Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Introdución á programación Código 614522001
Titulación
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Cabrero Canosa, Mariano Javier
Correo electrónico
mariano.cabrero@udc.es
Profesorado
Cabrero Canosa, Mariano Javier
Correo electrónico
mariano.cabrero@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Nesta materia preténdese que os estudantes sen formación en programación adquiran as nocións básicas para a realización de programas. Usarase a linguaxe de programación Python e sobre el estudaranse os diferentes tipos de datos que podemos usar e as estruturas de control básicas que se utilizan para realizar un programa software.


Competencias
COMPETENCIAS DO TíTULO
TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP3 CE3 - Analizar , deseñar , desenvolver, implementar , verificar e documentar solucións software eficientes sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais no eido da Bioinformática
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 CB6 – Posuír e comprender o coñecemento que fornecen unha base ou oportunidade de orixinalidade no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BP5 CB10 – Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá de ser en gran parte auto-orientado ou autónomo.
  BP8 CG3 - Ser capaz de traballar en equipa, en especial de carácter interdisciplinar
TipoC Código  
  Profesionalizador
  CP3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
  CP6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver os problemas cos que deben enfrontarse

Obxectivos de aprendizaxe

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción a. Algoritmos. Representación. Accións primitivas/no primitivas
b. Programas. Proceso de construcción
c. Linguaxes de programación: máquina, baixo nivel, alto nivel
d. Compiladores. Intérpretes
e. Entornos de desenvolvemento e ferramentas: Python
2. Conceptos básicos a. Estructura de un programa
b. Constantes, Variables.
c. Tipos de datos: entero, real, lógico, carácter, …
d. Estructuras simples: listas (arrays), cadenas, …
e. Operadores y expresiones (aritméticas, lógicas)
f. Declaración de variables e constantes
g. Entrada y salida estándar
3. Sentencias de control
a. Secuencial
b. Alternativa
c. Repetitiva: while, for
4. Funcións a. Definición, declaración e chamada de función
b. O ámbito das variables
c. Paso de argumentos
d. Recursividad
e. Módulos
5. Ficheiros a. Apertura e peche
b. Lectura e escritura de datos
c. Acceso directo aos datos
6. Introducción a estructuras abstractas a. Listas
b. Pilas
c. Colas
d. Árbores
6. Introducción á orientación a obxetos a. Clases
b. Obxetos
c. Propiedades
d. Métodos
e. Concepto de herencia
7. Excepcións a. Tipos
b. Captura
c. Lanzamento
d. Creación
8. Librerías científicas en Python a. SciPy
b. NumPy
c. Matplotlib
d. BioPython

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A3 B8 C3 C6 19 57 76
Proba mixta A3 2 6 8
Estudo de casos A3 B1 B5 0 19 19
Sesión maxistral A3 B1 B5 11 33 44
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Esta actividade suporá o estudo de casos prácticos e exemplos ademáis da realización de distintos exercicios de programación. Co fin de afianzar os conceptos teóricos presentaranse supostos prácticos, que nun principio serán resoltos polo profesor para que orienten os alumnos. A medida que se avance no desenvolvemento teórico formularase a resolución de problemas por parte dos alumnos. A proposta de actividades estará dispoñible ao alumno con suficiente antelación. O labor do profesor será a supervisión solucionando dúbidas e corrixindo erros de interpretación, malos hábitos de programación, erros de sintaxe, etc.
Proba mixta Avaliación sumativa do alumno mediante un exame escrito cunha parte teórica con preguntas tipo test e unha parte práctica para resolver pequenos problemas de programación. A proba tratará de medir se o alumno adquiriu os conceptos fundamentais de programación e adestrouse o suficiente como para posuír as habilidades precisas para resolver supostos prácticos.
O alumno poderá facer uso do ordenador para, ademais de contestar ás preguntas, consultar dúbidas acerca da sintaxe concreta de algún comando.
Estudo de casos Actividade non presencial para afondar nos conceptos fundamentais da materia. Consistirá no estudo persoal do alumno, a través do material suxerido e proporcionado polo profesor. A proporción de uso desta metodoloxía será maior fronte a sesión maxistral cando o número de estudantes sexa baixo e será acordado con estes.
Sesión maxistral Actividade presencial para expoñer conceptos fundamentais da materia. Consistirá na exposición oral do profesor apoiada con medios multimedia. Durante a presentación tratarase de interactuar co alumno formulando preguntas dirixidas co fin de afianzar conceptos e facilitar a aprendizaxe. A proporción de uso desta metodoloxía será maior fronte a estudo de casos cando o número de estudantes sexa alto e será acordado con estes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
É fundamental a atención ao alumno para resolver cantas dúbidas de concepto ou de procedemento poidan xurdir durante a resolución dos supostos prácticos. Prestarase especial atención a aqueles alumnos que presenten maiores dificultades na súa aprendizaxe co fin de que o seu progreso non se vexa retardado respecto ao xeral do resto de estudantes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B8 C3 C6 Valorarase a participación do alumno así como a realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que poderán resolverse na clase ou na titoría. Non é necesario entregar todos os traballos para aprobar, aínda que sí para conseguir a máxima nota. 65
Proba mixta A3 Realización obrigatoria. Necesario aprobar o exame para superar a materia. O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte práctica (60%). 35
 
Observacións avaliación

Traballos prácticos

- Soamente os alumnos con cualificación de NON APTO ou NON PRESENTADO en prácticas na primeira oportunidade poderán entregar os traballos propostos para a segunda oportunidade.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado como ao que o facilitara, e por tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

Primeira e segunda oportunidade

- As cualificacións obtidas en actividades de solución de problemas serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen. Manteranse para aqueles alumnos suspensos ou non presentados na primeira oportunidade. Só aqueles con traballos prácticos NON ENTREGADOS terán a opción de presentalos para a segunda oportunidade.

Matrícula a tempo parcial

- Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

Non presentado

- Terá a condición de Non presentado (NP) quen non presente ningún traballo práctico nin concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación.

Cualificación exame

Os alumnos farán unha
proba escrita ao finalizar o cuadrimestre de acordo ao calendario oficial.
O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte
práctica (60%) de realización de pequenos programas. Nesta segunda parte o
alumno poderá consultar o manual de Python.

Oportunidade adiantada de Decembro

- Para a avaliación da oportunidade adiantada aplicaranse os mesmos criterios.

Alumnos de segunda matrícula e posteriores

- A avaliación basearase no recollido nesta guía. Dada a posibilidade de non asistir presencialemente por incompatibilidade cos horarios de segundo curso, realizarán a maiores unha serie de traballos prácticos ademáis dos propostos para os alumnos de primeira matrícula. Neste caso exisirase asistencia a titorías, bien presencialmente ou virtualmente.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobadas polo Consello de Goberno da Universidade dá Coruña o 19 de diciembro de 2013.


Fontes de información
Bibliografía básica Jesús J. García Molina, Francisco J. Montoya Dato, José L. Fernández Alemán, Mª José Majado Rosales (2005). Una introducción a la programación : un enfoque algorítmico. Thomson
Luis Joyanes Aguilar (2008). Fundamentos de programación : algoritmos, estructuras de datos y objetos. McGraw Hill
Raúl González Duque (). Python PARA TODOS. http://edge.launchpad.net/improve-python-spanish-doc/0.4/0.4.0/+download/Python%20para%20todos.pdf
Mark Lutz (2013). Learning Python, Fifth Edition. O’Reilly Media, Inc
Vernon L Ceder (2010). The quick Python book. Greenwich : Manning
Ljubomir Perkovic (2015). ntroduction to Computing Using Python: An Application Development Focus, 2nd Edition. Wiley

Bibliografía complementaria Bill Lubanovic (2014). Introducing Python: Modern Computing in Simple Packages. O'Reilly Media
Mitchell L Model (2009). Bioinformatics Programming Using Python. O'Reilly Media



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Introdución ás bases de datos/614522002
Estruturas de datos e algoritmia para secuencias biolóxicas/614522013

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías