Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Programación Avanzada Código 614G01030
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Bellas Permuy, Fernando
Correo electrónico
fernando.bellas@udc.es
Profesorado
Álvarez Díaz, Manuel
Bellas Permuy, Fernando
Raposo Santiago, Juan
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
fernando.bellas@udc.es
juan.raposo@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia céntrase no deseño e implementación de aplicacións Web, facendo especial énfase no desenrolo de aplicacións Web empresariais. Na materia estúdanse tanto as tecnoloxías como as técnicas de deseño máis relevantes. O enfoque da materia é fundamentalmente práctico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
A28 Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais.
B1 Capacidade de resolución de problemas
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para deseñar e implementar aplicacións (con énfase en aplicacións Web) mediante o uso de tecnoloxías modernas e técnicas de deseño estándar. A27
A28
B1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Parte I. Introdución. Tema 1: Introdución ó Desenrolo de Aplicacións Empresariais.
Parte II. Deseño e Implementación da Capa Modelo. Tema 2. Aspectos de Deseño da Capa Modelo. Caso de estudo.
Tema 3. Implementación da Capa de Acceso a Datos.
Tema 4. Implementación da Capa Lóxica de Negocio.
Tema 5. Implementación de Probas Automatizadas para a Capa Modelo.
Parte III. Deseño e Implementación da Capa Web. Tema 6. Introdución a un Framework Web.
Tema 7. Caso de Estudo de Implementación da Capa Web con un Framework Web.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A27 A28 B1 C3 19.5 52.5 72
Proba de resposta múltiple A27 A28 B1 C3 1 8 9
Traballos tutelados A27 A28 B1 C3 1 21 22
Sesión maxistral A27 A28 B1 C3 22.5 22.5 45
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Ó longo do curso desenrólase unha práctica (en grupo) na que se constrúe unha aplicación Web. A aplicación desenrólase en tres iteracións, sendo obrigatoria a entrega de cada unha de elas. Na primeira iteración impleméntase a capa modelo. Na segunda iteración corríxense os erros detectados polo profesor na primeira iteración e impleméntase gran parte da capa Web. Na terceira iteración corríxense os erros detectados polo profesor na segunda iteración, remátase a capa Web e elabórase a memoria da práctica.
Proba de resposta múltiple Farase un exame tipo test, có obxectivo de comprobar que o alumno asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan, e as contestadas erroneamente puntúan negativamente.
Traballos tutelados Propóñense traballos tutelados consistentes en aplicar algunhas tecnoloxías ou técnicas de deseño adicionais á práctica. De maneira autónoma, o alumno deberá estudar estas tecnoloxías ou solucións de deseño adicionais e aplicalas á práctica.
Sesión maxistral Clase impartidas polo profesor mediante a proxección de transparencias. As clases teñen un enfoque totalmente práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As transparencias e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están dispoñibles a través da plataforma de docencia da universidade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
Faranse varias sesións para axudar ó estudante no desenrolo da práctica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A27 A28 B1 C3 Farase un exame de tipo test, có obxectivo de comprobar que o alumno asimilou os conceptos correctamente.
40
Prácticas a través de TIC A27 A28 B1 C3 A entrega de cada iteración é obrigatoria. As dúas primeiras non levan asociada unha nota (pero a súa entrega é obrigatoria) e o seu obxectivo é garantir que o alumno enfoca correctamente o desenrolo da aplicación. O profesor pon a nota da aplicación trala corrección da terceira iteración.
40
Traballos tutelados A27 A28 B1 C3 A realización dos traballos tutelados é opcional. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na avaliación da práctica.
  • Un mínimo 4,5 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 0,40*notaPractica + 0,40*notaExame + 0,20*notaTraballosTutelados.

Para os alumnos con matrícula a tempo parcial, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, o tamaño da práctica e os traballos tutelados será menor, sen que iso supoña un prexuízo na nota.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • C. Bauer, G. King, Java Persistence with Hibernate, Manning, 2007.
  • C. Walls, Spring in Action, 3rd edition, Manning, 2011.
  • D. Shafer, HTML Utopia: Designing Without Tables Using CSS, Sitepoint Pty Ltd, 2003.
  • J. Zeldman, Designing with Web Standards, New Riders, 2003.
  • Sitios Web de los frameworks y herramientas empleados en la asignatura.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Internet e sistemas distribuidos/614G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Arquitectura do Software/614G01026

Materias que continúan o temario
Marcos de Desenvolvemento/614G01052
Ferramentas de Desenvolvemento/614G01054

Observacións

É preciso ter soltura na lectura de información en Inglés (toda a bibliografía, recursos Web e libros, está en Inglés).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías