Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Modelado Avanzado de Información Código 614G01045
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.penabad@udc.es
Profesorado
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.penabad@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Unha parte fundamental dos Sistemas de Información son os datos. A materia de Modelado Avanzado da Información enfócase precisamente neles, na correcta conceptualización destes de forma que poidan resistir os cambios tecnolóxicos que inevitablemente suceden. Estes cambios afectan tanto á tecnoloxía de almacenamento dos propios datos como ao que é máis variable aínda, a tecnoloxía que se utiliza na súa explotación. Faise polo tanto énfase no concepto, por enriba de uso, cunha orientación clara cara á compartición destes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Proba mixta (vía moodle)
Traballos tutelados
Prácticas a través das TIC

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: diario
Teams: Sesións semanais (no horario habitual das clases e titorías)
4. Modificacións na avaliación
Non hai cambios
*Observacións de avaliación:
Inicialmente a proba mixta pensouse como o clásico exame escrito,
pero nesta guía xa se plantea a posibilidade de outros mecanismos,
como entrega Moodle ou unha entrega de traballo.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios: dispoñen de material no moodle e hai acceso online á bibliografía recomendada.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos que aseguren a súa fiabilidade, seguranza e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
A13 Coñecemento, deseño e utilización de forma eficiente dos tipos e estruturas de datos máis adecuados á resolución dun problema.
A14 Capacidade para analizar, deseñar, construír e manter aplicacións de forma robusta, segura e eficiente, elixindo o paradigma e as linguaxes de programación máis adecuados.
A18 Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu adecuado uso, e o deseño e a análise e implementación de aplicacións baseadas nelas.
A19 Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos sistemas de información, incluídos os baseados en web.
A22 Coñecemento e aplicación dos principios, metodoloxías e ciclos de vida da enxeñaría do sóftware.
A23 Capacidade para deseñar e avaliar interfaces persoa-computador que garantan a accesibilidade e usabilidade aos sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
A47 Capacidade para determinar os requisitos dos sistemas de información e comunicación dunha organización de acordo cos aspectos de seguridade e cumprimento da normativa e a lexislación vixente.
A48 Capacidade para participar activamente na especificación, deseño, implementación e mantemento dos sistemas de información e comunicación.
A49 Capacidade para comprender e aplicar os principios e as prácticas das organizacións, de forma que poidan exercer como enlace entre as comunidades técnica e de xestión dunha organización, e participar activamente na formación dos usuarios.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber realizar o modelado conceptual de sistemas de información e a súa materialización nos soportes actuais de almacenamento da información. A7
A13
A14
A18
A19
A22
A23
A47
A48
A49
B1
B2
B3
B4
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Coñecer modelos de información avanzada e saber modelar aplicacións que os usen A7
A13
A14
A18
A19
A22
A23
A47
A48
A49
B1
B2
B3
B4
C2
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Modelado conceptual e lóxico Modelo entidad-relación extendido
Exercicios de modelado conceptual e lóxico
Bases de datos orientadas a obxectos
Repositorios NoSQL Conceptos xerais
Caso de uso: MongoDB

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A13 A14 A18 A19 A22 A23 A47 A49 C2 C3 C4 C6 C7 C8 21 0 21
Traballos tutelados A13 A18 A48 B1 B2 B4 7 23 30
Prácticas a través de TIC A13 A18 A48 B1 B2 B4 14 40 54
Proba mixta A13 A18 B1 B3 0 40 40
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de contidos teóricos e exemplos prácticos.
Traballos tutelados Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión dos docentes
Prácticas a través de TIC O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais.

Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos e apoiaranse tamén coa realización de exercicios prácticos.
Proba mixta Proba que combina conceptos teóricos, prácticos e problemas. O formato decidirase no curso, podendo ser un exame escrito, unha proba Moodle ou entrega dun traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Ó realizarse este curso con docencia non presencial, a atención personalizada realizarase vía Teams fundamentalmente, e tamén vía correo electrónico.
Esta atención abarca toda a materia, pero é especialmente importante para o desenvolvemento das prácticas de laboratorio e os traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A18 A48 B1 B2 B4 Realización de traballos que apliquen os coñecementos adquiridos con supostos prácticos.

Para a segunda oportunidade o profesorado poderá especificar un novo enunciado para o traballo, ou a mellora do entregado na primeira oportunidade.
30
Proba mixta A13 A18 B1 B3 Proba na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos. Poderá ser un exame escrito, unha entraga de traballo ou proba en Moodle.
40
Prácticas a través de TIC A13 A18 A48 B1 B2 B4 A avaliación consistirá en probas ou entregas periódicas que se marcarán durante o curso. 30
 
Observacións avaliación


NON PRESENTADO

Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO
calquera estudante que non realice a proba mixta.

Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO
calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha parte.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. 

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de
algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira
oportunidade nesa parte.

DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica
que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos
docentes para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas
de laboratorio.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente
nunha proba o entrega de traballo que computará o 100% da
calificación.


p { margin-bottom: 0.25cm; direction: ltr; line-height: 115%; text-align: justify; orphans: 2; widows: 2; background: transparent }


Fontes de información
Bibliografía básica Silberschatz, A.; Korth, H.; Sudarshan, S (2005). Database System Concepts. 6th ed.. McGraw-Hill.
Elmasri, R.; Navathe, S. B (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos. Pearson
(). http://nosql-database.org.
(). https://docs.mongodb.com/manual/.
Sadalage, P; Fowler, M. (2013). NoSQL distilled. A brief guide to the emerging world of polyglot persistence. Addison-Wesley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Bases de Datos Avanzadas/614G01029
Arquitectura dos sistemas de Información/614G01075

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías