Identifying Data 2020/21
Subject (*) Project Management Code 614G01021
Study programme
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Matemáticas
Coordinador
Andrade Garda, Javier
E-mail
javier.andrade@udc.es
Lecturers
Andrade Garda, Javier
Carpente Rodriguez, Maria Luisa
García Jurado, Ignacio
Suárez Garaboa, Sonia Maria
E-mail
javier.andrade@udc.es
luisa.carpente@udc.es
ignacio.garcia.jurado@udc.es
sonia.suarez@udc.es
Web
General description Esta materia aborda aspectos altamente relevantes para calquera graduado en enxeñaría informática: a planificación de proxectos e o seu seguimento, así como a xestión de riscos e a programación lineal e enteira aplicada á planificación de proxectos. Por último, tamén se introduce a xestión das configuracións software. Máis concretamente, búscase que o alumno entenda que o proceso de enxeñaría debe estar gobernado, entre outros, fundamentalmente por criterios de organización e de xestión.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
E-mail: Empregada diariamente baixo demanda para a atención de dúbidas individuais e grupais vencelladas a teoría, TGR e prácticas.
Moodle: Canle principal diaria para a materia, tanto para teoría (material docente, complementario, etc.) como para prácticas e TGR. Tamén empregada para os avisos da materia.
Teams: Empregada na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Facultade para impartir os novos contidos de xeito síncrono. Tamén para atender titorías baixo demanda de xeito síncrono.

4. Modificacións na avaliación
Ningunha

*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos criterios que figuran na guía docente, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A8 Capacidade para planificar, concibir, despregar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en todos os ámbitos, liderando a súa posta en marcha e a súa mellora continua e valorando o seu impacto económico e social.
A9 Capacidade para comprender a importancia da negociación, os hábitos de traballo efectivos, o liderado e as habilidades de comunicación en todos os contornos de desenvolvemento de sóftware
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Saber realizar a planificación dun proxecto, a xestión dos seus recursos e os seus riscos, así como o seguimento deste. A8
B1
B2
B3
B4
C1
Coñecer técnicas de modelado e optimización de proxectos, determinación do camiño crítico, nivelación e asignación de recursos. A8
B1
B2
B3
B4
C1
Saber empregar ferramentas de apoio á planificación e xestión de proxectos. A8
B1
B2
B3
B4
C1
Aprender técnicas efectivas de comunicación interpersoal e de negociación. A9
B1
B2
B3
C1

Contents
Topic Sub-topic
Teoría Tema 1. É mellorable o proceso software seguido? Como?
Práctica de planificación e seguimento de proxectos: Enunciado
Tema 2. Ciclos de vida e vinculación coa xestión de proxectos
Tema 3. Planificación e seguimento de proxectos
Tema 4. Técnicas de comunicación interpersoal e negociación
Tema 5. Xestión de riscos
Tema 6. Programación lineal e enteira
Tema 7. Xestión da configuración software
Práctica Práctica de planificación e seguimento de proxectos: Realización
Práctica de planificación e seguimento de proxectos: Exposición e defensa pública
Exercicios de programación lineal e enteira
Práctica de programación lineal e enteira: Aplicación dos modelos de programación lineal e enteira á planificación de proxectos

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Laboratory practice A8 A9 B1 B2 B3 B4 C1 20 20 40
Oral presentation B1 B2 B3 B4 C1 2 12 14
Objective test A8 A9 B1 B3 B4 C1 2 10 12
Guest lecture / keynote speech A8 A9 B3 B4 30 30 60
Supervised projects A8 A9 B1 B2 B3 B4 C1 8 16 24
 
Personalized attention 0 0
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Laboratory practice As clases de prácticas dedicaranse a realizar as prácticas e exercicios vinculados ao temario exposto a través do método maxistral, manexando ferramentas informáticas de soporte.
Oral presentation A práctica de planificación e seguimento de proxectos será exposta e defendida diante do profesor e os alumnos a través dunha presentación oral desta.
Objective test Exame escrito para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.
Guest lecture / keynote speech O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas.
Supervised projects O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar a práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
O traballo autónomo fundamentalmente permite aos alumnos o desenvolvemento detallado das prácticas e o coñecemento e manexo das ferramentas informáticas de soporte anteriormente mencionadas.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Laboratory practice
Oral presentation
Description
Combinarase o método expositivo maxistral coas prácticas sobre ordenador, nas que se conxurará o traballo autónomo e en grupo tutelado.

O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas.

As clases de prácticas dedicaranse a realizar as prácticas e exercicios vinculados ao temario exposto a través do método maxistral, manexando ferramentas informáticas de soporte.

O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar a práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.

A práctica de planificación e seguimento de proxectos será exposta e defendida diante do profesor e os alumnos a través dunha presentación oral desta.

En todo momento se fomentará a participación dos alumnos.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A8 A9 B1 B3 B4 C1 Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame escrito individual. A parte teórica da proba supón o 40% desta. A parte práctica supoñerá o 60% restante. 60
Laboratory practice A8 A9 B1 B2 B3 B4 C1 Valorarase:
- Nivel técnico da práctica.
- Completitude, claridade e xustificacións da práctica.
- Dominio dos coñecementos adquiridos.
- Participación activa na práctica.
40
Oral presentation B1 B2 B3 B4 C1 Este epígrafe valorarase conxuntamente co epígrafe de prácticas, posto que é a exposición da práctica de planificación e seguimento de proxectos. Concretamente, prestarase especial atención a:
- Completitude, claridade e axeitada exposición da práctica.
- Defensa do traballo realizado ante preguntas efectuadas no acto de presentación oral da práctica.
0
 
Assessment comments

O obxectivo da avaliación é constatar que os alumnos posúen as competencias fundamentais necesarias e realizarase en varios momentos temporais distintos:

- Durante a realización da práctica de planificación e seguimento de proxectos, mediante probas obxectivas nas que se avaliará o dominio dos coñecementos postos en práctica ata ese momento e a súa exposición e defensa final.

- Ao finalizar o curso, mediante un exame escrito individual, que conterá unha parte teórica e unha parte práctica.

A nota final de cada alumno obterase segundo o indicado a continuación, á cal se lle sumará linealmente (ata 1 punto) a nota obtida por prácticas optativas: 

- Exame escrito individual: 60% (correspondendo o 40% á parte teórica e o 60% á parte práctica).

- Práctica de planificación e seguimento de proxectos: 40%.

As prácticas optativas serán relativas ao temario de programación lineal e enteira. As devanditas prácticas poderán supoñer ata 1 punto adicional e non será necesario que os alumnos as realicen para aprobar a materia.

Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación global mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as seguintes restricións:

- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 na práctica de planificación e seguimento de proxectos.

- É necesario ter un mínimo de 4.5 puntos sobre 10 (sumando parte teórica e práctica segundo as porcentaxes indicadas) no exame escrito individual.

En caso de que non se cumprise algún mínimo dos anteriores e a nota final calculada como se indicou superase o 4.0, a nota que figurará para a materia será un 4.0.

Aspectos a ter en conta:

- Os grupos de alumnos para realizar as prácticas formaranse baixo as directrices dos profesores.

- A exposición e defensa da práctica de planificación e seguimento de proxectos será pública en horario oficial da materia e a estes actos deberán asistir todos os alumnos que teñan o devandito horario, que poderán facer preguntas, comentarios ou suxestións. Neste acto asignarase un tempo para que falen todos os membros do grupo e outro tempo para preguntas, críticas, comentarios e/ou suxestións do profesor e do resto de alumnos.

- Na avaliación da práctica de planificación e seguimento de proxectos valorarase o nivel técnico do traballo e a completitude, claridade e exposición deste.

- A nota asignada á práctica de planificación e seguimento de proxectos inicialmente será a que reciban todos os membros do grupo que a defendan, sen prexuízo de modificación sobre a base da participación activa individual de cada un.

- Na avaliación das prácticas optativas valorarase a capacidade de modelar unha situación de conflito nun proxecto e resolvela, mediante o software recomendado, así como interpretar de xeito axeitado a devandita solución.

Os alumnos que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais desta mediante a realización dun novo exame suxeito ás restricións indicadas anteriormente. Ademais, aqueles alumnos que non superasen a práctica de planificación e seguimento de proxectos deberán someterse de novo ó mesmo proceso de avaliación desta práctica exposto anteriormente (previa comunicación aos profesores da materia).


Sources of information
Basic Steve McConnell (). Desarrollo y gestión de proyectos informáticos. McGraw-Hill
Ted Klastorin (2010). Gestión de proyectos con casos prácticos, ejercicios resueltos, Microsoft Project, Risk y hojas de cálculo. Profit Editorial
Roger S. Pressman (). Ingeniería del Software. Un Enfoque Práctico. McGraw-Hill
Quintín Martín Martín (2003). Investigación operativa. Pearson educación
Quintín Martín Martín; Mª Teresa Santos Martín; Yanira del Rosario de Paz Santana (2005). Investigación operativa. Problemas y ejercicios resueltos. Pearson educación
Ian Sommerville (). Software engineering. Pearson

- “IEEE standard for software configuration management plans”. Estándar IEEE 828-1990.

- “IEEE guide to software configuration management”. Guía IEEE 1042-1987.

- “Planificación asistida por ordenador: Microsoft Project Professional 2019”. Javier Andrade Garda e Sonia M. Suárez Garaboa. Repronor. 2020.

- Manuais de usuario da ferramenta MS-Project 2019.

Complementary

- “Ingeniería del software. Aspectos de gestión. Tomo 1: Conceptos básicos, teoría, ejercicios y herramientas”. Román López-Cortijo y García e Antonio de Amescua Seco. Instituto Ibérico de la Industria del Software (www.iiis.es).

- “Project management práctico. Técnicas, herramientas y documentos”. J. Eduardo Caamaño. Ed. Círculo rojo-Docencia (www.pmpractico.com).

- “Calidad de sistemas informáticos”. Mario G. Piattini Velthius, Félix O. García Rubio e Ismael Caballero Muñoz-Reja. Ra-Ma.

- “La calidad del software y su medida”. Jesús Mª Minguet Melián e Juan F. Hernández Ballesteros. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces.

- “Interfaces, técnicas y prácticas. MÉTRICA versión 3”. Ministerio das Administracións Públicas: http://www.csi.map.es/csi/metrica3/.

- Software Engineering Institute (SEI): http://www.sei.cmu.edu/.

- European Software Institute (ESI-Tecnalia): http://www.tecnalia.com/es/.

- "Introducción a la Investigación de Operaciones". F. Hillier; G. Lieberman. McGraw-Hill. 2006.

- "Investigación de Operaciones. Aplicaciones y Algoritmos". Wayne L. Winston. Thomson. 2004.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Statistics/614G01008
Administration and Organizational Management/614G01009
Algebra/614G01010
Software Process/614G01019

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Quality Assurance/614G01028

Subjects that continue the syllabus
Software Development Projects/614G01087

Other comments

A materia ten un carácter eminentemente práctico, polo que é fundamental que os alumnos saiban aplicar os coñecementos teóricos aprendidos á práctica.

Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría, práctica e TGR que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.