Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Cálculo Código 614G01003
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Gonzalez Taboada, Maria
Correo electrónico
maria.gonzalez.taboada@udc.es
Profesorado
Cendan Verdes, Jose Jesus
Garcia Abel, Marta
García Rodríguez, José Antonio
Gonzalez Taboada, Maria
Hervella Nieto, Luis Maria
Iglesias Otero, Maria Teresa
López Núñez, Alejandro
López Salas, José Germán
Correo electrónico
jesus.cendan.verdes@udc.es
marta.gabel@udc.es
jose.garcia.rodriguez@udc.es
maria.gonzalez.taboada@udc.es
luis.hervella@udc.es
maria.teresa.iotero@udc.es
alejandro.lopezn@udc.es
jose.lsalas@udc.es
Web http://http://dm.udc.es/elearning/
Descrición xeral Nesta materia explícanse conceptos da análise de funcións reais dunha variable real (continuidade, derivabilidade, integración, ecuacións diferenciais, ...) e series (numéricas, de potencias, ...), con aplicacións en problemas reais de optimización e aproximación de funcións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poden presentar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra linear; cálculo diferencial e integral; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
B3 Capacidade de análise e síntese

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar funcións dunha variable real: - Límites, continuidade, derivación, optimización e representación gráfica - Integración definida e indefinida e a súa aplicación ao cálculo de superficies e volumes, así como á resolución de ecuacións diferenciais - Aproximación mediante series de potencias A1
B3
Saber empregar unha aplicación informática de cálculo simbólico e computacional para o desenrrolo dos contidos da materia A1
B3

Contidos
Temas Subtemas
Funcións reais dunha variable real - Conxuntos de números
- Funcións reais de variable real
- Funcións elementais
- Límite dunha función nun punto
- Continuidade
- Método de disección
- Interpolación de Lagrange
Cálculo diferencial de funcións reais dunha variable real - Derivabilidade
- Derivada de funcións elementais
- Método de Newton-Raphson
- Extremos relativos e absolutos
- Teoremas de cálculo diferencial
- Aplicacións inmediatas da derivación
- Derivadas sucesivas
- Teorema de Taylor
- Derivación implícita e logarítmica
Cálculo integral de funcións reais dunha variable real - A integral de Riemann
- Métodos elementais para o cálculo de primitivas
- Integrais impropias
- Aplicacións da integral
- Integración numérica
- Introducción ás ecuacións diferenciais
Series numéricas e de potencias - Sucesións de números
- Series de números. Series de números positivos
- Series alternadas
- Series de potencias

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B3 30 60 90
Prácticas de laboratorio A1 B3 18 18 36
Seminario A1 B3 9 9 18
Proba mixta A1 B3 0 3 3
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral - Coa axuda do canón de video realizaranse presentacións en formato .pdf (facilitadas con anterioridade aos alumnos) que conterán os apuntamentos básicos para seguir o desenvolvemento da materia.
- Explicarase a teoría apoyándose no encerado e aportando exemplos clarificadores
- Empregaranse applets feitos explícitamente para a asignatura e outros disponibles no internet para ilustrar algúns aspectos da materia.
Prácticas de laboratorio - Ensinarase o uso do paquete informático Octave, co que se empregarán ou implementarán ferramentas do cálculo simbólico e numérico.
- Resolveranse, coa axuda de Octave, problemas da materia.
Seminario - Nas Titorías en Gupos Reducidos (TGR) que esta guía denomina "Seminarios", resolveranse dúbidas dos alumnos, así como traballos e exercicios que serán dos boletíns de problemas ---dispoñibles con anterioridade--- ou outros propostos polo profesor. Valorarase a adquisición de coñecementos e a participación do estudante.
Proba mixta - Realizarase un exame escrito que consistirá nunha colección de cuestións teóricas e/ou de problemas (do mesmo tipo que os propostos nos TGR e nos boletíns de exercicios).

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
- A diversidade do alumnado e da súa formación fai recomendable unha orientación, que podería levarse a cabo no marco dunha acción titorial.
- Nas prácticas de laboratorio o profesor, presente na aula, axudará aos alumnos no desenvolvemento destas prácticas, instruíndoos no manexo dun paquete informático, e axudándolles a comprender algúns aspectos teóricos e prácticos da materia.
- Durante os seminarios (TGR) o profesor axudará aos alumnos na resolución de exercicios teóricos e de aplicación.

Sen esquencer, como xa se indicou, que se poden resolver dúbidas concretas dun xeito máis personalizado empregando o horario de titorías do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 B3 Resolución de problemas da materia coa axuda de Octave 30
Seminario A1 B3 Resolución de traballos e/ou exercicios teórico-prácticos da materia e as súas aplicacións. 10
Proba mixta A1 B3 Examen teórico-práctico da materia 60
 
Observacións avaliación

Na primera oportunidade, a avaliación da materia consta de dúas partes:
1.- A primeira parte consiste na realización dun exame teórico-práctico da materia (nas datas aprobadas pola Xunta de Facultade) que puntuará cun máximo de seis puntos.
2.- A segunda parte corresponde aos seminarios (TGR) e ás prácticas de laboratorio co uso do ordenador, aos que se lles asignarán un e tres puntos respectivamente. A cualificación á que se refire este apartado, obterase mediante a realización de exercicios, traballos, e/ou exames realizados ao longo do cuadrimestre ou ao final do mesmo.

Na segunda oportunidade de xullo o proceso de aviación incluirá unha proba mixta que puntuará un máximo de sete puntos. A esta cualificación engadiráselle a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio.

A avaliación dos TGR e das prácticas de laboratorio dos alumnos con matrícula a tempo parcial poderase realizar atendendo, na medida do posibe, as súas circunstancias particulares.

Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro o proceso de avaliación incluirá:
a) unha proba mixta que puntuará un máximo de sete puntos,
b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio, que puntuará un máximo de tres puntos.


Fontes de información
Bibliografía básica J. Stewart (2001). Cálculo de una variable. Thomson Learning
R.T. Smith, R.B. Minton (2002). Calculus (Second edition). McGraw-Hill
M.T. Iglesias Otero (2011). MatLab para Cálculo en una variable. Andavira

Bibliografía complementaria A. García, A. López, G. Rodríguez, S. Romero, A. De La Villa (2002). Cálculo (vol. 1). CLAGSA
G.L. Bradley, K.J. Smith (1998). Cálculo 1. Prentice Hall
R. Larson, R. Hostetler, B.H. Edwards (2010). Cálculo Esencial. Cengage Learning
F. Coquillat (1997). Cálculo Integral. Metodología y problemas. Tébar Flores
S. Josa (1992). Cómo iniciarse en la resolución de integrales. Edunsa
B.D. Hahn, D.T. Valentine (2007). Essential Matlab for Engineers and Scientistics (3th ed.) . B.H.
F. Galindo Soto, J. Sanz Gil, L.A. Tristán Vega (2003). Guía práctica de Cálculo Infinitesimal en una variable real. Thomson
A. Estévez Andreu, J. Enciso Pizarro (2005). Matemáticas (serie "Aprueba tu examen con Schaum"). McGraw-Hill
C. Neuhauser (2004). Matemáticas para Ciencias. Pearson
S. Lantarón Sánchez, B. Llanas Juárez (2010). Matlab y Matemática Computacional . Bellisco Ediciones
V. Tomeo Perucha, I. Uña Juárez, J. San Martín Moreno (2005). Problemas resueltos de Cálculo en una variable. Thomson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Métodos Numéricos para a Informática/614G01064

Observacións

Recoméndase o traballo diario para un axeitado aproveitamento dos Seminarios (TGR), así como das prácticas de laboratorio, sen esquencer o seguimento das clases maxistrais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías