Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Redes Seguras Código 614530006
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Nóvoa Manuel, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.javier.novoa@udc.es
Profesorado
Nóvoa Manuel, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.javier.novoa@udc.es
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral A materia Redes Seguras ten como obxectivo principal que os estudantes aprendan a deseñar e implementar infraestruturas de rede capaces de proporciona-los servizos de seguridade precisos nun contorno corporativo moderno. Deberán coñecer as arquitecturas de seguridad de referencia e seren quen de configuralas en mantelas, utilizando para iso tecnoloxías como IDS/IPS e Firewalls entre outros. A materia esta concebida para que as prácticas de laboratorio, con equipos físicos e virtuáis teñan unha importancia capital no proceso de aprendizaxe

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Coñecer en profundidade as técnicas de ciberataque e ciberdefensa
A4 CE4 - Comprender e aplicar os métodos e técnicas de ciberseguridade aplicables ós datos, os equipos informáticos, as redes de comunicacións, as bases de datos, os programas e os servizos de información
A8 CE8 - Ter capacidade para concibir, deseñar, poñer en práctica e manter sistemas de ciberseguridade
A12 CE12 - Coñecer o papel da ciberseguridade no deseño das novas industrias, así como as particularidades, restricciones e limitacións que teñen que acometerse para obter unha infraestructura industrial segura
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións ---e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan--- a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades
B5 CB5 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
B6 CG1 - Ter capacidade de análisis e síntesis. Ter capacidade para proxectar, modelar, calcular e diseñar solucións de seguridade da información, as redes e/ou os sistemas de comunicacións en todos os ámbitos de aplicación
B8 CG3 - Capacidade para o razonamiento crítico e a evaluación crítica de calquera sistema de protección da información, calquera sistema de seguridade da información, da seguridade das redes e/ou os sistemas de comunicacións
C4 CT4 - Valorar a importancia da seguridade da información no avance socioeconómico da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprenderán o papel dun firewall na estratexia de seguridade dun dispositivo final ou da rede á que protexe AP2
AP8
BP2
BP6
Serán quen de describir que son as políticas de acceso e de deseñar/especificar o conxunto das mesmas que son requiridas nun escenario ou caso particular AP8
AP12
BP2
BP4
BP6
BP8
CP4
Coñecerán os diferentes tipos de filtrado de paquetes (con/sen estado) e os firewalls de nivel de aplicación, e saberán configuralos en diversas plataformas AP2
BP6
BP8
Poderán deseñar e describir, para un escenario/topoloxía concretos, configuracións alternativas para coloca-lo firewall dentro da rede corporativa (sistema fortificado, DMZ, tornalumes distribuído) AP8
BP2
BP6
BP8
Serán quen de describi-los principios básicos que sustentan a deteción de intrusións, os sensores habituais que se usan para a recopilación de información, e as técnicas de análise (deteción de anomalías, versus deteción heurística) que deciden cando disparar unha alarma. Coñecerán posibles solucións técnicas (HIDS, NIDS, IPS, SIEM, honeypot), que saberán instalar e configurar para algunhas plataformas e implementacións particulares AP2
AP8
BP6
BP8
Estarán familiarizados cos conceptos de túnel e virtualización de redes, e serán quen de elixir e implementar a tecnoloxía de rede privada virtual máis axeitada para diferentes escenarios AP2
AP4
BP6
Poderán explica-los principios sobre os que se constrúen as redes anónimas AP2
BP4
BP5
CP4

Contidos
Temas Subtemas
1.- Deseño de Redes Seguras 1.1. Arquitecturas de Rede Corporativa
1.2. Patróns de deseño
1.3. Aproximacións de seguridade perimetral
2.- Fundamentos de IPv6 2.1. Enderezos de rede IPv6
2.2. Configuración de enderezos IPv6
2.3. Enderezos multicast en IPv6
2.4. ICMPv6
2.5. Protocolos de encamiñamento en IPv6
3.- Fortificación dos Dispositivos de Rede 3.1. Arquitectura interna dos Dispositivos de Rede
3.2. Protección do Plano de datos
3.3. Protección do Plano de control
3.4. Protección do Plano de xestión
4. Firewalls 4.1. Filtrado de paquetes estático
4.2. Filtrado dinámico de paquetes
4.3. Filtrado en capa de aplicación
4.4. Firewalls baseados en zonas de seguridade
4.5. Next-Generation Firewalls
4.6. NAT/NATP
5. IDS/IPS 5.1. Sistemas baseados en rede
5.2. Sistemas baseados en equipo final
6. Monitorización 6.1. Syslog
6.2. SNMP
6.3. Netflow
6.4. SIEM
7. VPNs sobre MPLS 7.1 Introdución a tecnoloxía MPLS
7.2 VPNs de MPLS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A2 A8 B2 B5 B6 21 60 81
Proba obxectiva A8 B2 B4 B6 B8 2 0 2
Proba práctica A8 B2 B6 2 0 2
Sesión maxistral A2 A4 A8 A12 B8 C4 21 42 63
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Nas que o estudante verá o funcionamento na práctica dalgún dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas, o alumno utilizará diferentes ferramentas (equipamento de rede, simuladores de rede, ferramentas de monitorización, etc.) propostas polos profesores, que lle van permitir afondar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos das redes seguras.
Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, proporanse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de forma opcional.
Proba obxectiva Ao remate da exposición da materia, llevarase a cabo unha proba tipo test que permitirá valorar os coñecementos teóricos e habilidades prácticas acadadas durante o desenvolvemento do curso..
Proba práctica Ao remate da realización dos laboratorios de prácticas, realizarase unha proba na que o alumno deberá demostrar-las competencias adquiridas. Partindo dun escenario inicial (rede non segura) solicitarase ao estudante que a protexa utilizando estratexias e técnicas abordados na materia, especialmente nos laboratorios prácticos.
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario, incluíndo exemplos ilustrativos e con soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntes, copia das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar cada día en clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.
As sesións maxistrais poderán ser complementadas coa realización de conferencias nas que acudirá algún experto externo para tratar algún tema con maior profundidade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

Todos os profesores da materia proporán ademais un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A8 B2 B6 Ao remate da realización dos laboratorios de prácticas, realizarase unha proba na que o alumno deberá demostrar-las competencias adquiridas. Partindo dun escenario inicial (rede non segura) solicitarase ao estudante que a protexa utilizando estratexias e técnicas abordados na materia, especialmente nos laboratorios prácticos. 30
Prácticas a través de TIC A2 A8 B2 B5 B6 As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas co deseño e implementación de Redes Seguras. Levarase a cabo unha memoria das prácticas para valorar o nivel de comprensión e o traballo desenvolvido polo alumno 20
Proba obxectiva A8 B2 B4 B6 B8 Ao final da exposición da materia, realizarase unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados, tanto nas sesións teóricas como nas prácticas 50
 
Observacións avaliación

Será necesario obter como mínimo o 50% da nota para aprobar a materia. Ademais, para supera-la materia será preciso (en calquera oportunidade) obter un mínimo dun 40% da nota final na proba obxectiva e nas prácticas (prácticas a través de TIC e proba práctica). En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é de 4.5.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase mediante a presentación de catro memorias de prácticas relacionadas cos exercicios de laboratorio e terá un peso total do 20% da nota final. Realizarase tamén unha proba práctica que terá un peso do 30% sobre a nota final. Será preciso obter un mínimo dun 40% en prácticas (prácticas a través de TIC e proba práctica) para supera-la materia. 

O 50% da nota restante da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán conservar a nota obtida nas prácticas ou na proba obxectiva da primeira oportunidade sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ao 50% do seu peso na nota final.

A avaliación das prácticas na segunda oportunidade levarase a cabo mediante a defensa dun exercicio único en laboratorio, á finalización da proba obxectiva da segunda oportunidade.

O 45% da nota restante da segunda oportunidade poderase conseguir por medio da realización dunha proba obxectiva (examen), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos en clase de teoría, prácticas, titoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Os alumnos conservarán a nota do traballo titorizado realizado durante o proceso de avaliación continua da primeira oportunidade da convocatoria inmediatamente anterior. Poderán conserva-la nota obtida en prácticas ou na proba obxectiva da convocatoria inmediatamente anterior, sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ó 50% do seu peso final.

A avaliación das prácticas (50% da nota final) levarase a cabo mediante unha proba práctica.

O 50% da nota restante poderá conseguirse por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos en clase de teoría, prácticas, titoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual de materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Omar Santos (2020). CCNP and CCIE Security Core SCOR 350-701 Official Cert Guide. Cisco Press
Wendell Odom (2019). CCNA 200-301 Official Cert Guide Library. Cisco Press
Brad Edgeworth, Kevin Wallace, Jason Gooley, David Hucaby, Ramiro Garza Rios (2019). CCNP and CCIE Enterprise Core ENCOR 350-401 Official Cert Guide. Cisco Press
Anthony Bruno; Steve Jordan (2020). CCNP Enterprise Design ENSLD 300-420 Official Cert Guide: Designing Cisco Enterprise Networks. Cisco Press

Bibliografía complementaria Kulbir Saini (2011). Squid Proxy Server 3.1 Beginner's Guide. Packt Publishing


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Test de Intrusión/614530008
Seguridade en Comunicacións/614530004

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías