Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Seguridade Ubicua Código 614530013
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Rabuñal Dopico, Juan Ramon
Correo electrónico
juan.rabunal@udc.es
Profesorado
Alvarellos González, Alberto José
Martinez Perez, Maria
Rabuñal Dopico, Juan Ramon
Correo electrónico
alberto.alvarellos@udc.es
maria.martinez@udc.es
juan.rabunal@udc.es
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral Coordinada pola Universidade de Vigo. Consultade a guía en:

https://secretaria.uvigo.gal/docnet-nuevo/guia_docent/?centre=305
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 CE4 - Comprender e aplicar os métodos e técnicas de ciberseguridade aplicables ós datos, os equipos informáticos, as redes de comunicacións, as bases de datos, os programas e os servizos de información
A9 CE9 - Ter capacidade para elaborar plans e proxectos de traballo no ámbito da ciberseguridade, claros, concisos e razoados
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formar xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións ---e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan--- a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades
B6 CG1 - Ter capacidade de análisis e síntesis. Ter capacidade para proxectar, modelar, calcular e diseñar solucións de seguridade da información, as redes e/ou os sistemas de comunicacións en todos os ámbitos de aplicación
B7 CG2 - Resolución de problemas. Ter capacidade de resolver, cos coñecementos adquiridos, problemas específicos do ámbito técnico da seguridade da información, as redes e/ou os sistemas de comunicacións
B10 CG5 - Ter capacidade para aplicar os coñecementos teóricos na práctica, no marco de infraestructuras, equipamientos e aplicacións concretos, e suxeitos a requisitos de funcionamento específicos
C4 CT4 - Valorar a importancia da seguridade da información no avance socioeconómico da sociedade
C5 CT5 - Ter capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en inglés

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a seguridade nas diferentes capas relacionadas cos sistemas ubicuos e as tecnoloxías que utilizan. AP4
AP9
BP2
BP3
BP4
BP6
BP7
BP10
CP4
CP5
Entender os problemas de seguridade asociados ao mundo ubicuo. AP4
AP9
BP2
BP3
BP4
BP6
BP10
CP4
CP5
Coñecer casos reais de ataques a sistemas ubicuos. AP4
BP2
BP3
BP4
BP10
CP4
CP5

Contidos
Temas Subtemas
Seguridade física Elementos de hardware. Compoñentes.
- Buses de comunicación.
- Interfaces.
- Hardware criptográfico.
Ataques.
Seguridade no middleware Seguridade no proceso de arrinque.
Seguridade no sistema operativo.
Control de acceso.
Cifrado.
Actualización do firmware.
Seguridade nas comunicacións Comunicacións sen fíos.
Riscos e ameazas nas comunicacións
Seguridade na percepción do contorno Ataques nos sistemas de posicionamento.
Ataques ás medidas dos sensores.
Privacidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A9 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C4 C5 10 20 30
Prácticas de laboratorio A4 A9 B2 B3 B4 B6 B7 10 35 45
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realización en grupo do deseño, implementación e proba dun sistema IoT, poñendo especial énfase
na seguridade.
Realización en grupo de ataques á seguridade dos sistemas implementados por outros
compañeiros ou de terceiros.
Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CB2, CB3, CB4, CG1, CG2, CG5, CE4, CE9, CT4
e CT5.
Prácticas de laboratorio Exposición, por parte dos profesores, dos principais contidos teóricos relacionados coa seguridade
para sistemas ubicuos (seguridade empotrada, nas comunicacións e nos backends)
Con esta metodoloxía contribuirase a adquisición das competencias CB2, CB3, CB4, CG1, CG2, CE4
e CE9.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
Os profesores da materia proporcionarán atención individual e personalizada aos alumnos durante o
curso, solucionando as súas dúbidas e preguntas. As dúbidas atenderanse de forma presencial
(durante a propia sesión maxistral, ou durante o horario establecido para as titorias). O horario de
titorias establecerase ao principio do curso e publicarase na páxina web da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A9 B2 B3 B4 B6 B7 O alumnado dividirase en grupos para a realización do deseño,
implementación e proba dun sistema IoT, poñendo especial énfase na
seguridade.
O mesmo grupo realizará ataques á seguridade dos sistemas
implementados por outros compañeiros ou por terceiros.
O proxecto realizado, e o informe contendo o resultado dos ataques
completados (en canto á súa calidade e ao seu éxito) serán avaliados
despois da súa entrega valorando aspectos como como a corrección, a
calidade, as prestacións e as funcionalidades. Deberase entregar o
código, prototipos e documentación realizados. Así mesmo, será
necesario realizar unha presentación dos resultados.
Durante a realización do proxecto realizarase un seguimento continuo
do deseño e da evolución da implementación. Se os resultados
intermedios non son satisfactorios, poderase aplicar unha penalización
de ata o 20% da nota.
O seguimento será grupal e individual: cada un dos membros do grupo
debe documentar as tarefas desenvolvidas dentro do seu equipo e
responder sobre elas.
80
Sesión maxistral A4 A9 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C4 C5 Realizaranse un ou varios exames para avaliar a comprensión dos
contidos presentados nas sesións maxistrais. De haber máis de un
exame, a nota final será a media aritmética das distintas probas
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario completar as distintas partes nas que se divide (exame ou exames acerca dos contidos expostos na sesión maxistral e proxectos). A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes.

Así, se a nota das sesións maxistrais é NT, e a nota do proxecto é NP, a nota final será:

Nota = NT^0.2 ? NP^0.8

Durante o primeiro mes, os estudantes deberán indicar explicitamente e por escrito o seu desexo de cursar a materia seguindo a avaliación única. Noutro caso considerarase que seguen a avaliación continua. Aqueles que sigan a avaliacióncontinua non se poderán considerar "non presentados" unha vez se realice a entrega do primeiro cuestionario ou tarefa.

Os alumnos que opten pola avaliación única deberán presentar adicionalmente un dossier que deberá defender presencialmente ante os profesores, onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o proxecto. No caso de seguir a avaliación única, os alumnos deberán realizar o traballo de forma individual, salvo que o profesorado lles comunique explicitamente a autorización para realizalo en grupo.

Segunda oportunidade

Só poderán optar á segunda oportunidade aqueles alumnos que non superaron a primeira oportunidade (ao finalizar o cuadrimestre). A avaliación será a descrita nos apartados anteriores, pero adicionalmente será preciso presentar un dossier que deberá ser defendido presencialmente ante os profesores, onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o proxecto.

Aqueles estudantes que seguisen a avaliación continua poden optar por manter as notas obtidas na primeira oportunidade para as distintas partes da materia ou descartalas.

Outros comentarios

As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.

Aínda que o proxecto se desenvolverá (na medida do posible) en grupos, os alumnos deben deixar evidencias do seu traballo individual dentro do grupo. No caso no que o rendemento dun alumno ou alumna non sexa acorde ao dos seus compañeiros de grupo, considerarase a súa expulsión do mesmo e/ou poderá ser avaliado de forma individual nesta parte.

O uso de calquera material durante a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado.

En caso de detección de plaxio ou de comportamento non ético nalgún dos traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán o asunto ás autoridades académicas para que tome as medidas oportunas.


Fontes de información
Bibliografía básica Brian Russell, Drew Van Duren (2016). Practical Internet of Things Security. Packt Publishing

Bibliografía complementaria Bruce Schneider (2015). Applied Cryptography: Protocols, Algorithms and Source Code in C. Wiley
Houbing Song, Glenn A. Fink, Sabina Jeschke (2018). Security and Privacy in Cyber-Physical Systems. Foundations, Principles, and Applications.. Wiley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Seguridade da Información/614530003
Test de Intrusión/614530008
Fortificación de Sistemas Operativos/614530007
Seguridade en Comunicacions/614530004
Seguridade de Aplicacións/614530005
Redes Seguras/614530006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías