Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Xestión de Infraestruturas Código 614G01025
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Dapena Janeiro, Adriana
Correo electrónico
adriana.dapena@udc.es
Profesorado
Carneiro Diaz, Victor Manuel
Castro Castro, Paula Maria
Dafonte Vazquez, Jose Carlos
Dapena Janeiro, Adriana
Garabato Míguez, Daniel
Iglesia Iglesias, Daniel Ismael
López Rivas, Antonio Daniel
Montoto Castelao, Paula
Correo electrónico
victor.carneiro@udc.es
paula.castro@udc.es
carlos.dafonte@udc.es
adriana.dapena@udc.es
daniel.garabato@udc.es
daniel.iglesia@udc.es
daniel.lopez@udc.es
paula.montoto@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Esta materia consta de dous módulos diferenciados. Na primeira parte da materia ou módulo I, preséntase ao estudante as características físicas das infraestruturas de telecomunicacións, tanto para redes con fíos coma sen fíos. Explícanse os conceptos fundamentais da transmisión de datos tales coma o ancho de banda, resposta en frecuencia, modulación, velocidade de transmisión entre outros.

Na segunda parte ou modulo II, introduce ao estudante os conceptos básicos de deseño, despregue, operación e mantemento dun centro de proceso de datos (CPD). Inclúe os fundamentos de deseño de espazos físicos para a súa localización, ferramentas e técnicas de deseño de cableado, sistemas de alimentación eléctrica, climatización, control de acceso e sistemas de vixilancia. Tamén se abordan os virtualización da infraestructua do CPD, tanto de servidores como de clientes. Estúdiase a organización e operación tradicional dun CPD. Finalmente, abórdase o estudo da normativa e regramentos que afectan a este tipo de instalacións.
Plan de continxencia Se non é posible levar a cabo a docencia de xeito presencial ou híbrido, non se alterarán nin os contidos nin a bibliografía recomendada. Para a atención personalizada, seguiranse os métodos telemáticos proporcionados no apartado correspondente desta guía.

As sesións maxistrais previstas na sección de metodoloxía docente cubriranse mediante a provisión na ferramenta de teleformación de vídeos curtos. Durante o horario de clases expositivas o profesor permanecerá conectado, a través de Teams, para aclarar os conceptos expostos nos videos e aclarar as dúbidas.

A realización das prácticas levarase a cabo de forma remota mediante a titorización continua do profesor, que usará os medios descritos no apartado de atención personalizada para este fin. Habilitaránse medios telemáticos para a súa entrega e defensa.

O tipo de proba (presencial ou remota) dependerá das recomendacións sanitarias.

Tampouco se modificará a avaliación e as porcentaxes especificadas no apartado correspondente desta guía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos que aseguren a súa fiabilidade, seguranza e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
A10 Capacidade para elaborar o prego de condicións técnicas dunha instalación informática que cumpra os estándares e as normativas vixentes.
A11 Coñecemento, administración e mantemento de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
A24 Coñecemento da normativa e a regulación da informática nos ámbitos nacional, europeo e internacional.
A37 Capacidade para analizar, avaliar, seleccionar e configurar plataformas hárdware para o desenvolvemento e execución de aplicacións e servizos informáticos.
A38 Capacidade para deseñar, despregar, administrar e xestionar redes de computadores.
A47 Capacidade para determinar os requisitos dos sistemas de información e comunicación dunha organización de acordo cos aspectos de seguridade e cumprimento da normativa e a lexislación vixente.
A48 Capacidade para participar activamente na especificación, deseño, implementación e mantemento dos sistemas de información e comunicación.
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
A55 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e saber aplicar a normativa e lexislación vixente relativa aos sistemas informáticos. Elaboración de pregos administrativos e técnicos para a adquisición de equipamento informático. A7
A10
A24
A37
A38
A47
A48
A53
A55
B1
B3
C2
C3
C6
C8
Administración, mantemento e operación de sistemas e redes de comunicacións. A7
A10
A11
A24
A37
A38
A47
A48
A53
A55
B1
B3
C2
C3
C6
C8
Deseño e dimensionado do hardware e equipamento necesario nun centro de proceso de datos A7
A10
A11
A24
A37
A38
A47
A48
A53
A55
B1
B3
C2
C3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Representación de sinais no dominio do tempo Concepto de sinal
Sinais básicas
Sinais senoidais
Operacións básicas con sinais
Convolución
Representación de sinais no dominio da frecuencia Concepto de Transformada de Fourier
Propiedades da Transformada de Fourier
Modulación e multiplexación
Filtrado
Sistemas de comunicación Dixitalización
Sistemas de comunicación dixital
Sistema de Xestión de Seguridad da Información Auditoría de seguridade da información
Sistema de Xestión da Seguridade da Información (SXSI)
ISO 27001
ISO 27002
Xestión de infraestructura de cliente Administración de equipos cliente: centralizado/distribuido
Arranque remoto: estándares e métodos de transmisión
Técnicas de clonación a través da rede de datos
Organización e operación do CPD Organigrama dun CPD
Funcións e competencias do persoal
Xestión de incidencias internas i externas (ITIL)
Documentación
Tratamento de residuos informáticos
Deseño e implantación dun centro de proceso de datos Deseño de un CDP (ANSI/TIA 942).
Tecnoloxías de redes de área local (LAN)
Redes de almacenamento (SAN)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 30 40 70
Proba obxectiva A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 3 0 3
Sesión maxistral A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 30 40 70
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Nas que o alumno verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor que lle permitirán profundar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da xestión de infraestruturas. As prácticas estarán prantexadas de maneira que faciliten a súa realización semi-presencial a aqueles alumnos que non poidan acudir ás sesións presenciais. Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, propoñeranse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de maneira opcional.
Proba obxectiva Proba ao final do cuadrimestre.
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Recomendarase aos estudantes que asistan á titoría como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e verificar o traballo que os estudantes están a realizar segundo as indicacións que se prestan, dependendo da práctica específica de que se trate.

Como ferramentas telemáticas para a atención en liña personalizada utilizaranse as facilitadas pola Universidade da Coruña. Ferramenta de correo electrónico, ferramenta de teleformación (moodle) e videoconferencia e ferramenta de traballo en equipo (equipos).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 [Módulo I] As prácticas TIC dos temas 1 a 3 serán avaliada cunha proba escrita que terá un peso de 1 punto. Na primeira oportunidade, a proba farase durante a última clase de teoría. Na segunda oportunidade, a data será a fixada no calendario.

[Módulo II] As prácticas obrigatorias do módulo II engadirán 1 punto e serán avaliadas antes do exame teórico, defendendo o traballo realizado diante do profesor, xa sexa de forma presencial ou telemáticamente. Na segunda oportunidade, a data de defensa non poderá ser posterior á proba de teoría e a forma de defensa será a mesma que para a primeira oportunidade.
20
Proba obxectiva A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 Proba escrita, que se celebrará na data fixada no calendario. Ademáis dos contidos levados a cabo nas sesións maxistrais, dentro de esta proba poderanse incluír cuestións sobre as prácticas.

Esta proba terá un peso de 4 puntos para cada módulo.
80
 
Observacións avaliación

A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas de todas as avaliacións (non existindo un mínimo do apartado de prácticas a través das TIC ou na proba obxectiva).

Para superar a materia é necesario ter unha cualificación superior ou igual a 2 puntos (sobre 5 puntos) en cada módulo e superior ou igual a 5 puntos (sobre 10 puntos) na materia. En caso de non superar 2 puntos en algúns dos módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é 4.0 puntos.

Tanto na primeira oportunidade como na segunda, o estudante poderá examinarse nas prácticas a través das TIC ou na proba obxectiva.

Na segunda oportunidade, poderán presentarse os estudantes que obtiveron a cualificación de SUSPENSO na primera oportunidade.

Convocatorias extraordinarias:

Examen de contidos teóricos, prácticos e problemas: 10 puntos

Estudantes con matrícula a tempo parcial:

Os estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.


Fontes de información
Bibliografía básica J. Kurose, K. Ross (2017). Computer Networking: A Top-Down Approach. Pearson Education Limited
Maurizio Portolani (2003). Data Center Fundamentals. CiscoPress
Charles E. Spurgeon (2000). Ethernet: The Definitive Guide. O'Reilly
Brady Orand (2009). Foundations of IT Service management with ITIL 2011. CreateSpace Independent Publishing Platform
Luis Gómez, Ana Andrés (2012). Guía de aplicación de la Norma UNE-ISO/IEC 27001 sobre seguridad en sistemas de información para pymes. AENOR
Nextel S.A. (2012). ISO/IEC 20000 para pymes. Cómo implantar un sistema de gestión de los servicios de tecnologías de la información. AENOR
Varios (2011). IT Infrastructure Library (serie de 5 libros). The Stationery Office
C. M. Fernández, M. Piattini (2012). Modelo para el gobierno de las TIC basado en las normas ISO. AENOR
Christian F Nissen (2012). Passing Your ITIL Foundation Exam. The Stationery Office
A. V. Oppenheim, A. S. Willsky (1997). Signals and Systems. Prentice-Hall

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Tecnoloxía Electrónica/614G01005
Bases de Datos/614G01013
Sistemas Operativos/614G01016
Redes/614G01017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Internet e sistemas distribuidos/614G01023
Lexislación e Seguridade Informática/614G01024

Materias que continúan o temario
Dispositivos Hardware e Interfaces/614G01032
Software de Comunicacións/614G01034
Procesamento Dixital da Información/614G01035
Redes Móbiles e Sen Fíos/614G01061
Administración de Redes/614G01213

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías