Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Programación Avanzada Código 614G01030
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Bellas Permuy, Fernando
Correo electrónico
fernando.bellas@udc.es
Profesorado
Álvarez Díaz, Manuel
Bellas Permuy, Fernando
Raposo Santiago, Juan
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
fernando.bellas@udc.es
juan.raposo@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia céntrase no desenvolvemento de aplicacións, usando unha arquitectura baseada en capas mediante o emprego de frameworks modernos. Tómase como caso de estudo o desenvolvemento dunha aplicación web SPA. No obstante, moitas das ideas aplican, directa ou indirectamente, ao desenvolvemento de outro tipo de aplicacións. O enfoque da materia é fundamentalmente práctico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Sen cambios.

2. Metodoloxías

* Metodoloxías docentes que se manteñen

- Sesión maxistral. Sen cambios.

- Prácticas a través de TIC. Sen cambios.

- Proba de resposta múltiple. Se non é posible realizala en persoa, farase unha proba online.

* Metodoloxías docentes que se modifican

Ningunha.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Os mesmos que na situación normal (Moodle, Teams e correo electrónico).

4. Modificacións na avaliación

Sen cambios.

*Observacións de avaliación:

Sen cambios.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Como parte das diapositivas inclúense sitios web públicos con información detallada sobre os contidos da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
A28 Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais.
B1 Capacidade de resolución de problemas
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para deseñar e desenvolver aplicacións mediante o uso de frameworks modernos e técnicas de deseño estándar. A27
A28
B1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Parte I. Introdución. Tema 1. Introdución ao Desenvolvemento de Aplicacións con Frameworks Modernos.
Parte II. Desenrolo de un Backend en Java. Tema 2. Capa Acceso a Datos con Spring e JPA.
Tema 3. Capa Lóxica de Negocio con Spring.
Tema 4. Capa Servizos REST con Spring.
Parte III. Desenvolvemento de un Frontend Web SPA en JavaScript. Tema 5. Desenvolvemento Baseado en Compoñentes con React.
Tema 6. Xestión de Estado con Redux.
Tema 7. Caso de Estudo: Frontend dunha Sinxela Tenda de Comercio Electrónico.
Parte IV. Colofón. Tema 8. Arquitecturas e Tecnoloxías Relacionadas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A27 A28 B1 C3 21 63 84
Proba de resposta múltiple A27 A28 B1 C3 1 8 9
Traballos tutelados A27 A28 B1 C3 1 12 13
Sesión maxistral A27 A28 B1 C3 21 21 42
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Ao longo do curso realizase unha práctica (en grupo) na que se constrúe unha aplicación web SPA. A aplicación desenvólvese en dúas iteracións. Na primeira iteración impleméntase o backend. Na segunda iteración corríxense os erros detectados polo profesor na primeira iteración e impleméntase o frontend. As clases de laboratorio impartiranse online (Teams) no horario oficial.
Proba de resposta múltiple Farase un exame tipo test, có obxectivo de comprobar que a/o estudante asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan, e as contestadas erroneamente puntúan negativamente. O exame será presencial.
Traballos tutelados Opcionalmente, cada estudante pode presentar un traballo tutelado individual como parte da segunda iteración, consistente en aplicar algunhas tecnoloxías ou técnicas de deseño adicionais á práctica. De maneira autónoma, a/o estudante deberá estudar estas tecnoloxías ou solucións de deseño adicionais e aplicalas á práctica.
Sesión maxistral Clase impartidas polo profesor mediante a proxección de diapositivas. As clases teñen un enfoque totalmente práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As diapositivas e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están dispoñibles a través da plataforma de docencia da universidade. As clases de teoría impartiranse online (Teams) no horario oficial.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
Faranse varias sesións para axudar ao estudante no desenrolo da práctica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A27 A28 B1 C3 Farase un exame de tipo test, có obxectivo de comprobar que a/o estudante asimilou os conceptos correctamente.
30
Prácticas a través de TIC A27 A28 B1 C3 A entrega das dúas iteracións é obrigatoria. A primeira iteración non leva asociada unha nota, pero a súa entrega é obrigatoria e debe cumprir cos requisitos establecidos no enunciado da práctica para esa iteración. Despois da corrección da segunda iteración, o profesor pon a nota da práctica. 50
Traballos tutelados A27 A28 B1 C3 A realización do traballo tutelado é opcional. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na avaliación da práctica.
  • Un mínimo 4,5 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 0,50*notaPractica + 0,30*notaExame + 0,20*notaTraballoTutelado.

Para as/os estudantes con matrícula a tempo parcial, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, o tamaño da práctica será menor, sen que iso supoña un prexuízo na nota da práctica.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • C. Bauer, G. King, Java Persistence with Hibernate, 2nd edition, Manning, 2016.
  • C. Walls, Spring in Action, 3rd edition, Manning, 2011.
  • C. Walls, Spring Boot in Action, Manning, 2015.
  • J. D. Isaacks, Get Programming with JavaScript Next, Manning, 2018.
  • M. T. Thomas, React in Action, Manning, 2018.
  • M. Garreau, W. Faurot, Redux in Action, Manning, 2018.
  • Sitios web de los frameworks y herramientas empleados en la asignatura.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Internet e sistemas distribuidos/614G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Interfaces Home Máquina/614G01022
Arquitectura do Software/614G01026

Materias que continúan o temario
Marcos de Desenvolvemento/614G01052
Ferramentas de Desenvolvemento/614G01054

Observacións

É preciso ter soltura na lectura de información en Inglés (toda a bibliografía, recursos Web e libros, está en Inglés).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías