Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión de Proxectos Código 614G01021
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Matemáticas
Coordinación
Andrade Garda, Javier
Correo electrónico
javier.andrade@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Javier
Carpente Rodriguez, Maria Luisa
García Jurado, Ignacio
Suárez Garaboa, Sonia Maria
Correo electrónico
javier.andrade@udc.es
luisa.carpente@udc.es
ignacio.garcia.jurado@udc.es
sonia.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia aborda aspectos altamente relevantes para calquera graduado en enxeñaría informática: a planificación de proxectos e o seu seguimento, así como a xestión de riscos e a programación lineal e enteira aplicada á planificación de proxectos. Por último, tamén se introduce a xestión das configuracións software. Máis concretamente, búscase que o alumno entenda que o proceso de enxeñaría debe estar gobernado, entre outros, fundamentalmente por criterios de organización e de xestión.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
E-mail: Empregada diariamente baixo demanda para a atención de dúbidas individuais e grupais vencelladas a teoría, TGR e prácticas.
Moodle: Canle principal diaria para a materia, tanto para teoría (material docente, complementario, etc.) como para prácticas e TGR. Tamén empregada para os avisos da materia.
Teams: Empregada na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Facultade para impartir os novos contidos de xeito síncrono. Tamén para atender titorías baixo demanda de xeito síncrono.

4. Modificacións na avaliación
Ningunha

*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos criterios que figuran na guía docente, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Capacidade para planificar, concibir, despregar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en todos os ámbitos, liderando a súa posta en marcha e a súa mellora continua e valorando o seu impacto económico e social.
A9 Capacidade para comprender a importancia da negociación, os hábitos de traballo efectivos, o liderado e as habilidades de comunicación en todos os contornos de desenvolvemento de sóftware
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber realizar a planificación dun proxecto, a xestión dos seus recursos e os seus riscos, así como o seguimento deste. A8
B1
B2
B3
B4
C1
Coñecer técnicas de modelado e optimización de proxectos, determinación do camiño crítico, nivelación e asignación de recursos. A8
B1
B2
B3
B4
C1
Saber empregar ferramentas de apoio á planificación e xestión de proxectos. A8
B1
B2
B3
B4
C1
Aprender técnicas efectivas de comunicación interpersoal e de negociación. A9
B1
B2
B3
C1

Contidos
Temas Subtemas
Teoría Tema 1. É mellorable o proceso software seguido? Como?
Práctica de planificación e seguimento de proxectos: Enunciado
Tema 2. Ciclos de vida e vinculación coa xestión de proxectos
Tema 3. Planificación e seguimento de proxectos
Tema 4. Técnicas de comunicación interpersoal e negociación
Tema 5. Xestión de riscos
Tema 6. Programación lineal e enteira
Tema 7. Xestión da configuración software
Práctica Práctica de planificación e seguimento de proxectos: Realización
Práctica de planificación e seguimento de proxectos: Exposición e defensa pública
Exercicios de programación lineal e enteira
Práctica de programación lineal e enteira: Aplicación dos modelos de programación lineal e enteira á planificación de proxectos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A8 A9 B1 B2 B3 B4 C1 20 20 40
Presentación oral B1 B2 B3 B4 C1 2 12 14
Proba obxectiva A8 A9 B1 B3 B4 C1 2 10 12
Sesión maxistral A8 A9 B3 B4 30 30 60
Traballos tutelados A8 A9 B1 B2 B3 B4 C1 8 16 24
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As clases de prácticas dedicaranse a realizar as prácticas e exercicios vinculados ao temario exposto a través do método maxistral, manexando ferramentas informáticas de soporte.
Presentación oral A práctica de planificación e seguimento de proxectos será exposta e defendida diante do profesor e os alumnos a través dunha presentación oral desta.
Proba obxectiva Exame escrito para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.
Sesión maxistral O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas.
Traballos tutelados O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar a práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
O traballo autónomo fundamentalmente permite aos alumnos o desenvolvemento detallado das prácticas e o coñecemento e manexo das ferramentas informáticas de soporte anteriormente mencionadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Presentación oral
Descrición
Combinarase o método expositivo maxistral coas prácticas sobre ordenador, nas que se conxurará o traballo autónomo e en grupo tutelado.

O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas.

As clases de prácticas dedicaranse a realizar as prácticas e exercicios vinculados ao temario exposto a través do método maxistral, manexando ferramentas informáticas de soporte.

O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar a práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.

A práctica de planificación e seguimento de proxectos será exposta e defendida diante do profesor e os alumnos a través dunha presentación oral desta.

En todo momento se fomentará a participación dos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A9 B1 B3 B4 C1 Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame escrito individual. A parte teórica da proba supón o 40% desta. A parte práctica supoñerá o 60% restante. 60
Prácticas de laboratorio A8 A9 B1 B2 B3 B4 C1 Valorarase:
- Nivel técnico da práctica.
- Completitude, claridade e xustificacións da práctica.
- Dominio dos coñecementos adquiridos.
- Participación activa na práctica.
40
Presentación oral B1 B2 B3 B4 C1 Este epígrafe valorarase conxuntamente co epígrafe de prácticas, posto que é a exposición da práctica de planificación e seguimento de proxectos. Concretamente, prestarase especial atención a:
- Completitude, claridade e axeitada exposición da práctica.
- Defensa do traballo realizado ante preguntas efectuadas no acto de presentación oral da práctica.
0
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é constatar que os alumnos posúen as competencias fundamentais necesarias e realizarase en varios momentos temporais distintos:

- Durante a realización da práctica de planificación e seguimento de proxectos, mediante probas obxectivas nas que se avaliará o dominio dos coñecementos postos en práctica ata ese momento e a súa exposición e defensa final.

- Ao finalizar o curso, mediante un exame escrito individual, que conterá unha parte teórica e unha parte práctica.

A nota final de cada alumno obterase segundo o indicado a continuación, á cal se lle sumará linealmente (ata 1 punto) a nota obtida por prácticas optativas: 

- Exame escrito individual: 60% (correspondendo o 40% á parte teórica e o 60% á parte práctica).

- Práctica de planificación e seguimento de proxectos: 40%.

As prácticas optativas serán relativas ao temario de programación lineal e enteira. As devanditas prácticas poderán supoñer ata 1 punto adicional e non será necesario que os alumnos as realicen para aprobar a materia.

Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación global mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as seguintes restricións:

- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 na práctica de planificación e seguimento de proxectos.

- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 (sumando parte teórica e práctica segundo as porcentaxes indicadas) no exame escrito individual.

En caso de que non se cumprise algún mínimo dos anteriores e a nota final calculada como se indicou superase o 4.0, a nota que figurará para a materia será un 4.0.

Aspectos a ter en conta:

- Os grupos de alumnos para realizar as prácticas formaranse baixo as directrices dos profesores.

- A exposición e defensa da práctica de planificación e seguimento de proxectos será pública en horario oficial da materia e a estes actos deberán asistir todos os alumnos que teñan o devandito horario, que poderán facer preguntas, comentarios ou suxestións. Neste acto asignarase un tempo para que falen todos os membros do grupo e outro tempo para preguntas, críticas, comentarios e/ou suxestións do profesor e do resto de alumnos.

- Na avaliación da práctica de planificación e seguimento de proxectos valorarase o nivel técnico do traballo e a completitude, claridade e exposición deste.

- A nota asignada á práctica de planificación e seguimento de proxectos inicialmente será a que reciban todos os membros do grupo que a defendan, sen prexuízo de modificación sobre a base da participación activa individual de cada un.

- Na avaliación das prácticas optativas valorarase a capacidade de modelar unha situación de conflito nun proxecto e resolvela, mediante o software recomendado, así como interpretar de xeito axeitado a devandita solución.

Os alumnos que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais desta mediante a realización dun novo exame suxeito ás restricións indicadas anteriormente. Ademais, aqueles alumnos que non superasen a práctica de planificación e seguimento de proxectos deberán someterse de novo ó mesmo proceso de avaliación desta práctica exposto anteriormente (previa comunicación aos profesores da materia).


Fontes de información
Bibliografía básica Steve McConnell (). Desarrollo y gestión de proyectos informáticos. McGraw-Hill
Ted Klastorin (2010). Gestión de proyectos con casos prácticos, ejercicios resueltos, Microsoft Project, Risk y hojas de cálculo. Profit Editorial
Roger S. Pressman (). Ingeniería del Software. Un Enfoque Práctico. McGraw-Hill
Quintín Martín Martín (2003). Investigación operativa. Pearson educación
Quintín Martín Martín; Mª Teresa Santos Martín; Yanira del Rosario de Paz Santana (2005). Investigación operativa. Problemas y ejercicios resueltos. Pearson educación
Ian Sommerville (). Software engineering. Pearson

- “IEEE standard for software configuration management plans”. Estándar IEEE 828-1990.

- “IEEE guide to software configuration management”. Guía IEEE 1042-1987.

- “Planificación asistida por ordenador: Microsoft Project Professional 2019”. Javier Andrade Garda e Sonia M. Suárez Garaboa. Repronor. 2020.

- Manuais de usuario da ferramenta MS-Project 2019.

Bibliografía complementaria

- “Ingeniería del software. Aspectos de gestión. Tomo 1: Conceptos básicos, teoría, ejercicios y herramientas”. Román López-Cortijo y García e Antonio de Amescua Seco. Instituto Ibérico de la Industria del Software (www.iiis.es).

- “Project management práctico. Técnicas, herramientas y documentos”. J. Eduardo Caamaño. Ed. Círculo rojo-Docencia (www.pmpractico.com).

- “Calidad de sistemas informáticos”. Mario G. Piattini Velthius, Félix O. García Rubio e Ismael Caballero Muñoz-Reja. Ra-Ma.

- “La calidad del software y su medida”. Jesús Mª Minguet Melián e Juan F. Hernández Ballesteros. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces.

- “Interfaces, técnicas y prácticas. MÉTRICA versión 3”. Ministerio das Administracións Públicas: http://www.csi.map.es/csi/metrica3/.

- Software Engineering Institute (SEI): http://www.sei.cmu.edu/.

- European Software Institute (ESI-Tecnalia): http://www.tecnalia.com/es/.

- "Introducción a la Investigación de Operaciones". F. Hillier; G. Lieberman. McGraw-Hill. 2006.

- "Investigación de Operaciones. Aplicaciones y Algoritmos". Wayne L. Winston. Thomson. 2004.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística/614G01008
Administración e Xestión de Organizacións/614G01009
Álxebra/614G01010
Proceso Software/614G01019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Aseguramento da Calidade/614G01028

Materias que continúan o temario
Proxectos de Desenvolvemento Software/614G01087

Observacións

A materia ten un carácter eminentemente práctico, polo que é fundamental que os alumnos saiban aplicar os coñecementos teóricos aprendidos á práctica.

Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría, práctica e TGR que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías