Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Aseguramento da Calidade Código 614G01028
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Andrade Garda, Javier
Correo electrónico
javier.andrade@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Javier
Mato Abad, Virginia
Suárez Garaboa, Sonia Maria
Correo electrónico
javier.andrade@udc.es
virginia.mato@udc.es
sonia.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia aborda aspectos altamente relevantes para calquera graduado en enxeñaría informática: a introdución dos conceptos básicos e a cultura de calidade do software, así como modelos, estándares e métricas de calidade. Máis concretamente, búscase que o alumno entenda que o proceso de enxeñaría debe estar gobernado, entre outros, fundamentalmente por criterios de calidade, tanto baixo a perspectiva de organización coma de xestión, e mellora continua; con soporte en estándares ao efecto modulados baixo unha visión pragmática.

Competencias do título
Código Competencias do título
A25 Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas sóftware que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan accesibles de desenvolver e manter, e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da enxeñaría do sóftware.
A28 Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B7 Preocupación pola calidade
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos e a cultura da calidade do software. B3
B7
Coñecer os principais estándares e modelos de calidade no proceso software e do proceso de mellora continua, así como as principais prácticas asociadas a estes. A25
A28
B1
B2
B3
B7
C1
Coñecer e aplicar técnicas para a definición de métricas e control estatístico de procesos software. A25
A28
B1
B2
B3
B7
C1
Coñecer a importancia da xestión do cambio e da xestión da configuración. A25
A28
B1
B2
B3
B7
C1
Coñecer técnicas e saber definir métricas para o aseguramento da calidade nos sistemas de información dende o punto de vista da funcionalidade, fiabilidade, usabilidade, eficiencia, mantibilidade e portabilidade. A25
A28
B1
B2
B3
B7
C1
Saber realizar unha auditoría informática e coñecer as principais técnicas e ferramentas de auditoría. A25
A28
B1
B2
B3
B7
C1
Saber empregar técnicas e ferramentas para a xestión de incidencias, problemas, cambios, configuracións, versións, continuidade e niveis de servizo. A25
A28
B1
B2
B3
B7
C1

Contidos
Temas Subtemas
Teoría Tema 1. É mellorable o proceso software seguido?
Tema 2. Calidade e software
Tema 3. ISO 9000. Aplicación ao ámbito do software
Tema 4. CMMI
Tema 5. Outros modelos de calidade no proceso software
Tema 6. Medición da calidade do software
Tema 7. Sistemas de xestión da calidade: un exemplo en PEME conforme a ISO 9000
Práctica Práctica 1: Aspectos principais da aplicación da ISO 9000 en PEMEs desenvolvedoras de software.
Práctica 2: Redacción de aspectos procedimentais de calidade para unha PEME desenvolvedora de software.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A25 A28 B1 B2 B3 B7 C1 14 35 49
Presentación oral B1 B2 B3 B7 C1 2 12 14
Proba obxectiva A25 A28 B1 B3 B7 C1 2 12 14
Sesión maxistral A25 A28 B3 B7 21 31 52
Traballos tutelados A25 A28 B1 B2 B3 B7 C1 7 14 21
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As clases de prácticas dedicaranse a realizar a Práctica 1, mentres que os TGRs dedicaranse a abordar a Práctica 2. Na Práctica 1 traballarase sobre os aspectos máis relevantes na definición dun sistema de xestión da calidade. Para poder formase nos detalles concretos, na Práctica 2 traballarase sobre detalles procedimentais concretos.
Presentación oral As dúas prácticas serán expostas e defendidas diante do profesor e os alumnos a través dunha presentación oral destas.
Proba obxectiva Exame escrito para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.
Sesión maxistral O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas.
Traballos tutelados O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar á práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso baixo o asesoramento e supervisión do profesor.
O traballo autónomo fundamentalmente permite aos alumnos o desenvolvemento detallado das prácticas 1 e 2.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Presentación oral
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Combinarase o método expositivo maxistral coas prácticas, nas que se conxurará o traballo autónomo e en grupo tutelado.

O método maxistral empregarase para a presentación dos coñecementos teóricos relacionados cos distintos temas.

As clases de prácticas e TGRs dedicaranse a realizar as prácticas vinculadas ao temario exposto a través do método maxistral, manexando na medida do posible casos reais.

O traballo autónomo e en grupo tutelado permite aos alumnos levar á práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso baixo o asesoramento e supervisión do profesor.

As dúas prácticas serán expostas e defendidas diante do profesor e os alumnos a través dunha presentación oral destas.

En todo momento se fomentará a participación dos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 A28 B1 B2 B3 B7 C1 Valorarase:
- Documentación achegada para cada práctica.
- Nivel técnico de cada práctica.
- Completitude e claridade de cada práctica.
- Dominio dos coñecementos adquiridos.
- Participación activa en cada práctica.

A Práctica 1 suporá o 40% da materia.
A Práctica 2 suporá o 20% da materia.
60
Presentación oral B1 B2 B3 B7 C1 Este epígrafe valorarase conxuntamente co epígrafe de prácticas, posto que é a exposición das prácticas 1 e 2. Concretamente, prestarase especial atención a:
- Completitude, claridade e axeitada exposición das prácticas.
- Defensa do traballo realizado ante preguntas efectuadas nos actos de presentación oral.
0
Proba obxectiva A25 A28 B1 B3 B7 C1 Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame escrito individual. A parte teórica da proba supón o 40% desta. A parte práctica supoñerá o 60% restante. 40
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é constatar que os alumnos posúen as competencias fundamentais necesarias e realizarase en tres momentos temporais distintos:

- Unha vez finalizada a
Práctica 1, mediante a súa presentación e defensa en grupo e
individualizada.

- Unha vez finalizada a
Práctica 2, mediante a súa presentación e defensa en grupo e
individualizada.


- Ao
finalizar o curso, mediante un exame escrito individual, que conterá unha parte
teórica e unha parte práctica.

A nota final de cada
alumno obterase segundo o indicado a continuación:


-
Exame escrito individual: 40% (correspondendo o 40% á parte teórica e o 60% á
parte práctica).


-
Práctica 1: 40%.


-
Práctica 2: 20%.

Para aprobar a materia é
preciso obter unha puntuación global mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as
seguintes restricións:


- É
necesario ter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na Práctica 1.


- É
necesario ter un mínimo de 5 puntos sobre 10 (sumando parte teórica e práctica
segundo as porcentaxes indicadas) no exame escrito individual.


- Non
será necesario que os alumnos aproben a Práctica 2 para aprobar a materia,
aínda que é altamente aconsellable.


En
caso de que non se cumprise algún mínimo dos anteriores e a nota final
calculada como se indicou superase o 4.0, a nota que figurará para a materia
será un 4.0.

Aspectos a ter en conta:


- Os
grupos de alumnos para realizar as prácticas formaranse baixo as directrices
dos profesores.


- A
exposición e defensa das prácticas será pública en horario oficial da materia e
a estes actos deberán asistir todos os alumnos que teñan o devandito horario,
que poderán facer preguntas, comentarios ou suxestións. Neste acto asignarase
un tempo para que falen todos os membros do grupo e outro tempo para preguntas,
críticas, comentarios e/ou suxestións do profesor e do resto de alumnos.


- Na
avaliación das prácticas valorarase basicamente o nivel técnico do traballo e a completitude,
claridade e exposición deste.


- A
nota asignada ás prácticas inicialmente será a que reciban todos os membros do
grupo que a defendan, sen prexuízo de modificación sobre a base da
participación activa individual de cada un.

Os alumnos que non
superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias
fundamentais desta mediante a realización dun novo exame suxeito ás restricións
indicadas anteriormente. Ademais, aqueles alumnos que non superasen a Práctica 1 deberán refacela
(previa comunicación aos profesores da materia) ata que esta cumpra cos requisitos mínimos
esixidos, sendo entregada para a súa avaliación por parte dos profesores e
defensa con data límite segundo o acordo alcanzado.


Fontes de información
Bibliografía básica

- “Ingeniería del software. Un enfoque práctico”. Roger S. Pressman. 7ª edición. McGraw-Hill.

- “Calidad de sistemas informáticos”. Mario G. Piattini Velthius, Félix O. García Rubio e Ismael Caballero Muñoz-Reja. Ra-Ma.

- “La calidad del software y su medida”. Jesús Mª Minguet Melián e Juan F. Hernández Ballesteros. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces.

- “ISO 9001:2008 comentada”. Varios autores. AENOR.

- “ISO 9001:2000. Lograr la conformidad y la mejora continua en empresas de desarrollo de software”. Vivek (Vic) Nanda. AENOR.

- CMMI official website: http://cmmiinstitute.com/.

- “CMMI® para desarrollo, versión 1.3. CMMI-DEV, V1.3”. SEI: http://www.sei.cmu.edu/library/assets/whitepapers/Spanish%20Technical%20Report%20CMMI%20V%201%203.pdf

- “CMMI para desarrollo. Guía para la integración de procesos y la mejora de productos”. Mike Konrad; Mary B. Chrissis; Sandy Shrum. Ed. Ramón Areces. 2012.

- “Standard CMMI Appraisal Method for Process Improvement (SCAMPI) A, version 1.3: Method definition document”. SEI: http://www.sei.cmu.edu/library/abstracts/reports/11hb001.cfm.

Bibliografía complementaria

- “Software engineering”. Ian Sommerville. 10ª edición. Pearson.

- “Medición y estimación del software: técnicas y métodos para mejorar la calidad y la productividad”. Félix Oscar García Rubio; Javier Garzás Parra; Marcela Fabiana Genero Bocco; Mario G. Piattini Velthuis. Ra-Ma. 2008.

- “CMMI distilled: A practical introduction to integrated process improvement (SEI Series in Software Engineering)”. Aaron Clouse; Dennis M. Ahern; Richard Turner. Addison-Wesley. 2008.

- Normas UNE-EN ISO 9000: www.aenor.es.

- Normas ISO 9000: www.iso.org.

- “Published appraisal results”. SEI: https://sas.cmmiinstitute.com/pars/.

- Software Engineering Institute (SEI): http://www.sei.cmu.edu/. 

- European Software Institute (ESI-Tecnalia): http://www.tecnalia.com/es/.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística/614G01008
Proceso Software/614G01019
Xestión de Proxectos/614G01021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia ten un carácter eminentemente práctico, polo que é fundamental que os alumnos saiban aplicar os coñecementos teóricos aprendidos á práctica.

Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría, práctica e TGR que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías