Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Arquitectura do Software Código 614G01026
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Castro Souto, Laura Milagros
Correo electrónico
laura.milagros.castro.souto@udc.es
Profesorado
Cabrero Souto, David
Castro Souto, Laura Milagros
Correo electrónico
david.cabrero@udc.es
laura.milagros.castro.souto@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia busca dominar as alternativas actuais da enxeñaría do software para o deseño de aplicacións e sistemas a nivel de arquitectura:
– Coñecendo as arquitecturas máis típicas e as súas características;
– Estudando os requerimentos non funcionais dos sistemas e a súa relación coa arquitectura; e
– Desenvolvendo e/ou estudando sistemas reais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías: non se realizarán cambios.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: non se realizarán cambios.

4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios.

5. Modificacións da bibliografía: non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A25 Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas sóftware que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan accesibles de desenvolver e manter, e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da enxeñaría do sóftware.
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
A28 Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos e técnicas propios da Enxeñaría do Software. A25
A28
Interpretar os problemas típicos da definición de arquitecturas software e as situacións nas que se presentan. A25
A27
A28
B2
B3
C4
C6
Definir e documentar especificacións, modelos e compoñentes da arquitectura dunha aplicación, atendendo aos seus requisitos, de xeito que se favoreza o seu mantemento e extensibilidade. A27
B1
B2
B3
B4
Aplicar con axilidade linguaxes de modelado. A28
Manexar ferramentas de definición e construción de aplicacións. C3
Validar a arquitectura dun sistema contra o seus requisitos. A25
Sintetizar os casos de éxito. A25
B3
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
Concepto de arquitectura software Definición de arquitectura software
Estruturas e vistas
- Notación
-- C4
-- Estándar IEEE 1471
Ciclo de vida e negocio da arquitectura software
Modelos e arquitecturas de referencia Parámetros de calidade en arquitectura software
Tipos de arquitecturas
- Arquitectura en capas
- Arquitectura de repositorio
- Arquitectura cliente/servidor (orientada a servizos)
- Arquitectura 'pipe and filter' (baseada en compoñentes)
- Arquitecturas distribuídas
-- Arquitecturas líder/traballadores
-- Arquitecturas cliente/servidor multicapa
-- Arquitecturas P2P
- Outras arquitecturas
-- Sistemas embebidos
-- Sistemas orientados a aspectos
Deseño e integración de compoñentes. Patróns arquitecturais. Estratexias de deseño
Patróns de arquitectura
Reutilización
- Sistemas COTS e legacy
- Estilos de integración
-- Transferencia de ficheiros
-- Compartición de fontes de datos
-- Invocación de procedemientos remotos
-- Paso de mensaxes
Reconstrucción / re-enxeñaría de sistemas
Trazabilidade e probas de integración Proceso de integración
Verificación e probas de integración
- Probas funcionais
- Probas non funcionais
Validación e usabilidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B3 21 21 42
Análise de fontes documentais B3 B4 C3 0 7 7
Prácticas de laboratorio A25 A27 A28 B1 B2 B4 C4 C6 15 30 45
Traballos tutelados A27 A28 B1 B3 B4 C3 C6 1.5 15 16.5
Debate virtual A28 B1 B3 C6 0 15 15
Foro virtual A27 A28 B3 B4 C3 C4 C6 0 7.5 7.5
Proba obxectiva A27 A28 B1 B3 C6 3 9 12
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais de exposición de nocións e conceptos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e recursos facilitados pola docente da asignatura na plataforma virtual (Moodle).
Análise de fontes documentais Lectura e comprensión por parte do estudantado de diferentes recursos proporcionados, ben encamiñados a favorecer o seguemento das sesións maxistrais, a documentar o debate virtual, ou ben destinados a axudar na realización de prácticas e traballos tutelados.
Prácticas de laboratorio Prácticas deseñadas pola docente da asignatura nas que o estudantado poida poñer en práctica os coñecementos a medida que os van adquirindo, de cara ao reforzo dos mesmos. Estas prácticas levaranse a cabo en grupos de tamaño por determinar, en función do número de estudantes matriculados.
Traballos tutelados Traballos propostos pola docente da asignatura e desenvolvidos polo estudantado, ben en grupo, ben individualmente. Estes traballos poderán ser avaliados ben nas titorías de grupos reducidos, ben nas sesións de titoría personalizada.
Debate virtual Sesións de debate de duración puntual realizadas a través da plataforma virtual (Moodle).
Foro virtual Exposición, de xeito colectivo e aberto, de preguntas e dúbidas relacionadas coa materia e xustificación de respostas en avaliación continua durante todo o cuadrimestre a través da plataforma virtual (Moodle).
Proba obxectiva Proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos adquiridos polo estudantado. Agárdase que se amosen tanto os coñecementos a nivel teórico, mediante a resposta a preguntas similares ás expostas nas clases maxistrais e nos debates virtuais, como os coñecementos aplicados, mediante a resolución de exercicios e problemas similares aos propostos nas prácticas de laboratorio e traballos tutelados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao estudantado comprende non só as clásicas titorías, presenciais ou virtuais, para a discusión de dúbidas, senón tamén as seguintes actuacións:

- Orientación e seguemento do labor realizado nos traballos e prácticas.
- Valoración da participación e implicación nas sesións de debate virtual e foros da materia.

A atención personalizada ao estudantado terá lugar de xeito continuo ao longo do cuadrimestre, empregando como vías preferentes de contacto o correo electrónico ou as ferramentas institucionais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 A27 A28 B1 B2 B4 C4 C6 Avaliación das prácticas realizadas de forma continua ao longo do curso. Malia que as prácticas se realizarán en grupos, cabe diferenciar dous compoñentes na avaliación das prácticas:

- Valoración do traballo en grupo, na que se califica o grao de coordinación, colaboración e compenetración entre os seus integrantes.
- Valoración persoal, na que se califica a aportación concreta de cada estudiante ao grupo.

Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:

- Rigor na consecución dos obxectivos perseguidos usando as técnicas propostas.
- Asimilación dos conceptos presentados.
- Orixinalidade nas propostas.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados ao efecto.
40
Proba obxectiva A27 A28 B1 B3 C6 Proba escrita dividida en dous bloques: cuestións teóricas e un problema de modelado. 40
Traballos tutelados A27 A28 B1 B3 B4 C3 C6 Valoraranse os seguintes aspectos:

- Dominio dos contidos dos traballos propostos.
- Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
20
 
Observacións avaliación

Considerarase necesario que o estudantado demostre equilibrio no
seu rendemento na proba obxectiva e nas prácticas de laboratorio.
Así, esixirase a cada persoa que a cualificación en ambas partes supere o 50% do seu peso relativo como condición imprescindible para a superación da materia. No caso de non acadar o mínimo esixido no exame de teoría, a cualificación final será a obtida no exame de teoría. En caso de non acadar o mínimo esixido nas prácticas de laboratorio, a cualificación final será un 4.

Na convocatoria de segunda oportunidade, a proba escrita poderá ir acompañada dunha actividade de avaliación das prácticas para aquelas persoas que non chegasen ao 50% na súa avaliación das mesmas na primeira oportunidade.

Dacordo coa normativa da UDC en relación ao estudantado matriculado a tempo parcial, o réxime de asistencia a clase non afectará negativamente ao proceso de avaliación, admitíndose nesta materia a dispensa académica para a asistencia solicitada polas canles institucionais habilitadas ao efecto. Porén, esta flexibilidade asistencial non eximirá da entrega de traballos tutelados e prácticas nos mesmos prazos fixados para o estudantado a tempo completo, toda vez que todos os anuncios e información de relevancia relacionada con estas constará por escrito no Moodle da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Hébert, Fred (2013). Learn you some Erlang for great good : a beginner's guide. No Starch Press
Bruce A. Tate [et al.] (2014). Seven more languages in seven weeks : languages that are shaping the future. The Pragmatic Boolshelf
Clements, Paul [et al.] (2003). Documenting software architectures : views and beyond. Addison-Wesley
Hohpe, Gregor (2004). Enterprise integration patterns designing, building and deploying messaging solutions. Addison-Wesley
Sommerville, Ian (2011). Ingeniería de software. Addison Wesley
Schmidt, Douglas [et al.] (2000). Pattern-oriented software architecture. John Wiley & Sons
Fowler, Martin (2003). Patterns of enterprise application architecture. Addison-Wesley
Bass, Len [et al.] (2003). Software architecture in practice. Addison-Wesley
Braude, Eric J. (2001). Software engineering an object-oriented perspective. John Wiley & Sons

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño Software/614G01015
Proceso Software/614G01019
Internet e sistemas distribuidos/614G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enxeñaría de Requisitos/614G01027
Aseguramento da Calidade/614G01028

Materias que continúan o temario
Marcos de Desenvolvemento/614G01052
Validación y Verificación del Software/614G01053
Ferramentas de Desenvolvemento/614G01054

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías