Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Ciberseguridade en Contornos Industriais Código 614530014
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Fernández Caramés, Tiago Manuel
Correo electrónico
tiago.fernandez@udc.es
Profesorado
Fernández Caramés, Tiago Manuel
Correo electrónico
tiago.fernandez@udc.es
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral O concepto da Industria 4.0 deu lugar a que cada vez sexan máis os dispositivos industriais conectados á rede e a procesos físicos. Esta asignatura, ademáis de repasar os sistemas industriais tradicionais (i.e., sistemas de control industrial, control de accesos, sistemas de comunicacións ou de xestión da información), enfocarase na seguridade das tecnoloxías da Industria 4.0: sistemas IoT/IIoT, sistemas robotizados, cloud/edge computing, realidade aumentada, blockchain ou AGVs.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Coñecer, comprender e aplicar os métodos de criptografía e criptoanális, os fundamentos de identidade dixital e os protocolos de comunicacións seguras
A2 CE2 - Coñecer en profundidade as técnicas de ciberataque e ciberdefensa
A3 CE3 - Coñecer a normativa técnica e legal de aplicación en materia de ciberseguridade, as súas implicacións no deseño de sistemas, no uso de ferramentas de seguridade e na protección da información
A4 CE4 - Comprender e aplicar os métodos e técnicas de ciberseguridade aplicables ós datos, os equipos informáticos, as redes de comunicacións, as bases de datos, os programas e os servizos de información
A7 CE7 - Ter capacidade para realizar a auditoría de seguridade de sistemas e instalacións, o análisis de riscos derivados de debilidades de ciberseguridade e desenvolver o proceso de certificación de sistemas seguros
A8 CE8 - Ter capacidade para concibir, deseñar, poñer en práctica e manter sistemas de ciberseguridade
A12 CE12 - Coñecer o papel da ciberseguridade no deseño das novas industrias, así como as particularidades, restricciones e limitacións que teñen que acometerse para obter unha infraestructura industrial segura
A13 CE13 - Ter capacidade de análisis, detección e eliminación de vulnerabilidades, e do malware susceptible de utilizalas, en sistemas e redes
A15 CE15 - Ter capacidade de identificar o valor, tanto económico como doutra índole, da información da institución, os seus procesos críticos e o impacto que produciría a interrupción destes; e, tamén, as necesidades internas e externas que permitirán estar preparados ante ataques de seguridade
B1 CB1 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formar xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B7 CG2 - Resolución de problemas. Ter capacidade de resolver, cos coñecementos adquiridos, problemas específicos do ámbito técnico da seguridade da información, as redes e/ou os sistemas de comunicacións
B8 CG3 - Capacidade para o razonamiento crítico e a evaluación crítica de calquera sistema de protección da información, calquera sistema de seguridade da información, da seguridade das redes e/ou os sistemas de comunicacións
B10 CG5 - Ter capacidade para aplicar os coñecementos teóricos na práctica, no marco de infraestructuras, equipamientos e aplicacións concretos, e suxeitos a requisitos de funcionamento específicos
B11 CG6 - Destreza para investigar. Capacidade para innovar e contribuir ao avance dos principios, as técnicas e os procesos referidos o seu ámbito profesional, deseñando novos algoritmos, dispositivos, técnicas ou modelos útiles para a protección dos activos dixitais públicos, privados ou comerciais
C4 CT4 - Valorar a importancia da seguridade da información no avance socioeconómico da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos fundamentais asociados coa seguridade en entornos industriais AP1
AP3
AP12
AP15
CP4
Comprender as diferentes técnicas de protección e ataque en sistemas industriais e saber cómo se poden implementar AP2
AP4
AP8
AP13
BP2
BP3
BP7
BP8
BP10
BP11
Entender as problemáticas de seguridade e os ataques a redes industriais, así como coñecer os mecanismos que permiten minimizalos AP1
AP4
AP7
AP12
AP13
BP3
BP7
BP8
BP11
Ser capaz de comprender as implicacións a nivel de seguridade das diversas tecnoloxías da industria 4.0 AP1
AP3
AP12
AP15
BP1
BP3

Contidos
Temas Subtemas
Introducción Políticas de seguridade industrial

Implicacións da ciberseguridade industrial e de infraestructuras críticas

Casos prácticos
Sistemas de control de acceso físico a dependencias industriais Sistemas de proximidade

Sistemas de acceso remoto

Sistemas biométricos
Sistemas de control industrial Arquitectura de comunicacións

Sistemas tradicionais

Sistemas ciberfísicos
Sistemas da Industria 4.0 Introducción á Industria 4.0

Sistemas IoT/IIoT

Seguridade noutras tecnoloxías 4.0 (e.g., realidade aumentada, cloud/edge computing, blockchain, AGVs)
Sistemas de xestión de información en entornos industriais Bases de datos tradicionais

ERPs

PLMs

Sistemas MES
Sistemas de comunicacións industriais Arquitectura de comunicacións

Tecnoloxías de comunicacións cableadas

Tecnoloxías de comunicacións inarámicas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A12 A15 B1 B7 B8 C4 9 9 18
Prácticas a través de TIC A1 A2 A4 A7 A8 A13 B2 B7 B8 B10 B11 10 10 20
Traballos tutelados A13 B2 B3 B7 B8 B10 0 20 20
Proba mixta B2 B3 B7 1 15 16
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado dos principais contidos teóricos relacionados coa ciberseguridade en contornos industriais.
Prácticas a través de TIC Realización por parte do alumnado de prácticas guiadas e supervisadas.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado de traballos de compoñente tanto teórica coma práctica.
Proba mixta Proba escrita para a avaliación dos coñecementos adquiridos na asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Os profesores da materia proporcionarán atención individual e persoalizada aos alumnos durante o curso, solucionando as súas dúbidas e preguntas. Asemade, os profesores orientarán e guiarán aos alumnos durante a realización das tarefas que teñan asignadas, tanto nas prácticas como nos distintos traballos tutelados.

As dúbidas atenderanse de forma presencial, xa sexa durante as propias clases ou durante o horario establecido para titorías. Buscarase flexibilizar dito horario para atender as dúbidas do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 B2 B3 B7 B8 B10 Realización dun traballo con parte teórica e parte práctica. 30
Prácticas a través de TIC A1 A2 A4 A7 A8 A13 B2 B7 B8 B10 B11 Resolución de prácticas e realización de informes cos resultados obtidos. 30
Proba mixta B2 B3 B7 Exame escrito sobre os contidos teóricos e prácticos impartidos durante o curso. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Ofreceranse dúas alternativas de avaliación: contínua e única. 

A avaliación contínua implicará a realización das prácticas, dun traballo tutelado e unha proba mixta que serán avaliados nas porcentaxes arriba indicadas (30, 30, 40), sendo necesario obter un cinco sobre dez na avaliación total. Igualmente, será necesario obter un dous sobre catro na proba mixta para poder aprobar a asignatura. No caso de optar á avaliación contínua, o alumnado que realice calqueira tipo de entrega (práctica, traballo, proba mixta), non poderá calificarse como "non presentado". 

No caso da avaliación única, toda a puntuación virá dada por unha única proba mixta que incluirá parte teórica e práctica. Dita proba realizarase ao final do bimestre e deberá obterse en total a lo menos un cinco sobre dez para poder aprobar a asignatura.

A selección da alternativa de avaliación deberá indicarse como moi tarde ao remate da segunda semana de clase.  

Para cualquera das dúas alternativas darase flexibilidade horaria para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS

Os alumnos que optaran na primeira oportunidade pola avaliación contínua, terán a opción de conservar as notas de prácticas e traballos tutelados realizados durante o curso académico. Dito alumnado realizará unha proba mixta, establécendose a nota nas porcentaxes indicadas arriba (30, 30, 40). O resto de alumnos (incluido o alumnado con recoñecmento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) trataranse coma alumnos de avaliación única e realizarán unha proba mixta que mesture parte teórica e práctica. 

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

No caso de detección de plaxio durante algunha das entregas, calificarse ao alumno/a cun suspenso (0) e comunicarase a situación á dirección do máster e ás autoridades universitarias correspondentes de cara a tomar as medidas oportunas.


Fontes de información
Bibliografía básica Junaid Ahmed Zubairi (2012). Cyber Security Standards, Practices and Industrial Applications: Systems and Methodologies. IGI Global
Tyson Macaulay (2012). Cybersecurity for Industrial Control Systems: SCADA, DCS, PLC, HMI, and SIS. Auerbach Publications
Josiah Dykstra (2015). Essential Cybersecurity Science: Build, Test, and Evaluate Secure Systems. O'Reilly
Pascal Ackerman (2017). Industrial Cybersecurity. Packt
Eric Knapp, Joel Thomas Langill (2014). Industrial Network Security. Elsevier

Bibliografía complementaria Peng Cheng, Heng Zhang, Jiming Chen (2016). Cyber Security for Industrial Control Systems: From the Viewpoint of Close-Loop. CRC Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías