Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Software de Comunicacións Código 614G01034
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Fresnedo Arias, Óscar
Correo electrónico
oscar.fresnedo@udc.es
Profesorado
Fresnedo Arias, Óscar
Correo electrónico
oscar.fresnedo@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral Comunicacións Dixitais. Detección/corrección de erros en redes de comunicacións. Métodos de acceso ao medio. Introdución a protocolos. Introdución ás redes de área local. Tipoloxía das redes de área local. Estándares de rede local.

Competencias do título
Código Competencias do título
A31 Capacidade de deseñar e construír sistemas dixitais, incluíndo computadores, sistemas baseados en microprocesador e sistemas de comunicacións.
A34 Capacidade de deseñar e implementar sóftware de sistemas e de comunicacións.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o funcionamento dos protocolos de acceso ao medio. A31
A34
B1
B3
C3
Analizar os paquetes de información existentes nas redes de comunicacións. A31
A34
B1
B3
C3
Entender os mecanismos de direccionamento en redes de datos A31
A34
B1
B3
C3
Coñecer os sistemas de detección/corrección de erros presentes nunha transmisión de datos. A31
A34
B1
B3
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Comunicacións Dixitais 1.1. Modulacións dixitais.
1.2. Rendemento de modulacións dixitais.
Tema 2. Detección/corrección de erros en redes de comunicacións 2.1. Control de erros
2.2. Codificación bloque lineal
2.3. Codificación convolucional
2.4. Codificación avanzada
Tema 3. Métodos de acceso ao medio 3.1. Concepto de propagación nun medio compartido
3.2. Métodos de acceso ao medio
3.2.1. Estáticos
3.2.2. Dinámicos
Tema 4. Introdución a protocolos 4.1. Definición de protocolo
4.2. Arquitectura de protocolos
4.3. Conceptos de protocolos: encapsulado, segmentación, direccionamento, multiplexado
4.4. Elementos dun protocolo
Tema 5. Tipoloxía de redes 5.1. Técnicas de transmisión
5.2. Técnicas de multiplexado
5.3. Topoloxías de rede
Tema 6. Introdución ás redes de área local 6.1. Tipos de redes de comunicacións
6.2. Redes LAN
6.2.1. Características dunha LAN
6.2.2. Elementos dunha LAN
6.2.3. Interconexión de redes LAN
6.2.3.1. Dispositivos de interconexión. Direccionamento
6.2.3.2. Retardo de propagación
Tema 7. Estándares de rede local 7.1. Estándares de rede local: estándares IEEE 802
7.2. Estándares IEEE 802
7.2.1. Capa física e MAC en IEEE 802.3
7.2.2. Capa física e MAC en IEEE 802.11

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A31 A34 B1 B3 7 17.5 24.5
Prácticas a través de TIC A31 A34 B1 B3 C3 14 35 49
Proba mixta A31 A34 B1 B3 2.5 0 2.5
Traballos tutelados A31 A34 B1 B3 C3 0 7.5 7.5
Sesión maxistral A31 A34 B1 B3 21 42 63
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Resolución de exercicios e supostos prácticos plantexados polo profesor.
Prácticas a través de TIC Prácticas mediante simulación por ordenador.
Proba mixta Proba escrita con preguntas de teoría e de solución de problemas sobre os contidos da asignatura.
Traballos tutelados Traballos realizados polo alumno nos seminarios de grupos reducidos.
Sesión maxistral Explicación dos contidos teóricos da asignatura. Nestas sesións realizaranse tamén pequenos exercicios a modo de exemplo que axuden á comprensión de ditos contidos teóricos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
Resolver dudas do alumnado plantexadas tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de solución de problemas e de prácticas.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumno e da súa participación activa na dinámica da aula.

O horario de titorías presencial poderá adaptarse segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A31 A34 B1 B3 C3 A avaliación realizarase mediante o seguimento continuado durante o curso do traballo do alumno coa entrega das mesmas e a proba obxetiva de prácticas realizada na última sesión de prácticas.
30
Proba mixta A31 A34 B1 B3 Mediante unha proba escrita valorase o cooñecemento adquirido polo alumno ao longo do curso. Nesta proba escrita avaliaranse tanto os contidos explicados nas sesións maxistrais como nas sesións de solución de problemas. 50
Traballos tutelados A31 A34 B1 B3 C3 Avaliarase a realización por parte do alumno de exercicios propostos polo profesor, tendo en conta a súa participación na dinámica da aula. 20
 
Observacións avaliación

A nota mínima esixida é de 2 puntos sobre 5 na proba mixta final.

No caso de non acadar esta nota, a cualificación final do alumno obtense como a suma da nota obtida na proba mixta e o resultado de dividir por dous a suma da nota obtida nas prácticas a través de TIC e nos traballos tutelados.

Na segunda oportunidade unicamente se realizará a proba mixta. A nota de prácticas e de traballos tutelados será a obtida durante o curso mediante a avaliación continua do traballo do estudante.

Estudantes con matrícula a tempo parcial: as prácticas non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial na modalidade de matriculación a tempo parcial. Os prazos de entrega e defensa para estes alumnos serán tamén flexibles ás necesidades do alumnado. Os traballos tutelados valoraranse únicamente nas sesións de seminarios de grupos reducidos (TGR).


Fontes de información
Bibliografía básica James F. Kurose y Keith W. Ross (2009). Computer Networking: A Top-Down Approach. Addison-wesley
Dimitri P. Bertsekas y Robert G. Gallagher (1992). Data Networks. PRENTICE HALL
Gerard J. Holzmann (1991). Design and validation of computer protocols. PRENTICE-HALL
Francisco Vázquez, Tiago Fernández (2014). https://moodle.udc.es/. Aula virtual
Andrew S. Tanenbaum (2003). Redes de computadoras. Pearson Educación
Mischa Schwartz (1994). Redes de telecomunicaciones: protocolos, modelado y análisis. Addison-Wesley Iberoamericana
Simon Haykin (2011). Sistemas de Comunicación. Limusa Wiley

Bibliografía complementaria Fred Halsall (2000). Comunicación de datos, redes de computadores y sistemas abiertos. Addison Wesley Longman
William Stallings (2006). Comunicaciones y Redes de Computadores. PRENTICE HALL
Jesús García Tomás, Santiago Ferrando y Mario Piattini (2001). Redes para Proceso Distribuido. RA-MA S.A.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Redes/614G01017
Xestión de Infraestruturas/614G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Procesamento Dixital da Información/614G01035

Materias que continúan o temario
Redes Móbiles e Sen Fíos/614G01061
Servizos Multimedia/614G01081
Deseño de Redes/614G01082

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías