Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dispositivos Hardware e Interfaces Código 614G01032
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Lamas Seco, Jose Juan
Correo electrónico
jose.juan.lamas.seco@udc.es
Profesorado
García Naya, José Antonio
Lamas Seco, Jose Juan
Correo electrónico
jose.garcia.naya@udc.es
jose.juan.lamas.seco@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/course/view.php?id=51641
Descrición xeral Microcontroladores. Adquisición de datos. Sensores e actuadores. Interfaces de entrada/saída (buses, portos ...).

Competencias do título
Código Competencias do título
A31 Capacidade de deseñar e construír sistemas dixitais, incluíndo computadores, sistemas baseados en microprocesador e sistemas de comunicacións.
A32 Capacidade de desenvolver procesadores específicos e sistemas embarcados, así como desenvolver e optimizar o sóftware dos ditos sistemas.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os instrumentos fundamentáis de adquisición de datos do mundo real, as súas vantaxes e limitacións, e a súa adecuación ao campo de aplicación de que se trate. A31
A32
B1
B3
C6
C8
Coñecer os principáis mecanismos actuadores, as súas capacidades e limitacións, e o seu ámbito de aplicación. A31
A32
B1
B3
C6
C8
Saber deseñar un sistema de adquisición e actuación, garantindo que as interfaces entre os elementos que o compoñen permiten un intercambio de datos efectivo. A31
A32
B1
B3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Microcontroladores Fundamentos. Tipos e características. Temporizadores e contadores. Manexo de interrupcións.
2. Sistemas embarcados: o Arduino Hardware e software, comunicacións serie, entrada/saída dixital, modos de funcionamento, aforro de enerxía e capacidades en tempo real. Optimización de software.
3. Interfaces de entrada/saída dixital Fundamentos. Portos, buses serie e buses paralelo.
4. Representación dixital de sinais Representación dixital de valores/sinais analóxicos, mostreo, cuantificación, codificación e reconstrucción.
5. Adquisición de datos Convertidores D/A e A/D. Sistemas de Adquisición de Datos.
6. Computación física Sensores e actuadores. Principios físicos dos sensores. Tipos de sensores, análise de características e prestacións. Diseño e implementación de sistemas interactivos para detección (sensores) e resposta (actuadores).
Prácticas de laboratorio Aplicacións do Arduino: temporizadores, contadores, interrupcións, convertidor A/D, portos de entrada/saída, buses e modos de aforro de enerxía.
Sensores: potenciómetros, pulsadores, temperatura, movemento e luminosidade.
Actuadores: LEDs, zumbador, servo motor, relé e display LCD.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A31 A32 21 52.5 73.5
Prácticas de laboratorio A31 A32 B1 B3 14 28 42
Traballos tutelados C6 C8 7 21 28
Proba mixta A31 A32 B1 B3 2 0 2
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición didáctica, usando diapositivas e a pizarra, dos contidos teóricos da materia.
Prácticas de laboratorio Os alumnos desenvolverán prácticas no laboratorio para a aprendizaxe do manexo do Arduino e a utilización de sensores e actuadores.
Traballos tutelados Traballos elaborados e presentados polos alumnos nos que se desenvolven temas relacionados cos contidos da asignatura.
Proba mixta Exame sobre os contidos da materia que combinará preguntas de teoría coa resolución de problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Sesión maxistral: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación á materia teórica exposta nas clases.

Prácticas de laboratorio: Atender e resolver dúbidas dos alumnos en relación ás prácticas propostas ou realizadas no laboratorio.

Traballos tutelados: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación ós traballos tutelados propostos.

En tódolos casos usaranse preferentemente horas de titoría de forma individualizada, correo electrónico, ou a través dos espacios de comunicación da ferramenta Moodle.

Estudantes matriculados a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega e defensa das mesmas. Así mesmo, os horarios de titorías poderán adaptarse segundo as necesidades dos ditos estudantes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A31 A32 B1 B3 Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas de laboratorio mediante a entrega e defensa das mesmas, e/ou probas mixtas (4 puntos).
40
Traballos tutelados C6 C8 Avaliación dos traballos tutelados desenvolvidos polo alumno, incluíndo a calidade da exposición (2 puntos). 20
Proba mixta A31 A32 B1 B3 Valorarase a resolución de problemas da asignatura mediante probas mixtas (4 puntos). 40
 
Observacións avaliación

A materia apróbase obtendo polo menos o 50% da cualificación e ademáis precísase unha nota mínima do 25% en cada unha das tres partes, é dicir, 1 punto en Prácticas de laboratorio, 0.5 puntos en Traballos tutelados e 1 punto na Proba mixta.  

Alumnos matriculados a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega e defensa das prácticas e dos traballos tutelados.


Fontes de información
Bibliografía básica Michael Margolis (2012). Arduino Cookbook. O'Reilly Media, 2ª edición
Michael McRoberts (2011). Beginning Arduino. Apress
Manuel Mazo Quintas, Luis Miguel Bergasa Pascual, Ignacio Fernández Lorenzo, Enrique Santiso Gómez (1991). Conversión de datos. Universidad de Alcalá de Henares
Ramón Pallàs Areny (2008). Sensores y acondicionadores de señal . Marcombo, 4ª edición
J.G. Proakis, D.G. Manolakis (2008). Tratamiento digital de señales. Prentice Hall, 4ª edición

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Tecnoloxía Electrónica/614G01005
Fundamentos dos Computadores/614G01007
Estrutura de Computadores/614G01012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Arquitectura de Computadores/614G01033

Materias que continúan o temario
Software de Comunicacións/614G01034
Programación de Sistemas/614G01058
Sistemas Empotrados/614G01060

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías