Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Álxebra Código 614G01010
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Vieites Rodriguez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.vieites@udc.es
Profesorado
Aguado Martin, Maria Felicidad
Barja Pérez, José María
Costoya Ramos, Maria Cristina
Doncel Juarez, Jose Luis
Perez Vega, Gilberto
Souto Salorio, Maria Jose
Vidal Martin, Concepcion
Vieites Rodriguez, Ana Maria
Correo electrónico
felicidad.aguado@udc.es
j.m.barja@udc.es
cristina.costoya@udc.es
jose.luis.doncel@udc.es
gilberto.pvega@udc.es
maria.souto.salorio@udc.es
concepcion.vidalm@udc.es
ana.vieites@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia de Álxebra é unha materia cuadrimestral que se imparte no segundo cuadrimestre do primeiro curso da titulación de Grao en Enxeñaría Informática. É unha materia do módulo de Formación Básica na rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nesta materia débense adquirir os hábitos de abstracción e rigor necesarios no ámbito profesional dun informático. Os conceptos que se estudan son básicos para o desenvolvemento doutras materias máis especificas da titulación; por exemplo, Computación Gráfica, Visión Artificial, Lexislación e Seguridade Informática, Procesamento dixital da Información, Redes.

O carácter dos estudos e as necesidades de formación dos estudantes do Grao en Enxeñaría Informática aconsella un enfoque computacional da álxebra, por iso, porase especial énfase nos conceptos de álxebra que se empregan en teoría de computación, destacando o enfoque algorítmico nos métodos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poden presentar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra linear; cálculo diferencial e integral; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
A3 Capacidade para comprender e dominar os conceptos básicos de matemática discreta, lóxica, algorítmica e complexidade computacional e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
B3 Capacidade de análise e síntese
B6 Toma de decisións
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir nocións fundamentais da aritmética dos números enteiros e a aritmética modular. A1
A3
Interpretar os coñecementos sobre aritmética enteira adquiridos e aplicalos á Criptografía. A1
A3
B3
Coñecer os conceptos básicos da Álxebra Lineal: Sistemas de Ecuacións Lineais, Espazos Vectoriais, Matrices e Aplicacións Lineais. A1
Utilizar métodos lineais para modelizar e resolver procesos relativos á informática e baseados en situacións reais. A1
B6
C6
Coñecer as definicións e principios básicos da Teoría de Códigos relacionados coa Álxebra Lineal. A1
Saber simular os procesos de codificación e descodificación mediante técnicas matriciais. A1
B6
C6
Entender e manexar a linguaxe matemática de forma correcta para expresar as ideas. A1
C1
Desenvolver unhas mínimas capacidades de abstracción, concreción, concisión, imaxinación, intuición, razoamento, crítica, obxectividade, síntese e precisión, para utilizalas en calquera momento da actividade académica ou laboral, co fin de poder afrontar con garantías de éxito os problemas que se formulen. B3
C7
Saber aplicar os conceptos fundamentais da materia e saber relacionar os conceptos matemáticos cos algorítmicos e computacionais. A1
C6
Adquirir ferramentas e destrezas para resolver os problemas de forma axeitada. Expresar e interpretar de forma precisa os resultados obtidos. Verificar o resultado e, en caso de obter unha incongruencia, revisar o proceso para detectar o erro cometido. A1
B6
C1
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Aritmética modular e aplicación á Criptografía. Nocións básicas de aritmética enteira. Algoritmo de Euclides. Números primos. Ecuacións diofánticas lineais. Congruencias. Aritmética modular.
Definición de criptosistema. Criptografía clásica. Criptografía simétrica e asimétrica. Exemplos de criptosistemas.
Sistemas de numeración. Criterios de divisibilidade.
Tema 2: Sistemas de Ecuacións Lineais, Matrices e Determinantes. Definición e propiedades dos sistemas de ecuacións lineais. Sistemas escalonados. Método de Gauss. Matrices. Operacións con matrices. Redución a forma graduada. Matriz invertible. Determinante dunha matriz cadrada, propiedades. Regra de Cramer.
Tema 3: Espazos Vectoriais. Definición e propiedades dos espazos vectoriais. Bases e coordenadas. Dimensión. Rango dun conxunto de vectores e rango dunha matriz. Cálculo do rango. Cambio de base. Teorema de Rouché-Frobenius.
Tema 4: Aplicacións Lineais. Definición e propiedades das aplicacions lineais. Núcleo e imaxe de unha aplicación lineal. Matriz asociada a unha aplicación lineal. Teorema da dimensión.
Tema 5: Códigos Lineais. Definición de códigos lineais. Parámetros de un código lineal. Distancia e peso de Hamming. Matriz xeneradora, matriz control de paridade. Corrección de erros en códigos lineais. Códigos de Hamming binarios.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 C6 C7 30 45 75
Prácticas de laboratorio A1 B3 B6 C1 C6 20 30 50
Proba obxectiva A1 B3 C1 3 0 3
Aprendizaxe colaborativa A1 B3 C1 C7 6 11 17
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A través da plataforma virtual da universidade, porase a disposición do alumnado a información detallada dos contidos de cada tema co fin de que cada alumno/a configúrese, segundo o seu criterio e necesidades, o material adecuado para o seguimento e comprensión da materia, para iso poderá facer uso da bibliografía recomendada e/ou material dispoñible na rede. As clases teóricas e prácticas iranse desenvolvendo de forma simultánea na aula, realizando exercicios despois das explicacións teóricas, a un ritmo adecuado para a total comprensión dos contidos co fin de lograr os obxectivos propostos. Buscarase unha presentación das técnicas formais por medio de exemplos, con énfases en cálculos concretos e na natureza algorítmica dalgunhas delas. Perseguirase que os alumnos sexan capaces de obter conclusións do resultado estudados, tentando motivar aos alumnos para que participen e sexan capaces de inferir conclusións que poidan resultar máis ou menos evidentes.
Prácticas de laboratorio Ao inicio de cada tema facilitaráselle os alumnos un boletín de exercicios relacionados cos contidos teóricos explicados nas clases de teoría. Nestas sesións preténdese:
I) incentivar o alumno mediante a resolución de exercicios, coa axuda do profesor, para reforzar a comprensión dos conceptos estudados,
II) fomentar a resolución razoada dos exercicios, evitando a utilización de "receitas".
Dependendo do tema e dos recursos dispoñibles, formularanse traballos con programas informáticos que reforcen os conceptos traballados en clases teóricas e de exercicios.

Xunto co boletín de exercicios indicaranse aos estudantes os obxectivos ou resultados de aprendizaxe que deben conseguir ao finalizar o tema.
Proba obxectiva Realizarase un exame escrito que consistirá nunha colección de cuestións teóricas e/ou de problemas (do mesmo tipo que os propostos nos seminarios(TGR) e nos boletíns de exercicios).
Aprendizaxe colaborativa Ao longo do curso dedicaranse dez horas aproximadamente para que os alumnos formulen as dúbidas sobre os conceptos, exercicios e procedementos vistos nas sesións de teoría e problemas. Así mesmo pódense formular pequenos proxectos ou a resolución de exercicios en grupos reducidos de alumnos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Os alumnos teñen a posibilidade de revisar a cualificación obtida na proba final escrita, comprobando que esta se axusta aos criterios de avaliación establecidos.

Así mesmo, xustificaranse as avaliacións das respostas ás cuestións e exercicios formulados durante o curso, coas indicacións adecuadas co fin de corrixir os erros e/ou mellorar as respostas con vistas a unha formación máis sólida.

Nas sesións en grupos reducidos, resólvense de forma individualizada as dúbidas formuladas polos alumnos, en especial cando sexan comúns a varios deles ou ilustren un caso interesante. Se a cuestión é máis particular ou non queda plenamente resolta para algún alumno, trataríase nas horas de titoría individualizada.

Alumnos matriculados a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e as posibilidades do profesorado encargado do grupo ao que estea asignado un alumno matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito alumno poida obter a mesma cualificación que un alumno de matrícula ordinaria.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 B3 B6 C1 C6 Ao longo do curso realizarase unha avaliación dos distintos temas onde se formularán preguntas sobre as definicións dos conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares aos do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta ás cuestións e exercicios formulados así como a presentación e claridade da exposición realizada.
Poderase valorar unha actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en grupo reducido.

A nota obtida neste apartado será a mesma nas dúas oportunidades da convocatoria do curso académico.
20
Proba obxectiva A1 B3 C1 Ao final do curso realizararase unha proba escrita. Esta proba inclúe:
- Preguntas curtas que permitan valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos.
- Problemas cun grao de dificultade semellante aos realizados na aula e aos presentados nas coleccións de exercicios propostos.
Avaliarase o dominio dos conceptos teóricos da materia, a comprensión dos mesmos e a súa aplicación na resolución de exercicios. Asimesmo, valorarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos.

A presentación á proba final do curso supón que o estudante completou o proceso de avaliación continua.

Hai que obter máis de 3 puntos, dos 8 posibles, na proba obxectiva para sumar a ésta a cualificación de evaluación continua (a cualificación final, neste caso, obténse sumando a cualificación da poeba obxectiva e a da avaliación continua). Noutro caso, a cualificación final do alumno é a nota da proba obxectiva.
80
 
Observacións avaliación
Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e as posibilidades do profesorado encargado do grupo ao que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria.

Na oportunidade adiantada a decembro, o exame cualificarase sobre dez puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia.



Fontes de información
Bibliografía básica Grossman, S. I. (1996). Álgebra lineal con aplicaciones. McGraw-Hill Interamericana México.
Merino, L. y Santos, E. (2006). Álgebra Lineal con Métodos Elementales. Thomson.
Lay, D. C. (2007). Algebra Lineal y sus Aplicaciones. Prentice Hall
Rosen, K. H. (2003). Discrete Mathematics and Its Applications. McGraw-Hill
Grossman, S. I. (1994). Elementary Linear Algebra with Applications. Wiley
Cameron, P. J. (1998). Introduction to Algebra. Oxford University Press, Oxford.
Lay, D. C. (2011). Linear Algebra and Its Applications. Pearson
Biggs, N. L. (1994). Matemática Discreta. Madrid, Vicens Vives.
Rosen, K. H. (2004). Matemática Discreta y sus aplicaciones. McGraw-Hill Interamericana.

Bibliografía complementaria Nakos, G. y Joyner, D. (1999). Álgebra lineal con aplicaciones. Thomson.
Hernández, E. (1994). Álgebra y Geometría. Addison-Wesley.
Lidl, R. y Pilz, G. (1998). Applied Abstract Algebra. Nueva York, Springer.
Rojo, J. y Martín, I. (2005). Ejercicios y problemas de Álgebra Lineal. McGraw-Hill.
Torrecilla Jover, B. (1999). Fermat. El Mago de los Números. Nivola.
Van Lint, J. H. (1999). Introduction to Coding Theory. Berlín, Springer.
Nakos, G. y Joyner, D. (1998). Linear Algebra with Applications. Brooks Cole Publising
Singh, S. (2000). Los Códigos Secretos. Debate


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemática Discreta/614G01004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías