Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Desenvolvemento de Aplicacións SIX Móbiles Código 614520010
Titulación
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Ladra González, Susana
Correo electrónico
susana.ladra@udc.es
Profesorado
Ladra González, Susana
Correo electrónico
susana.ladra@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia adquírense coñecementos básicos de tecnoloxías móbiles e a súas capacidades para a visualización, consulta e procesamento de información, mediante o deseño e o desenvolvemento de aplicacións SIX sinxelas para dispositivos móbiles

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer os conceptos básicos de procesamento espacial, funcións vectoriais, funcións ráster, análise de terreo, interpolación, predición espacial, funcións sobre redes, xeoprocesos en bases de datos e xeoprocesos en diferente software comercial.
A3 Coñecer os diferentes modelos de datos 2D e 3D, modelos temporais, xeovisualización de datos, operacións 3D, visualización de ferramentas de escritorio, creación de cartografía, visualización web.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación e desenvolvemento.
B4 Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B7 Adquirir coñecemento en xeomática e enxeñaría cartográfica.
B8 Adquirir a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito xeoespacial e determinar a mellor solución tecnolóxica ás mesmas.
C2 Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
C3 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
C4 Adquirir a capacidade de xestionar, manipular e consultar grandes cantidades de datos de forma que se posibilite a extracción de información útil en multitude de sectores.
C5 Desenvolver capacidade de traballo en equipo e compromiso ético coa sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as capacidades actuais de visualización, consulta e procesamento de información espacial en dispositivos móbiles AP2
AP3
BP1
BP4
BP5
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
CP5
Saber construír aplicacións sinxelas que usen a información de posicionamento e a visualización de información espacial AP2
AP3
BP1
BP4
BP5
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
CP5

Contidos
Temas Subtemas
Conceptos básicos de aplicacións móbiles - Introdución ás arquitecturas e plataformas móbiles

- Aplicacións nativas, baseadas en web e híbridas

- Arquitectura e deseño de aplicacións móbiles
Desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas con Apache Cordova (PhoneGap) - Introdución a Apache Cordova - PhoneGap

- Entorno e ferramentas de desenvolvemento

- Core Plugins

- Persistencia

- Frameworks para interfaz de usuario
Tecnoloxía de posicionamento en dispositivos móbiles - Métodos de posicionamento

- API de xeolocalización

- Implicacións de privacidade

Tecnoloxía de visualización de mapas en dispositivos móbiles - Servizos de mapas

- Comunicación con servizos de publicación SIX

- Librerías de visualización Javascript

- Visualización nativa en Cordova
Introdución á programación de aplicacións móbiles con Android - Entorno e ferramentas de desenvolvemento

- Compoñentes e interfaces de usuario

- Programación en segundo plano

- Persistencia de datos

- Uso da ubicación en aplicacións móbiles Android

- Visualización de mapas en aplicacións nativas Android: Google Maps Android API

- Distribución de apps

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A2 A3 B7 B8 C2 C4 20 0 20
Estudo de casos A2 A3 B8 C2 C4 10 10 20
Traballos tutelados A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 6 77 83
Proba práctica A2 A3 B7 B8 C2 C4 3 0 3
Proba oral A2 A3 B1 B4 B5 C3 1 0 1
Sesión maxistral A2 A3 B1 B7 B8 C4 20 0 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Realización de prácticas individuais para desenvolver os conceptos adquiridos nas clases maxistrais.
Estudo de casos Presentación aos alumnos de casos reais que deben ser resoltos utilizando os coñecementos impartidos na materia.
Traballos tutelados Realización de diferentes traballos individuais baixo a supervisión do equipo docente da materia.
Proba práctica Realización dunha proba para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á asignatura durante as sesións maxistrais e as prácticas na aula.
Proba oral Realización dunha presentación oral para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á asignatura durante os traballos tutelados.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
Entre o alumnado haberá diferenzas notables en canto ao seu coñecemento sobre desenvolvemento de aplicacións móbiles. Por iso, prevese unha atención personalizada para as prácticas na aula e para o traballo, que se desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 Avaliaranse a adecuación ás pautas marcadas, a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, e a entrega dos traballos no prazo establecido. Os traballos pódense repetir na segunda oportunidade. 60
Proba práctica A2 A3 B7 B8 C2 C4 Constará dunha proba na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante as clases maxistrais e as prácticas. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
Proba oral A2 A3 B1 B4 B5 C3 Constará dunha defensa oral na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante os traballos tutelados. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Para aprobar a materia é obrigatorio unha nota mínima:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 2) na proba práctica.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 2) na proba oral.

De non obter a nota mínima nalgunha das dúas probas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba práctica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (60% da nota final), proba práctica (20%) e proba oral (20%): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • En caso de non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservarase a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia é obrigatorio obter unha nota mínima de 1 sobre 2 na proba práctica, e de 1 sobre 2 na proba oral.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá de dúas probas:
  • Proba práctica (50%), recollendo coñecementos e competencias adquiridos durante as sesións maxistrais, prácticas e traballo tutelado.
  • Proba oral (50%), onde o estudante deberá realizar unha exposición oral onde mostre unha aplicación móbil creada por el mesmo, na que se contemplen todos os coñecementos e competencias adquiridos na materia.


DISPENSA ACADÉMICA:

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes durante as dúas primeiras semanas de clase para establecer as condicións de entrega dos traballos tutelados.


Fontes de información
Bibliografía básica Google (2016). Android developers website. http://developer.android.com/
Erik Hellman (2014). Android programming: pushing the limits . New Jersey: John Wiley & Sons
John M. Wargo (2015). Apache Cordova 4 Programming. Addison-Wesley Professional
Apache Cordova (2016). Apache Cordova Documentation. https://cordova.apache.org/docs/en/latest/
Raymond K. Camden (2015). Apache Cordova in Action. Manning Publications
Andrey Kovalenko (2015). PhoneGap By Example. Packt Publishing
PhoneGap (2016). PhoneGap Documentation. http://docs.phonegap.com/
Ivan Turkovic (2015). PhoneGap Essentials. Packt Publishing

Bibliografía complementaria Iacovella, Stefano (2013). Geoserver beginner's guide. Birmingham : Packt Publishing
Ferraro, Richard F. (2011). Location-aware applications . Shelter Island: Manning
Theresa Neil (2012). Mobile design pattern gallery. Sebastopol, CA : O'Reilly
Hazzard, Erik. (2011). OpenLayers 2.10. Birmingham, UK [etc] : Packt


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeoprocesos/614520004
Visualización de Información Espacial/614520005
Fundamentos de Sistemas de Información/614520002
Representación de Información Espacial/614520003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É recomendable ter cursado previamente a materia "Desenvolvemento de aplicacións SIX en Web" ou ter coñecementos básicos de HTML, CSS e Javascript.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías