Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Desenvolvemento de Aplicacións SIX Móbiles Código 614520107
Titulación
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Ladra González, Susana
Correo electrónico
susana.ladra@udc.es
Profesorado
Ladra González, Susana
Correo electrónico
susana.ladra@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia adquírense coñecementos básicos de tecnoloxías móbiles e a súas capacidades para a visualización, consulta e procesamento de información, mediante o deseño e o desenvolvemento de aplicacións SIX sinxelas para dispositivos móbiles

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Adquirir coñecementos básicos de programación e manexar variables e sentenzas de control, así como obter a capacidade de desenvolver algoritmos
A3 CE3 - Aprender a deseñar bases de datos e a realizar un modelado conceptual da información
A4 CE4 - Adquirir coñecementos básicos en arquiteturas cliente-servidor e arquiteturas de aplicacións web
A6 CE6 - Coñecer os conceptos básicos de procesamiento espacial, funcións vectoriais, funcións ráster, análise de terreo, interpolación, predición espacial, funcións sobre redes, xeoprocesos en bases de datos e xeoprocesos en diferentes software comerciais
B1 CB1 - Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miudo nun contexto de investigación
B4 CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB5 - Posuir as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo
B7 CG2 - Adquirir coñecemento en xeomática e enxeñería cartográfica
B8 CG3 - Adquirir a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito xeoespacial e determinar a mellor solución tecnolóxica ás mesmas
C2 CT2 - Ser capaces de predecir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
C3 CT3 - Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así coma os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan
C4 CT4 - Concebir a Xeoinformática como unha ferramienta de traballo transversal de aplicabilidade a multitud de sectores
C5 CT5 - Adquirir a capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C6 CT6 - Ter a capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega
C7 CT7 - Desenvolver sensibilidade á sustentabilidade e compromiso ambiental, así coma o uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as capacidades actuais de visualización, consulta e procesamento de información espacial en dispositivos móbiles AP2
AP3
AP4
AP6
BP1
BP7
BP8
CP4
CP5
CP7
Saber construír aplicacións sinxelas que usen a información de posicionamento e a visualización de información espacial AP2
AP3
AP4
AP6
BP4
BP5
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7

Contidos
Temas Subtemas
Conceptos básicos de aplicacións móbiles - Introdución ás arquitecturas e plataformas móbiles

- Aplicacións nativas, baseadas en web e híbridas

- Arquitectura e deseño de aplicacións móbiles
Desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas con Apache Cordova (PhoneGap) - Introdución a Apache Cordova - PhoneGap

- Entorno e ferramentas de desenvolvemento

- Core Plugins

- Persistencia

- Frameworks para interfaz de usuario
Tecnoloxía de posicionamento en dispositivos móbiles - Métodos de posicionamento

- API de xeolocalización

- Implicacións de privacidade
Tecnoloxía de visualización de mapas en dispositivos móbiles - Servizos de mapas

- Comunicación con servizos de publicación SIX

- Librerías de visualización Javascript

- Visualización nativa en Cordova
Introdución á programación de aplicacións móbiles con Android - Entorno e ferramentas de desenvolvemento

- Compoñentes e interfaces de usuario

- Programación en segundo plano

- Persistencia de datos

- Uso da ubicación en aplicacións móbiles Android

- Visualización de mapas en aplicacións nativas Android: Google Maps Android API

- Distribución de apps

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A3 A6 B1 B7 C5 C7 0 10 10
Prácticas a través de TIC A2 A3 A4 B8 B7 C2 C4 C5 0 48 48
Traballos tutelados A2 A3 A4 B1 B5 B7 B8 C2 C4 C5 C7 0 80 80
Proba práctica A2 A3 A4 B5 B7 B8 C2 0 2 2
Proba oral A2 A3 A4 A6 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C6 0 10 10
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia. Realizarase mediante os vídeos existentes do curso anterior
Prácticas a través de TIC Realización de prácticas individuais para desenvolver os conceptos adquiridos nas clases maxistrais.
Traballos tutelados Realización de diferentes traballos individuais baixo a supervisión do equipo docente da materia.
Proba práctica Realización dunha proba para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á asignatura durante as sesións maxistrais e as prácticas na aula.
Proba oral Realización dunha presentación oral para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á asignatura durante os traballos tutelados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Proba práctica
Traballos tutelados
Descrición
Entre o alumnado haberá diferenzas notables en canto ao seu coñecemento sobre desenvolvemento de aplicacións móbiles. Por iso, prevese unha atención personalizada para as prácticas e para o traballo, que se desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A2 A3 A4 B5 B7 B8 C2 Constará dunha proba na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante as clases maxistrais e as prácticas. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
Proba oral A2 A3 A4 A6 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C6 Constará dunha defensa oral na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante os traballos tutelados. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
Traballos tutelados A2 A3 A4 B1 B5 B7 B8 C2 C4 C5 C7 Avaliaranse a adecuación ás pautas marcadas, a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, e a entrega dos traballos no prazo establecido. Os traballos pódense repetir na segunda oportunidade. 60
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Para aprobar a materia é obrigatorio unha nota mínima:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 2) na proba práctica.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 2) na proba oral.

De non obter a nota mínima nalgunha das dúas probas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba práctica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Poderán
presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles estudantes que
non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada
unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados
    (60% da nota final), proba práctica (20%) e proba oral (20%):
    realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira
    oportunidade.
  • En caso de non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservarase a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia é obrigatorio obter unha nota mínima de 1 sobre 2 na proba práctica, e de 1 sobre 2 na proba oral.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá de dúas probas:
  • Proba
    práctica (50%), recollendo coñecementos e competencias adquiridos
    durante as sesións maxistrais, prácticas e traballo tutelado.
  • Proba
    oral (50%), onde o estudante deberá realizar unha exposición oral onde
    mostre unha aplicación móbil creada por el mesmo, na que se contemplen
    todos os coñecementos e competencias adquiridos na materia.


DISPENSA ACADÉMICA:

Aqueles
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes durante as
dúas primeiras semanas de clase para establecer as condicións de entrega
dos traballos tutelados.


Fontes de información
Bibliografía básica John M. Wargo (2015). Apache Cordova 4 Programming. Addison-Wesley Professional
Apache Cordova (2016). Apache Cordova Documentation. https://cordova.apache.org/docs/en/latest/
Raymond K. Camden (2015). Apache Cordova in Action. Manning Publications
Andrey Kovalenko (2015). PhoneGap By Example. Packt Publishing
PhoneGap (2016). PhoneGap Documentation. http://docs.phonegap.com/

Bibliografía complementaria Google (2018). Android developers website. http://developer.android.com/
Erik Hellman (2014). Android programming: pushing the limits. New Jersey: John Wiley & Sons
Ivan Turkovic (2015). PhoneGap Essentials. Packt Publishing


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Representación da Información Espacial/614520102
Visualización da Información Espacial/614520103
Proxectos SIX/614520105
Desenvolvemento de Aplicacións SIX en Web/614520106

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É recomendable ter coñecementos básicos de HTML, CSS e Javascript.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías