Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Seguridade como Negocio Código 614530010
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Carneiro Diaz, Victor Manuel
Correo electrónico
victor.carneiro@udc.es
Profesorado
Carneiro Diaz, Victor Manuel
Correo electrónico
victor.carneiro@udc.es
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral Seguridade como negocio aborda as competencias necesarias para comprender o funcionamento dun Security Operation Centre (SOC), desde o punto de vista tecnolóxico, operacional e de intelixencia. Profundarase na infraestrutura, organización, operación e mecanismos de métrica necesarios para a explotación empresarial dos servizos asociados a un SOC. Estudaranse diferentes contornas de especialización como o sector bancario, administración pública ou o ámbito militar.
Plan de continxencia Se non é posible levar a cabo a docencia de xeito presencial ou híbrido, non se alterarán nin os contidos ni a bibliografía recomendada. Para a atención personalizada, seguiránse os métodos telemáticos proporcionados no apartado correspondente desta guía.

As sesións maxistrais previstas na sección de metodoloxía docente cubriranse mediante a provisión na ferramenta faitic de vídeos curtos que permitan introducir os conceptos necesarios. Os seminarios previstos realizaránse a través da ferramenta de videoconferencia proporcionada pola coordinación do máster.

A proba obxectiva realizarase na data establecida no calendario de exames a través dun formulario de resposta múltiple dispoñible na ferramenta faitic.

Os traballos supervisados ??non sufrirán cambios na súa metodoloxía docente.

Tampouco se modificará a avaliación e as porcentaxes especificadas no apartado correspondente desta guía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 CE9 - Ter capacidade para elaborar plans e proxectos de traballo no ámbito da ciberseguridade, claros, concisos e razoados
A11 CE11 - Reunir e interpretar datos relevantes dentro do área da seguridade informática e das comunicacións
A15 CE15 - Ter capacidade de identificar o valor, tanto económico como doutra índole, da información da institución, os seus procesos críticos e o impacto que produciría a interrupción destes; e, tamén, as necesidades internas e externas que permitirán estar preparados ante ataques de seguridade
A16 CE16 - Ter capacidade para albiscar e enfocar o esforzo de negocio en temáticas relacionadas coa ciberseguridade, e cunha monetización viable
A19 CE19 - Saber identificar os perfís de persoal necesarios para unha institución en función das súas características e o seu sector
A20 CE20 - Coñecemento das empresas orientadas específicamente ao sector de seguridade da nosa contorna
B1 CB1 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B4 CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións ---e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan--- a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades
B8 CG3 - Capacidade para o razonamiento crítico e a evaluación crítica de calquera sistema de protección da información, calquera sistema de seguridade da información, da seguridade das redes e/ou os sistemas de comunicacións
B11 CG6 - Destreza para investigar. Capacidade para innovar e contribuir ao avance dos principios, as técnicas e os procesos referidos o seu ámbito profesional, deseñando novos algoritmos, dispositivos, técnicas ou modelos útiles para a protección dos activos dixitais públicos, privados ou comerciais
C4 CT4 - Valorar a importancia da seguridade da información no avance socioeconómico da sociedade
C5 CT5 - Ter capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en inglés

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos fundamentais sobre o negocio da seguridade dixital e a súa monetización. AP15
AP16
BP1
BP11
CP4
Entender que é posible orientar unha empresa no ámbito da seguridade e mesmo a sectores máis específicos dentro deste ámbito. AP20
Definir os perfís necesarios, propios da empresa ou externos, asociados á ciberseguridade. AP19
Coñecer empresas do sector, a súa creación, desenvolvemento e orientación AP11
AP20
Coñecer as canles correctas de comunicación na institución, especialmente coa xerencia AP9
BP4
BP8
CP5

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos de un Security Operation Centre (SOC) Deseño dun SOC
Fases: Tecnoloxía, Operacional, Intelixencia
Tipos de entradas: Logs, eventos, alertas, incidentes, problemas
Falsos/verdadeiros positivos/negativos
Tipos de clientes
Infraestructura de un SOC Mecanismos de defensa: rede, perimetral, host, aplicacións e datos
SIEM/ Log manager
Ferramentas de ticketing
Infraestrutura física dun SOC: rede privada, vídeo walls, laboratorios
Organización de un SOC Organigrama: CISO, CIO, staff
Perfís nun SOC
Métricas e intelixencia Métricas de supervisión
Priorización de vulnerabilidades
Monitoraxe de parches
Blacklist e outra listas
Monitoraxe proactiva
Tipos de SOC Especialización de SOCs: banca, administración, militar.
Outsourcing: MSSPs

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 A16 A19 B8 10 20 30
Traballos tutelados A9 A11 A19 B1 B11 C5 4 32 36
Seminario A19 A20 B8 C4 6 0 6
Proba obxectiva B4 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas que se expoñerá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno dispoñerá do material de apoio (notas, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario para tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. As sesións maxistrais complementaranse coa realización de conferencias nas que se traerá algún experto externo para tratar algún tema puntual con maior profundidade.
Traballos tutelados Proposta de traballos para a súa resolución individual ou grupal e non presencial por parte dos alumnos. Estes traballos permitirán aos alumnos profundar en aspectos do temario relevantes e que non se puideron tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais.
Seminario Presentacións de empresas do sector, onde se debulle o seu modelo de negocio e infraestrutura de servizos orientados á explotación mercantil do negocio da ciberseguridade.
Proba obxectiva Ao final das sesións maxistrais propoñeráselle aos alumnos a realización dunha pequena proba tipo test na que se validen os conceptos introducidos ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Recomendarase aos estudantes que asistan á titoría como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Para a realización dos traballos supervisados, os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias, bibliografía para consulta e vixiarán os avances que o alumno está a realizar para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, para asegurar a calidade do traballo. segundo os criterios indicados.

Como ferramentas telemáticas para a atención en liña personalizada utilizaranse as facilitadas pola coordinación do Master: Ferramenta de correo electrónico, ferramenta de teleformación (faitic) e videoconferencia e ferramenta de traballo en equipo (Teams).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A15 A16 A19 B8 Ao final das sesións maxistrais realizarase unha proba obxectiva, baseada nun test de respostas pechadas, onde se validarán os coñecementos adquiridos. 40
Traballos tutelados A9 A11 A19 B1 B11 C5 Os traballos tutelados serán realizados de forma individual ou en grupo polos alumnos, seguindo as indicacións propostas polo profesor. 60
 
Observacións avaliación

A cualificación final do alumno calcularase en base ao resultado da proba obxectivo (40%) e o traballo tutelado (60%). Non existe nota mínima para superar cada apartado.

Para a segunda oportunidade (convocatoria de xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de realizar unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais e unha segunda data de entrega dos traballos tutelados.
 

Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización do traballo tutelado avaliable non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.  

IMPORTANTE:

As datas válidas para a entrega dos traballos tutelados será a publicada polo coordinador da materia na ferramenta de teleformación do master.

FRAUDE
En caso de detectarse algun fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.


Fontes de información
Bibliografía básica David Nathans (2015). Designig and Building a Security Operations Center. Elsevier Inc. ISBN 978-0128008997

Bibliografía complementaria Gegory Jarpey & R. Scott McCoy (2017). Security Operations Center Guidebook: A Practical Guide for a Successful SOC. Elsevier Inc., ISBN 978-0128036570
Joseph Muniz (2016). Security Operations Center: Building, Operating, and Maintaining your SOC. Cisco Press, ISBN 978-0134052014


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión da Seguridade da Información/614530002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Test de Intrusión/614530008
Conceptos e Leis en Ciberseguridade/614530001

Materias que continúan o temario
Seguridade Ubicua/614530013
Xestión de Incidentes/614530015
Seguridade en Dispositivos Móbiles/614530011
Ciberseguridade en Contornos Industriais/614530014

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías