Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Introdución á programación Código 614522001
Titulación
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Cabrero Canosa, Mariano Javier
Correo electrónico
mariano.cabrero@udc.es
Profesorado
Cabrero Canosa, Mariano Javier
Correo electrónico
mariano.cabrero@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Nesta materia preténdese que os estudantes sen formación en programación adquiran as nocións básicas para a realización de programas. Usarase a linguaxe de programación Python e sobre el estudaranse os diferentes tipos de datos que podemos usar e as estruturas de control básicas que se utilizan para realizar un programa software.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE3 - Analizar , deseñar , desenvolver, implementar , verificar e documentar solucións software eficientes sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais no eido da Bioinformática
B1 CB6 – Posuír e comprender o coñecemento que fornecen unha base ou oportunidade de orixinalidade no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B5 CB10 – Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá de ser en gran parte auto-orientado ou autónomo.
B8 CG3 - Ser capaz de traballar en equipa, en especial de carácter interdisciplinar
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver os problemas cos que deben enfrontarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Interiorizar as boas prácticas de programación. AP3
BP5
BP8
Usar as estructuras de datos adecuadas e programar os algoritmos de manipulación para solucionar problemas reais. AP3
BP1
BP8
Capacidade para realizar programas sinxelos no computador empregando unha linguaxe de alto nivel. AP3
BP1
BP5
BP8
CP3
CP6
Ser capaz de deseñar, avaliar, comparar e analizar solucións algorítmicas básicas a problemas usuais en Bioinformática. AP3
BP1
CP6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción a. Algoritmos. Representación. Accións primitivas/no primitivas
b. Programas. Proceso de construcción
c. Linguaxes de programación: máquina, baixo nivel, alto nivel
d. Compiladores. Intérpretes
e. Entornos de desenvolvemento e ferramentas: Python
2. Conceptos básicos a. Estructura de un programa
b. Constantes, Variables.
c. Tipos de datos: entero, real, lógico, carácter, …
d. Estructuras simples: listas (arrays), cadenas, …
e. Operadores y expresiones (aritméticas, lógicas)
f. Declaración de variables e constantes
g. Entrada y salida estándar
3. Sentencias de control
a. Secuencial
b. Alternativa
c. Repetitiva: while, for
4. Funcións a. Definición, declaración e chamada de función
b. O ámbito das variables
c. Paso de argumentos
d. Recursividad
e. Módulos
5. Ficheiros a. Apertura e peche
b. Lectura e escritura de datos
c. Acceso directo aos datos
6. Introducción a estructuras abstractas a. Listas
b. Pilas
c. Colas
d. Árbores
6. Introducción á orientación a obxetos a. Clases
b. Obxetos
c. Propiedades
d. Métodos
e. Concepto de herencia
7. Excepcións a. Tipos
b. Captura
c. Lanzamento
d. Creación
8. Librerías científicas en Python a. SciPy
b. NumPy
c. Matplotlib
d. BioPython

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A3 B8 C3 C6 14 42 56
Solución de problemas A3 B8 5 15 20
Proba mixta A3 2 6 8
Sesión maxistral A3 B5 B1 21 42 63
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de prácticas no laboratorio. Esta actividade supoñerá o estudo de casos prácticos e exemplos ademais da realización de distintos exercicios de programación de entrega obrigatoria. A proposta de actividades estará dispoñible ao alumno con suficiente antelación. O labor do profesor será a supervisión das sesións, solucionando dúbidas e corrixindo erros de interpretación, malos hábitos de programación, erros de sintaxes, etc.
Solución de problemas Co fin de afianzar os conceptos teóricos presentaranse supostos prácticos, que nun principio serán resoltos polo profesor para que orienten os alumnos. A medida que se avance no desenvolvemento teórico formularase a resolución de problemas por parte dos alumnos, constituídos en grupos de traballo. Dita actividade, así como a discusión e participación activa en clase, valoraranse na nota final.

Poderanse formular exercicios adicionais que o alumno deberá resolver e comentar/corrixir co profesor durante as horas de titorías, colectivas e/ou individuais.
Proba mixta Avaliación sumativa do alumno mediante un exame escrito cunha parte teórica con distintos tipos de preguntas e unha parte práctica para resolver pequenos problemas de programación. A proba tratará de medir se o alumno adquiriu os conceptos fundamentais de programación e adestrouse o suficiente como para posuír as habilidades precisas para resolver supostos prácticos.
Sesión maxistral Actividade presencial para expoñer conceptos fundamentais da materia. Consistirá na exposición oral do profesor apoiada con medios multimedia. Durante a presentación tratarase de interactuar co alumno formulando preguntas dirixidas co fin de afianzar conceptos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
É fundamental a atención ao alumno para resolvar cantas dúbidas de concepto ou de procedemento poidan xurdir durante a resolución dos supostos prácticos. Prestarase especial atención a aqueles alumnos que presenten maiores dificultades na súa aprendizaxe co fin de que o seu progreso non se vexa retardado respecto ao xeneral do resto de estudantes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B8 Valorarase a participación do alumno durante estas clases así como a realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que se resolverán nas titorías de grupos reducidos. 5
Prácticas de laboratorio A3 B8 C3 C6 Realización obrigatoria segun as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Necesario aprobar as prácticas para superar a materia. 60
Proba mixta A3 Realización obrigatoria. Necesario aprobar o exame para superar a materia 35
 
Observacións avaliación

Traballos prácticos

- Soamente os alumnos con cualificación de NON APTO ou NON PRESENTADO en prácticas na primeira oportunidade poderán entregar os traballos de acordo ao enunciado práctico que se propoña para a segunda oportunidade.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado como ao que o facilitara, e por tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

Primeira e segunda oportunidade

- As cualificacións obtidas en actividades como prácticas de laboratorio e solución de problemas serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen. Manteranse para aqueles alumnos suspensos ou non presentados na primeira oportunidade. Só aqueles con prácticas SUSPENSAS terán a opción de realizar de novo as prácticas.

Matrícula a tempo parcial

- Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

Non presentado

- Terá a condición de ?Non presentado? (NP) quen non concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación.

Oportunidade adiantada de Decembro

- A avaliación da oportunidade adiantada basearase exclusivamente nunha proba escrita.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobadas polo Consello de Goberno da Universidade dá Coruña o 19 de diciembro de 2013.


Fontes de información
Bibliografía básica Luis Joyanes Aguilar (2008). Fundamentos de programación : algoritmos, estructuras de datos y objetos. McGraw Hill
Mark Lutz (2013). Learning Python, Fifth Edition. O’Reilly Media, Inc
Raúl González Duque (). Python PARA TODOS. http://edge.launchpad.net/improve-python-spanish-doc/0.4/0.4.0/+download/Python%20para%20todos.pdf
Vernon L Ceder (2010). The quick Python book. Greenwich : Manning
Jesús J. García Molina, Francisco J. Montoya Dato, José L. Fernández Alemán, Mª José Majado Rosales (2005). Una introducción a la programación : un enfoque algorítmico. Thomson

Bibliografía complementaria Mitchell L Model (2009). Bioinformatics Programming Using Python. O'Reilly Media
Bill Lubanovic (2014). Introducing Python: Modern Computing in Simple Packages. O'Reilly Media


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Introdución ás bases de datos/614522002
Estruturas de datos e algoritmia para secuencias biolóxicas/614522013

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías