Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Codiseño Hardware/software Código 614G01031
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Rodriguez Osorio, Roberto
Correo electrónico
roberto.osorio@udc.es
Profesorado
Rodriguez Osorio, Roberto
Correo electrónico
roberto.osorio@udc.es
Web
Descrición xeral A meirande parte dos sistemas informáticos actuais son sistemas embarcados nos que o deseño do hardware e do software son inseparables. Nestes sistemas, o conxunto é maior que a suma das partes e, do mesmo xeito, o proceso de deseño e comprobación non está restrinxido aos seus compoñentes hardware e software, senón que tamén inclúen a interface entre os dous. Esta materia aborda o mundo do codeseño centrándose en aspectos tales como: computación reconfigurable; modelado de sistemas; e procesadores de aplicación específica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A31 Capacidade de deseñar e construír sistemas dixitais, incluíndo computadores, sistemas baseados en microprocesador e sistemas de comunicacións.
A32 Capacidade de desenvolver procesadores específicos e sistemas embarcados, así como desenvolver e optimizar o sóftware dos ditos sistemas.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os principios, métodos e ferramentas do codeseño hardware-software B3
C7
Coñecer as técnicas principáis para o deseño de hardware reconfigurable, a sus vantaxes e limitacións A31
C7
Saber decidir que métodos e algoritmos hanse de implementar en software e cales en hardware, e como se debe realizar a interface entre ámbolos dous. A32
B1
B3
Saber distinguir que escenarios se benefician dunha solución de hardware reconfigurable. B1
B3

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos e Plataformas para codeseño hardware/software Definición de codeseño
Hardware de aplicación específica e reconfigurable
Codeseño hardware/software Modelado transacionáis e de fluxo de datos
Modelado con precisión temporal
Modelos de fluxo de datos e de control
Modelado e implementación do fluxo de datos
Análise dos fluxos de control e de datos
Procesadores programables de aplicación específica Aceleradores e coprocesadores
Sistemas nun chip (SoC)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A31 A32 B1 14 34 48
Traballos tutelados A31 B1 B3 C7 7 25 32
Proba obxectiva B1 B3 3 0 3
Sesión maxistral A31 A32 C7 21 42 63
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Plantexarase ao alumno unha serie de prácticas a realizar seguindo un guión. O obxectivo é que o alumno realice os procedementos básicos da materia e reflexione sobre eles. O contido das prácticas estará vinculado cos traballos tutelados.
Traballos tutelados Asignaranse proxectos de codeseño hardware/software que os alumnos terán que realizar en pequenos grupos i entregar en prazo. Durante as titorías de grupos reducidos, faranse sesións de coordinación de proxecto nas que se discutirá o progreso de cada traballo, aínda que a meirande parte do traballo deberán realizalo os alumnos de xeito autónomo.
Proba obxectiva No remate do cuadrimestre haberá un exame con una duración total de 3 horas.
Sesión maxistral Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, marcando a temporización para a realización de prácticas e titorías de grupos reducidos. Cando a natureza dos contidos o permita, o profesor encargará aos alumnos estudar o tema por adiantado e adicará a clase a ilustrar casos prácticos de aplicación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos alumnos na realización dos problemas propostos, as prácticas de laboratorio e os traballos tutelados. Ademais, esta atención vai servir para validar e avaliar o traballo que se os alumnos vaian realizando.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A31 A32 B1 Valorarase a asistencia e a consecución dos obxectivos propostos no guión. Cumpre salientar que realizar as prácticas é fundamental para realizar con éxito os traballos tutelados. 30
Traballos tutelados A31 B1 B3 C7 A calidade dos resultados acadados será o principal elemento de xuízo para valorar os traballos. Asemade, a participación nas discusións sobre os proxectos será moi tida en conta. 20
Proba obxectiva B1 B3 No remate do cuadrimestre haberá un exame escrito sobre os contidos da materia. 50
 
Observacións avaliación

Os alumnos matriculados a tempo parcial que teñan excusada a sua asistencia a clase deben entregar os resultados das prácticas de laboratorio nun prazo máximo dunha semana despóis da sesión na que se propuxo a práctica. Estes alumnos deberán tamén atopalo tempo e xeito para colaborar cos seus compañeiros de equipo para desenvolver o traballo tutelado. 


Fontes de información
Bibliografía básica Patrick R. Schaumont (2010). A Practical Introduction to Hardware/Software Codesign. Springer
David C. Black e Jack Donovan (2004). SystemC: From the ground up . Kluwer Academic Publishers
Peter J. Ashenden e Jim Lewis (2008). The Designer's Guide to VHDL, Third Edition (Systems on Silicon). Morgan Kaufmann

Bibliografía complementaria Jayaram Bhasker (1999). A VHDL Primer . Prentice Hall
Wayne Wolf (). Computers as Components, 2nd edition. Principles of Embedded Computing System Design. Morgan Kaufmann


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos dos Computadores/614G01007
Estrutura de Computadores/614G01012
Concorrencia e Paralelismo/614G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dispositivos Hardware e Interfaces/614G01032

Materias que continúan o temario
Sistemas Empotrados/614G01060

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías