Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Desenvolvemento de Aplicacións SIX en Web Código 614520009
Titulación
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Cerdeira Pena, Ana Belen
Correo electrónico
ana.cerdeira@udc.es
Profesorado
Cerdeira Pena, Ana Belen
Correo electrónico
ana.cerdeira@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia adquírense coñecementos básicos de tecnoloxías Web e as súas capacidades para a consulta, visualización e procesamento de información xeográfica mediante o deseño e o desenvolvemento de aplicacións SIX sinxelas para Web.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer os conceptos básicos de procesamento espacial, funcións vectoriais, funcións ráster, análise de terreo, interpolación, predición espacial, funcións sobre redes, xeoprocesos en bases de datos e xeoprocesos en diferente software comercial.
A3 Coñecer os diferentes modelos de datos 2D e 3D, modelos temporais, xeovisualización de datos, operacións 3D, visualización de ferramentas de escritorio, creación de cartografía, visualización web.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación e desenvolvemento.
B4 Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 Adquirir coñecemento en xeomática e enxeñaría cartográfica.
B8 Adquirir a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito xeoespacial e determinar a mellor solución tecnolóxica ás mesmas.
C2 Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
C3 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
C4 Adquirir a capacidade de xestionar, manipular e consultar grandes cantidades de datos de forma que se posibilite a extracción de información útil en multitude de sectores.
C5 Desenvolver capacidade de traballo en equipo e compromiso ético coa sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os medios e tecnoloxías actuais de visualización, consulta e análise de información espacial en Web AP2
AP3
BP1
BP4
BP5
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
CP5
Saber crear interfaces de usuario Web para a publicación de información xeográfica AP2
AP3
BP1
BP4
BP5
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
CP5
Saber programar aplicacións Web sinxelas que consulten, visualicen e procesen información espacial AP2
AP3
BP1
BP4
BP5
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
CP5

Contidos
Temas Subtemas
Conceptos básicos de Sistemas de Información Xeográfica Representación de información espacial (modelos conceptual, lóxico e físico)

Interoperabilidade de infraestructuras de datos espaciais (servidores de datos espaciais e servicios de publicación de información xeográfica)
Introdución á programación Web Creación de interfaces de usuario Web básicas (HTML, CSS)

Creación de páxinas Web dinámicas (JavaScript)
Web Mapping Creación de visores Web (Leaflet, Google Maps)

Análisis espacial na Web (Turf)

Publicación de mapas na nube (CartoDB)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 20 0 20
Estudo de casos A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 10 10 20
Prácticas a través de TIC A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 25 15 40
Proba práctica A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 0 70 70
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos da materia complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Estudo de casos Presentación de casos de exemplo que serán resoltos utilizando os contidos expostos na materia.
Prácticas a través de TIC Realización de actividades prácticas de carácter individual para o desenvolvemento e aplicación dos coñecementos adquiridos en clase durante as sesións maxistrais.
Proba práctica Realización de traballos prácticos periódicos de maior entidade, baixo supervisión dos docentes da materia, que promovan a aprendizaxe autónoma e a actitude reflexiva dos estudantes en relación ós contidos impartidos en cada bloque temático.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Proba práctica
Descrición
Se estima que entre o alumnado haberá diferencias notables tanto en canto á sua familiariación con conceptos e termos informáticos, como en canta ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. Por iso, prevese desenvolver unha atención personalizada para as actividades e probas prácticas que se desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 Avaliarase a aplicación dos coñecementos adquiridos, e a calidade e adecuación ás pautas marcadas das solucións presentadas. 40
Proba práctica A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 Avaliarase a autoaprendizaxe do estudante e a calidade e adecuación ás pautas marcadas dos traballos realizados. 60
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a asignatura é obligatorio acadar a nota mínima especificada en cada unha das actividades e probas prácticas. De non ser así, a nota máxima global non será superior a 4,9 (sobre 10).

Será precisa unha nota mínima global de 5 (sobre 10) para superar a materia.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice ningunha das actividades e probas prácticas propostas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes (actividades e probas prácticas) se fará tendo en conta as mesmas condicións de realización, presentación e avaliación que na primeira oportunidade. Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.

Será precisa unha nota mínima global de 5 (sobre 10) para superar a materia.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Os criterios de avaliación para aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases serán os da segunda oportunidade en todos os casos.


Fontes de información
Bibliografía básica CartoDB (2016). CartoDB website. https://cartodb.com
Brian Youngblood, Stefano Iacovella (2013). Geoserver Beginner's Guide. Packt Publishing
Google (2016). Google Maps JavaScript API. https://developers.google.com/maps/documentation/javascript/tutorial
Alper Dincer, Balkan Uraz (2013). Google Maps JavaScript API Cookbook. Packt Publishing
Jon Duckett (2011). HTML and CSS: Design and build Websites. John Wiley & Sons
Matthew MacDonald (2014). HTML5: The missing manual. O'Reilly Media
Astor de Caso Parra (2015). JavaScript. Anaya Multimedia
Vladimir Agafonkin (2015). Leaflet website. http://leafletjs.com
Paul Crickard III (2014). Leaflet.js Essentials. Packt Publishing
Morgan Herlocker (2016). Turf website. http://turfjs.org
Tyler Mitchell (2005). Web Mapping Illustrated. O'Reilly Media

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeoprocesos/614520004
Fundamentos de Sistemas de Información/614520002
Representación de Información Espacial/614520003
Proxectos SIX/614520006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías