Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Fundamentos dos Computadores Código 614G01007
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
jose.sanjurjo@udc.es
Profesorado
Andión Fernández, José Manuel
Darriba López, Diego
Enes Álvarez, Jonatan
López López, Eric
Martin Santamaria, Maria Jose
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Ponte Fernández, Christian
Porta Trinidad, Juan
Rodríguez Álvarez, Gabriel
Rodriguez Osorio, Roberto
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Vazquez Regueiro, Carlos
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.manuel.andion@udc.es
diego.darriba@udc.es
jonatan.enes@udc.es
eric.lopez@udc.es
maria.martin.santamaria@udc.es
emilio.padron@udc.es
xoan.pardo@udc.es
christian.ponte@udc.es
juan.porta@udc.es
gabriel.rodriguez@udc.es
roberto.osorio@udc.es
jose.sanjurjo@udc.es
carlos.vazquez.regueiro@udc.es
jose.vidal.paz@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia inclúe conceptos básicos sobre os elementos compoñentes, a estrutura e o funcionamento dos computadores.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
A15 Capacidade de coñecer, comprender e avaliar a estrutura e a arquitectura dos computadores, así como os compoñentes básicos que os conforman.
A31 Capacidade de deseñar e construír sistemas dixitais, incluíndo computadores, sistemas baseados en microprocesador e sistemas de comunicacións.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
B7 Preocupación pola calidade
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o funcionamento básico dos bloques funcionais dun computador (procesador, memoria, E/S, etc.) A5
A15
B3
B7
C2
C4
C6
Saber realizar deseños básicos de compoñentes dun computador utilizando sistemas dixitais A15
A31
B1
B3
B7
B9
C2
C4
C6
Aprender a programar a baixo nivel un procesador mediante unha linguaxe ensambladora A5
B1
B9
C2
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
I. Sistemas Dixitais - Sistemas Combinacionais
- Sistemas Secuenciais
II. Estrutura, Organización e Funcionamento de Bloques Funcionais Básicos - Unidade de Procesamento
- Unidade de Control
- Sistema de Entrada/Saída

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 10 17 27
Prácticas de laboratorio A5 A15 A31 B1 B3 20 28 48
Sesión maxistral A5 A15 A31 B7 C2 30 30 60
Proba obxectiva A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 3 6 9
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Proporanse aos alumnos problemas para resolver como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de problemas. Faranse controis escritos ao longo do curso para avaliar o progreso dos estudantes. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1, B3, B7 e B9 en relación ás competencias A5, A15 e A31.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición das competencias transversais C4 e C6.
A oferta dun grupo con docencia en inglés contribúe á adquisición da competencia C2.
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1 e B3 en relación ás competencias A5, A15 e A31.
A existencia dun grupo con docencia en inglés facilita a adquisición da competencia C2.
Sesión maxistral Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos, centrados nas competencias A5, A15 e A31, están apoiados por bibliografía en castelán e tamén en inglés para contribuír á consecución da competencia C2. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
A existencia dun grupo con docencia en inglés reforza a consecución da competencia C2 dos alumnos que o escollan.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre haberá un exame cunha duración total de 3 horas. A proba fará particular énfase nas competencias A5, A15, A31, B1 e B3, pero sen descuidar a avaliación do resto de competencias, tanto xerais (B7 e B9) como transversais (C2, C4 e C6).

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos alumnos na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos. Por outra banda, recomendarase aos estudantes a asistencia a titorías como método de axuda.

Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 Proporanse problemas para traballo persoal e avaliarase a súa resolución a través de controis escritos durante o curso. Con estes controis preténdese avaliar as competencias B1, B3, B7 e B9 en relación ás competencias A5, A15 e A31, sen descoidar a súa relación coas competencias transversais C4 e C6.
Os controis escritos do grupo de docencia en inglés faranse nesta língua, contribuíndo a avaliar a adquisición da competencia C2.
20
Prácticas de laboratorio A5 A15 A31 B1 B3 Avaliaranse as prácticas realizadas polos alumnos durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. Cos resultados destas prácticas búscase avaliar as competencias B1 e B3 en relación ás competencias A5, A15 e A31. 20
Proba obxectiva A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. Con este exame avaliaranse principalmente as competencias A5, A15, A31, B1 e B3.
Aos alumnos do grupo de docencia en inglés faráselles esta proba obxectiva nesta língua, contribuíndo a avaliar a adquisición da competencia C2.
60
 
Observacións avaliación
  • Para poder aprobar a materia na primeira oportunidade será necesario obter como mínimo o 25% da nota máxima nas prácticas de laboratorio e, igualmente, o 25% da nota máxima final dos controis escritos, e ter unha nota total (prácticas máis problemas máis exame) igual ou superior ao 50% da nota máxima.
  • Na segunda oportunidade soamente se poderá recuperar a nota do exame. As
    notas de prácticas e de problemas serán as obtidas durante o curso. Para os alumnos que utilicen a oportunidade adiantada de decembro utilizaranse as notas de prácticas e problemas que obtiveran no seu
    último curso. Nesta oportunidade só será necesario para aprobar obter unha nota total igual ou superior ao 50% da nota máxima.
  • Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso.

Fontes de información
Bibliografía básica David A. Patterson, John L. Hennessy (2014). Computer organization and design : the hardware/software interface. Morgan Kaufmann Publishers
David M. Harris & Sarah L. Harris (2013). Digital Design and Computer Architecture. Morgan Kaufmann Publishers
Thomas L. Floyd (2009). Digital Fundamentals (10th Edition). Pearson International Edition
Javier García Zubía (2003). Problemas resueltos de electrónica digital . Thomson
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2015). Problemas resueltos de estructura de computadores (2ª ed.). Paraninfo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Informática Básica/614G01002
Matemática Discreta/614G01004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tecnoloxía Electrónica/614G01005

Materias que continúan o temario
Estrutura de Computadores/614G01012

Observacións

Recoméndase utilizar as horas de titorías dos profesores que correspondan aos grupos de problemas para consultas ou resolución de dúbidas sobre os exercicios da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías