Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Internet e sistemas distribuidos Código 614G01023
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Raposo Santiago, Juan
Correo electrónico
juan.raposo@udc.es
Profesorado
Álvarez Díaz, Manuel
Bellas Permuy, Fernando
Losada Perez, Jose
Montoto Castelao, Paula
Raposo Santiago, Juan
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
fernando.bellas@udc.es
jose.losada@udc.es
paula.montoto@udc.es
juan.raposo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura céntrase no desenvolvemento de aplicacións distribuidas. Utilízase un enfoque de deseño multicapa, no que en primeiro lugar se deseña unha capa de acceso de datos, posteriormente unha capa de lóxica de negocio (capa modelo) e, finalmente, unha capa que expán a funcionalidade da aplicación como un servicio que pode ser empregado por outras aplicacións. Explícanse tamén os principais estilos arquitectónicos para deseñar aplicacións distribuidas: RPC e REST. Para ilustrar todos estes conceptos xeráis, empregaránse tecnoloxías utilizadas habitualmente na industria para estes propósitos, como JDBC, XML, JSON, Servlets, HTTP e SOAP. O enfoque da asignatura é fundamentalmente práctico, polo que se proporcionan múltiples exemplos de código durante as clases teóricas, e a práctica ten un forte impacto na nota final da asignatura.

Competencias do título
Código Competencias do título
A17 Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura dos sistemas distribuídos, as redes de computadores e internet, e deseñar e implementar aplicacións baseadas nelas.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura dos sistemas distribuídos, as redes de computadores e Internet, e deseñar e implementar aplicacións baseadas nelas. A17
B1
B3
C2
C3
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Introducción Tema 1. Introducción ó Desenvolvemento de Aplicacións Empresariais
Bloque II. Deseño da Capa Modelo Tema 2. JDBC
Tema 3. Deseño e Implementación da Capa Modelo
Tema 4. Probas de Integración da Capa Modelo
Bloque 3. Deseño de Aplicacións Distribuidas Tema 5. Linguaxes de Intercambio de Datos: XML e JSON
Tema 6. Deseño e Implementación de Servizos Web REST
Tema 7. Deseño e Implementación de Servizos Web SOAP

Bloque 4. Interfaces gráficas web Tema 8. Introducción ó Desenvolvemento de Aplicacións Web

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A17 B3 C6 30 22 52
Prácticas de laboratorio A17 B1 B3 C2 C3 28 36 64
Proba de resposta múltiple A17 B1 B3 C3 C6 2 5 7
Traballos tutelados A17 B1 B3 C3 C4 2 20 22
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases impartidas pólo profesor mediante a proxección de diapositivas. As clases teñen un enfoque práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As diapositivas e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están disponibles na páxina Web da asignatura en Campus Virtual
Prácticas de laboratorio Ó longo do cuatrimestre realízase unha práctica (en Java), en grupo, na que o alumno utiliza a maior parte dos coñecementos teóricos da asignatura de xeito integrado. A práctica realízase en dúas iteracións, sendo obrigatoria a entrega das dúas. Na corrección da primeria iteración, o profesor intenta garantir que o alumno enfoca ben a resolución da práctica. Para elo, o profesor tenta detectar erros importantes, e nese caso, orienta ó alumno cara a súa resolución. Na segunda iteración o alumno corrixe os erros detectados na primeira e engade as funcionalidades restantes.
Proba de resposta múltiple Farase un exame tipo test, co obxectivo de comprobar que o alumno asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan, e as contestadas erróneamente puntúan negativamente.
Traballos tutelados Propóñense traballos tutelados opcionais, consistentes en aplicar algunhas tecnoloxías ou técnicas de deseño adicionais á práctica. Requerirán que o alumno, de maneira autónoma, deba estudar esas tecnoloxías ou solucións de deseño adicionais e aplicalas á práctica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Tutorías e consultas vía correo electrónico para dúbidas específicas.
Presenza do profesor no laboratorio para contestar dúbidas da práctica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A17 B1 B3 C2 C3 A práctica estructúrase en 2 partes (chamadas iteracións). É obrigatorio presentar ambas iteracións. A corrección de cada iteración realízase mediante unha defensa dos membros do grupo co profesor. A corrección da primeira iteración non leva asociada unha nota, pero a súa entrega é obrigatoria, e debe obrigatoriamente cumprir cos requisitos establecidos no enunciado da práctica para a devandita iteración. O profesor pon a nota da práctica despóis da corrección da segunda iteración. 32
Proba de resposta múltiple A17 B1 B3 C3 C6 O examen será tipo test e pode constar tanto de cuestións directas como de pequenos problemas de deseño que o alumno debe resolver cos conceptos explicados en teoría e que foron usados na parte práctica. 60
Traballos tutelados A17 B1 B3 C3 C4 A realización dos traballos tutelados é opcional. Pódense presentar ca segunda iteración da práctica. 8
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na avaliación da práctica.
  • Un mínimo 4 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un
    mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 0,60*notaExame + 0,32*notaPractica + 0,08*notaTraballosTutelados.

No caso de alumnos matriculados a tempo parcial flexibilizaranse as horas de defensa de prácticas para adaptarse ós horarios laborais dos alumnos, sempre dentro do prazo máximo de entrega fixado para todos os alumnos.


Fontes de información
Bibliografía básica J. Crupi, D. Alur, D. Malks (2003). Core J2EE Patterns. Prentice-Hall
Martin Kalin (2009). Java Web Services: Up and Running. O'Reilly
Leonard Richardson, Sam Ruby (2007). RESTFul Web Services. O'Reilly
E. R. Harold, W. S. Means (2004). XML in a Nutshell: A Desktop Quick Reference, Third edition. O'Reilly
Recursos adicionais:

Tutorial JDBC:http://docs.oracle.com/javase/tutorial/jdbc/index.html

Tutorial Servlets:http://docs.oracle.com/javaee/6/tutorial/doc/bnafd.html

Introducing JSON: https://www.json.org/

JSON Schema Reference: https://json-schema.org/understanding-json-schema/reference/index.html

Bibliografía complementaria

E. Gamma, R. Helm, R. Johnson, J. Vlissides, Design Patterns: Elements of Reusable Object-Oriented Software, Addisson-Wesley, 1994.

H. Schildt, Java 8, Anaya Multimedia, 2015.

G. Booch, I. Jacobson, J. Rumbaugh, Unified Modeling Language User Guide, 2nd edition, Addison-Wesley, 2005.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases de Datos/614G01013
Deseño Software/614G01015
Redes/614G01017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Programación Avanzada/614G01030
Integración de Aplicacións/614G01080

Observacións

Para facilitar que os alumnos con matrícula a tempo parcial poidan cursar a materia, tódolos materiais teóricos e prácticos da asignatura estarán disponibles en liña na aplicación https://campusvirtual.udc.es



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías