Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Enxeñaría de Requisitos Código 614G01027
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Rodriguez Rubio, Miguel Jose
Correo electrónico
miguel.rodriguez.rubio@udc.es
Profesorado
Rodriguez Rubio, Miguel Jose
Correo electrónico
miguel.rodriguez.rubio@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito da disciplina de análise de requisitos é: (1) establecer e manter un acordo cos clientes e outras partes interesadas sobre o que o sistema debe facer. (2) Proporcionar aos desarrolladores do sistema unha mellor comprensión dos requisitos do mesmo. (3) Definir os límites do sistema. (4) Proporcionar unha base para a planificación dos contidos técnicos de próximas iteraciones. (5) Proporcionar unha base para a estimación de custo e tempo para desenvolver o sistema e (6) Definir unha interfaz para o sistema, centrándose nas necesidades e obxectivos dos usuarios.

Nesta materia centrarémonos en describir o proceso de enxeñaría de requisitos seguindo a metodoloxía do Proceso Unificado e desenvolvendo artefactos propios da devandita metodoloxía para o tratamento dos requisitos: Documento de Visión, Especificación Suplementaria, Modelo de Casos de Uso, Diagrama Conceptual do Dominio, etc.

Tamén se exporá como desenvolver requisitos en metodoloxías áxiles como Scrum, comparando estas técnicas coas xa nomeadas do Proceso Unificado.


Competencias do título
Código Competencias do título
A26 Capacidade para valorar as necesidades do cliente e especificar os requisitos sóftware para satisfacer estas necesidades, reconciliando obxectivos en conflito mediante a procura de compromisos aceptables dentro das limitacións derivadas do custo, do tempo, da existencia de sistemas xa desenvolvidos e das propias organizacións.
A28 Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar a análise de requisitos como unha das fases do ciclo de vida do software A26
A28
B3
B4
C2
C6
C7
C8
Identificar o fluxo de traballo de requisitos nunha metodoloxía estándar como o Proceso Unificado A26
A28
B3
B4
C2
C6
C7
C8
Coñecer e saber aplicar os artefactos de enxeñaría de requisitos na Fase de Inicio do Proceso Unificado A26
A28
B1
B2
B3
B4
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Coñecer e saber aplicar os artefactos de enxeñaría de requisitos na Fase de Elaboración do Proceso Unificado A26
A28
B1
B2
B3
B4
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Coñecer as principais tarefas involucradas na xestión de requisitos: elicitación, negociación, validación, xestión de cambios, trazabilidade, etc. A26
A28
B1
B2
B3
B4
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Identificar o fluxo de traballo de requisitos nunha metodoloxía áxil como Scrum A26
A28
B1
B2
B3
B4
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Desenvolver un problema desde a súa especificación de requisitos inicial até o seu deseño e implementación nunha linguaxe orientada a obxectos como Java A26
A28
B1
B2
B3
B4
C2
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución • Introdución á enxeñaría de requisitos
• A enxeñaría de requisitos nas metodoloxías de desenvolvemento
• A enxeñaría de requisitos no Proceso Unificado
2. Os requisitos na fase de inicio • Características da fase de inicio
• Documento de visión
• Especificación suplementaria
• Glosario
3. Casos de uso • Obxectivos
• Actores
• Casos de uso
• Diagrama de casos de uso
• Problemas comúns con casos de uso
• Casos de uso no fluxo de requisitos
4. Os requisitos na fase de elaboración • Introducción
• Artefactos da fase de elaboración
• Modelo conceptual do dominio
• Modelado dinámico
5. Requisitos e Deseño • Modelo de deseño
• Patróns GRASP
• Realización de casos de uso
• Casos de uso e interfaces de usuario
6. Xestión de requisitos • Características dos requisitos
• Elicitación de requisitos
• Requisitos non ambiguos
• Verificación de requisitos
• Atributos dos requisitos
• Xestión de cambios
• Trazabilidade
7. Enxeñaría de requisitos nas metodoloxías áxiles • Introducción
• O Proceso Unificado Áxil
• Metodoloxía Scrum
• Casos de Uso vs. Historias de Usuario

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A26 B1 C7 21 51 72
Prácticas de laboratorio A28 B2 B4 C3 13 28 41
Traballos tutelados B3 C4 C6 C8 8 20 28
Proba obxectiva C2 3 0 3
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais nas que se expoñen os conceptos teóricos da materia utilizando como recursos a pizarra, a proxección de materiais en formato electrónico, apuntes en formato electrónico, consulta de páxinas web e outro tipo de materiais que estean dispoñibles no campus virtual
Prácticas de laboratorio Practicas realizadas en grupos nas que os estudantes poñen en práctica os coñecementos teóricos impartidos nas sesións maxistrais. As prácticas consistirán na realización das tarefas de enxeñaría de requisitos dun problema particular.
Traballos tutelados Traballos realizados en grupo nos que os estudantes poñen en práctica cómo transitar dende a especificación de requisitos realizada nas prácticas ata o deseño e a implementación final do software.
Proba obxectiva Proba escrita mediante a que se valoran os coñecementos adquiridos polo estudantado. Cada estudante deberá aplicar tanto os seus coñecementos tanto a nivel teórico coma a nivel práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada aos alumnos comprende:
- Tutorías presenciais
- Tutorías virtuais a través dos foros do campus virtual
- Seguimento do labor realizado nas prácticas de laboratorio e traballos tutelados
- Encontros personalizados para resolver dúbidas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva C2 Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.

A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia e tamén é obrigatorio obter unha nota mínima de 4 para poder facer media cos outros elementos avaliables.
50
Prácticas de laboratorio A28 B2 B4 C3 Realizaranse varias entregas de practicas ao longo do curso. O desenvolvemento é incremental e cada entrega estará baseada na anterior, polo que non é posible entregar unha práctica se non se entregou a anterior. 30
Traballos tutelados B3 C4 C6 C8 Os traballos tutelados continúan as prácticas e tamén seguen una metodoloxía incremental, polo que tampoco podense presentar sen ter presentado o traballo ou práctica anterior.

A calificación do último traballo, ao englobar ao resto de traballos e prácticas, considérase parte da avaliación final e entregarase coas calificacións finais da asignatura.
20
 
Observacións avaliación

En caso de non chegar á nota mínima na proba obxectiva, en calqueira das oportunidades, implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia.

Aspectos a ter en conta para a avaliación de segunda oportunidade (Xullo):

  • A nota das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados será a obtida na primeira oportunidade (non haberá entrega de prácticas ou traballos na segunda oportunidade).

Aspecto a ter en conta en caso de matrícula a tempo parcial:

  • Elimínase a obrigatoriedade de asistir as actividades nas que se poida esixir presencialidade, como son os TGRs. 

Fontes de información
Bibliografía básica Larman, Craig (2005). Applying UML and Patterns (3rd ed.). Pearson Education
James Rumbaugh y otros (). El Lenguaje Unificado de Modelado. Manual de Referencia. Addison Wesley
McLaughlin, Brett; Pollice, Gary & West, David (2007). Head First Object-Oriented Analysis & Design. O’Reilly Media
Alvarez, Alonso; De las Heras, Raquel; Lasa, Carmen (2002). Métodos ágiles y Scrum. Anaya Multimedia
Eckel, Bruce (2007). Piensa en Java (4ª ed.). Pearson Educación
Kruchten, Philippe (2004). The Rational Unified Process: An Introduction. Addison-Wesley
Cockburn, Alistair (2001). Writing effective use cases. Addison-Wesley

Se mantiene la bibliografía de los cursos anteriores para respetar la continuidad. Se añaden dos nuevas referencias bibliográficas fundamentales en la orientación actual de la asignatura.

Bibliografía complementaria Pilone, Dan & Miles, Russ (2008). Head First Software Development. O’Reilly Media
Adolph, Steve; Bramble, Paul (2002). Patterns for Effective Use Cases. Addison-Wesley Professional
Braude, Eric J.; Bernstein, Michael E. (2011). Software Engineering: Modern Approaches (2nd ed.). John Wiley and Sons
Larman, Craig (2002). UML y Patrones (2º ed.). Pearson Educación
Stevens, P. y Pooley, R. (2006). Using UML. Software Engineering with Objects and Components. Addison-Wesley Professional


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño Software/614G01015
Proceso Software/614G01019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Validación y Verificación del Software/614G01053

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías