Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Introdución ás bases de datos Código 614522002
Titulación
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Rodriguez Brisaboa, Nieves
Correo electrónico
nieves.brisaboa@udc.es
Profesorado
Fariña Martinez, Antonio
Rodriguez Brisaboa, Nieves
Correo electrónico
antonio.farina@udc.es
nieves.brisaboa@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución ós conceptos e principios básicos dos Sistemas de Xestión de Bases de Datos, e ó seu modelado, deseño e explotación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE3 - Analizar , deseñar , desenvolver, implementar , verificar e documentar solucións software eficientes sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais no eido da Bioinformática
A4 CE4 - Capacidade para adquirir, obter, formalizar e representar o coñecemento humano nunha forma computable para a resolución de problemas mediante un sistema informático en calquera ámbito de aplicación, particularmente os relacionados con aspectos de computación, percepción e actuación en aplicacións Bioinformáticas
B1 CB6 – Posuír e comprender o coñecemento que fornecen unha base ou oportunidade de orixinalidade no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B6 CG1 - Buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo
B7 CG2 - Manter e estender enfoques teóricos fundados para permitir a introdución i explotación de tecnoloxías novas e avanzadas
B8 CG3 - Ser capaz de traballar en equipa, en especial de carácter interdisciplinar
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 CT7 - Manter e asentar estratexias encamiñadas a actualización científica como criterio de mellora profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado coñecerá e comprenderá os conceptos e principios básicos dos Sistemas de Xestión de Bases de Datos, especialmente os dos xestores relacionais AP3
AP4
BP1
BP2
BP6
BP7
BP8
CP3
CP6
CP7
O alumnado será capaz de modelar e deseñar bases de datos co obxectivo de permitir o almacenamento da información necesaria para dominios de aplicación relacionados coa Bioinformática AP3
AP4
BP1
BP2
BP6
BP7
BP8
CP3
CP6
CP7
O alumnado será capaz de xestionar bases de datos mediante a execución de sentencias SQL. AP3
AP4
BP1
BP2
BP6
BP7
BP8
CP3
CP6
CP7

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ós Sistemas de Xestión de Bases de Datos Relacionais Definición de relación, dominios e atributos, chaves, regras de integridade, etc.
Deseño conceptual e lóxico de Bases de Datos Problemas de deseño, fases de deseño, deseño conceptual, paso do modelo conceptual ó modelo lóxico, etc.
Álxebra relacional e SQL Operadores e expresións, linguaxe SQL, etc.
Conceptos básicos de transacción, recuperación ante fallos e xestión de accesos concurrentes Transaccións, problemas de concurrencia e fallos, técnicas de recuperación ante fallos, control de concurrencia, etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A4 B1 B2 B6 B7 C3 C6 C7 14 14 28
Prácticas a través de TIC A3 A4 B1 B2 B6 B7 B8 C3 C6 C7 14 42 56
Solución de problemas A3 A4 B1 B2 B6 B7 B8 C3 C6 C7 14 49 63
Proba mixta A3 A4 B1 B2 B6 B7 C3 C6 C7 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos da materia complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas a través de TIC Realización de actividades de carácter práctico para o desenvolvemento e aplicación dos coñecementos adquiridos na teoría.
Solución de problemas Inclúe sesións onde se expón un problema, se lle dá tempo ao alumnado para trate de solucionalo e se presenta algunha solución fomentando a reflexión sobre a/as solución/s proposta/s.
Ademais fomentarase a aprendizaxe autónoma dos/as estudantes a través da realización, baixo a tutela do/a profesor, dun traballo no que o estudantado proporá un problema (de escenarios variados tanto académicos e profesionais), e lle dará solución.
Proba mixta Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver e as prácticas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
Estímase que entre o alumnado pode haber diferencias notables en canto ó seu coñecemento sobre contidos específicos da materia, polo que se desenvolverá unha atención personalizada tanto para as prácticas na aula como na resolución de problemas e nos traballos que se desenvolvan.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 A4 B1 B2 B6 B7 B8 C3 C6 C7 Realización de traballos prácticos de maior entidade, que promovan a aprendizaxe autónoma dos estudantes e supoñan a solución de problemas plantexados. 12
Proba mixta A3 A4 B1 B2 B6 B7 C3 C6 C7 Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos. 70
Prácticas a través de TIC A3 A4 B1 B2 B6 B7 B8 C3 C6 C7 Actividades curtas a desenvolver na aula durante as sesións de prácticas. 12
Sesión maxistral A3 A4 B1 B2 B6 B7 C3 C6 C7 Seguemento continuo e avaliación obxectivable da participación activa dos estudantes nas sesións maxistrais. 6
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE (Observacións)

O 70% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do curso. Será
precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a
materia.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice
a proba escrita.




SEGUNDA OPORTUNIDADE (Observacións) 

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación
de cada unha das partes farase da seguinte forma:

- Proba mixta (88% da nota final): permitirá recuperar a nota da proba escrita da primeira oportunidade e a correspondente á avaliación continua realizada durante as sesións maxistrais e ás Prácticas a través das TIC. Será preciso acadar unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) en esta parte para superar a materia.

- Solución de problemas/traballo tutelado entregable (12% da nota final): permitirá recuperar a nota desta parte.

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha
das dúas partes (proba mixta / entregable), conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte. 

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita.


DISPENSA ACADÉMICA  

Os criterios de avaliación para aqueles/as estudantes
con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia
ás clases serán os da segunda oportunidade en todos os casos.

COPIA E/OU PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, será penalizada de acordo co establecido no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2010). Database System Concepts. McGraw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2011). Database systems: models, languages, design, and application programming. Addison-Wesley
Alan Beaulieu (2009). Learning SQL (2nd Ed). O'really

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (ex. uso de linguaxe non sexista...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. En definitiva, tratarase de detectar situacións de discriminación (incluindo a discriminación por razón de xénero) e de propor accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías