C1 Poder integrar as informacións e datos achegados por diversos técnicos e ferramentas na redacción de conclusións de acción.
C3 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
C5 Desenvolver capacidade de traballo en equipo e compromiso ético coa sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos da programación de computadores BP1
BP2
BP3
BP5
BP6
CP1
CP3
CP5
Saber deseñar, construír e consultar bases de datos BP1
BP2
BP3
BP5
BP6
CP1
CP3
CP5
Coñecer os fundamentos da arquitectura dos sistemas de información BP1
BP2
BP3
BP5
BP6
CP1
CP3
CP5

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos de programación Programación en Python: estrutura e execución dun programa.
Comentarios.
Variables, tipos de datos.
Expresións e operadores.
Sentencias e estruturas de control
Funcións.
Listas, tuplas, diccionarios.
Biblioteca: Módulos e clases.
Deseño de bases de datos Definición de relación.
Restriccións de integridade das relacións
Problemas de deseño (Anomalías)
Deseño conceptual
Construción de bases de datos Paso de ER a modelo Relacional
Linguaxe SQL
Arquitectura de sistemas de información Evolución da arquitectura de sistemas de información
- Aplicación de escritorio monolítica.
- Arquitectura cliente/servidor (básica/capas).
- A web.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B2 B5 B6 20 0 20
Prácticas de laboratorio B2 B3 B5 B6 C1 C3 C5 20 0 20
Estudo de casos B1 C5 10 10 20
Traballos tutelados B2 B3 B5 B6 C1 C3 C5 8 80 88
Proba mixta B1 B2 B5 B6 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula, nas que se exporán os contidos fundamentais da materia no relativo á programación, fundamentos e deseño de bases de datos, e arquitecturas de sistemas de información.
Prácticas de laboratorio Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas desde un punto de vista práctico. Indicaranse os aspectos básicos da programación en Python con exercicios que os/as estudantes poderán completar. Por outra banda, na parte relacionada coas bases de datos realizaranse casos prácticos de deseño conceptual, e revisaranse aspectos básicos de SQL relativos á definición e manexo de datos.
Estudo de casos O estudo de casos contempla a presentación dun problema concreto (caso) e deixarase tempo para que os/as estudantes poidan analizalo, reflexionen sobre os diferentes aspectos necesarios para tratar de resolvelo, e presenten unha solución. Finalmente plantexarase unha solución e abordaranse as diferentes solucións dos/os estudantes e os erros típicos que puidesen ter xurdido.
Traballos tutelados Realización de traballos e problemas que serán realizados de forma autónoma polos/as estudantes e que serán tutelados e finalmente avaliados por parte do profesor
Proba mixta Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A realización dos traballos tutelados propostos implica a necesidade de que os/as estudantes analicen, entendan, e solucionen un problema. Para iso contarán co apoio do profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B1 C5 Entrega de Exercicios/programas durante as prácticas realizadas no laboratorio
20
Traballos tutelados B2 B3 B5 B6 C1 C3 C5 Entrega dunha práctica completa que incluirá, dado un problema concreto, a programación en python do/s programa/s necesario/s para dar unha solución ao problema plantexado. 40
Proba mixta B1 B2 B5 B6 Exame final no que se avaliarán conceptos teóricos e prácticos presentados ao longo do curso 40
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.
De
non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a
nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán
presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que
non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada
unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba
    escrita teórica e práctica (50% da nota final): para recuperar
    a nota dos estudos de casos e as sesións maxistrais.
  • Se un/unha
    estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes,
    conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as
    estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira
    oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda
    oportunidade para aprobar a materia.
  • Para aprobar a materia é
    obligatorio obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado, e
    de 2,5 sobre 5 na proba mixta.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das dúas partes.


DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade,
demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e
práctico que valerá o 60% da nota e entregar os traballos tutelados (40%).
Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto
do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica Zed A. Shaw (2014). Aprenda a programar con Python. Anaya
A. Beaulieu (2010). Aprende SQL: Una introducción a los fundamentos de SQL. Anaya - O'really
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2014). Fundamentos de Bases de Datos.. Madrid: McGraw Hill
A. Martelli (2008). Python: Guía de Referencia. Anaya

Bibliografía complementaria Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos . Madrid: Addison-Wesley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xeoprocesos/614520004
Visualización de Información Espacial/614520005
Representación de Información Espacial/614520003

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías