Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Calidade na Xestion TIC Código 614G01046
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Porta Trinidad, Juan
Correo electrónico
juan.porta@udc.es
Profesorado
Enes Álvarez, Jonatan
Porta Trinidad, Juan
Correo electrónico
jonatan.enes@udc.es
juan.porta@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución á xestión de servizos TIC dentro do contorno dunha organización. Prestarase especial atención ás recomendacións ITIL.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas as metodoloxías docentes serán modificadas para adaptarlas á modalidade docente non presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: Para a exposición dos contidos da materia, reemplázase a clase de teoría presencial na aula por videoconferencia (en directo, grabada e compartida cos estudiantes).
- Solución de problemas: Para a análise de casos prácticos relacionados cos contidos da materia, reemplázase a clase de laboratorio presencial na aula por resolución de preguntas por email e por videoconferencias co estudiante no horario oficial de prácticas de laboratorio (implementaranse tamén medidas de flexibilidade fora do horario oficial de prácticas de laboratorio se é necesario).
- Traballos tutelados: Para a preparación e exposición de traballos sobre contidos da materia, reemplázase a clase de laboratorio presencial na aula por resolución de preguntas por email e por videoconferencias co estudiante no horario oficial de prácticas de laboratorio (implementaranse tamén medidas de flexibilidade fora do horario oficial de prácticas de laboratorio se é necesario).
- Proba obxectiva: Reemplázase a proba obxectiva de avaliación dos contidos teóricos da materia por cuestionarios Moodle (modalidade asíncrona, secuencial).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Utilizaranse as ferramentas Email, Moodle, Microsoft Teams e Microsoft Stream coa temporalización indicada a continuación.
- Email: Medio principal de interacción cos estudiantes. Uso deste medio diariamente, e baixo demanda según as necesidades docentes ao longo do cuatrimestre.
- Moodle: Medio principal de compartición de materias docentes da asignatura (transparencias, enunciados das prácticas de laboratorio, grabacións das sesións maxistrais, ...), e de comunicación de novas durante o curso. Uso deste medio baixo demanda según as necesidades docentes ao longo do cuatrimestre.
- Microsoft Teams: Medio utilizado para realización de videoconferencias nas que se imparten os contidos teóricos da materia, para grabación de ditas videoconferencias, para a asistencia aos estudiantes durante a realización das prácticas, e para realización de titorías online. Disponibilidade nos horarios oficiais de prácticas e teoría. Tamén baixo demanda en función das necesidades dos estudiantes.
- Microsoft Stream: Medio utilizado para distribución das grabacións das videoconferencias realizadas con Microsoft Teams.

4. Modificacións na avaliación
- Realizarase a avaliación mediante as seguintes metodoloxías, cos pesos na cualificación e a descrición indicadas a continuación.
- Práctica 1: 0.5 puntos. Resolución de problemas por parellas.
- Práctica 2: 0.5 puntos. Resolución de problemas por parellas.
- Práctica 3: 0.5 puntos. Resolución de problemas por parellas.
- Práctica 4: 1 puntos. Resolución de problemas por parellas.
- Práctica 5: 1.5 puntos. Resolución de problemas por parellas.
- Práctica 6: 2 puntos. Resolución de problemas individualmente.
- Cuestionario 1: 2 puntos. Cuestionario tipo test sobre contidos expostos en sesións maxistrais.
- Cuestionario 2: 2 puntos. Cuestionario tipo test sobre contidos expostos en sesións maxistrais.

*Observacións de avaliación:
- Utilizarase un proceso de avaliación continua baseado na resolución de problemas por parellas, resolución de problemas individualmente, e cuestionarios Moodle (asíncronos, secuenciais) sobre os contidos da materia expostos en sesións maxistrais.
- Os estudiantes entregarán as prácticas mediante o registro da data/hora de entrega a través dun sistema de control de versións compartido co profesor.
- Teranse en conta as dificultades que o alumnado poida ter na realización das probas de avaliación, e implementaranse alternativas adaptadas ás circunstancias excepcionais que poidan xurdir.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios na bibliografía recomendada.



Competencias do título
Código Competencias do título
A52 Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
A56 Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados.
A58 Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e seguranza dos sistemas informáticos.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B7 Preocupación pola calidade
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a problemática na xestión dun servizo A52
B1
B3
B7
C1
C6
Comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das TIC A52
A56
B1
B3
B7
C1
C6
Capacidade para deseñar, despregar e xestionar un servizo TIC A53
A56
B1
B2
B3
B7
B9
C1
C6
Capacidade para a xestión da garantía e seguridade dos sitemas informáticos A58
B1
B2
B3
B7
C1
C6

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Organizacións e TIC
Xestión de servizos
Boas prácticas de xestión de servizos Conceptos xerais
Introdución a ITIL v3
O ciclo de vida dun servizo Ciclo de vida dun servizo
Estratexia do servizo
Deseño do servizo
Transición do servizo
Operación do servizo
Mellora continua do servizo
Deseño de servizos Conceptos xenéricos e definicións
Principios clave e modelos
Procesos
Transición de servizos Conceptos xenéricos e definicións
Principios clave e modelos
Procesos
Operación de servizos Conceptos xenéricos e definicións
Principios claves e modelos
Procesos
Funcións
Estratexia de servizos Introdución
Procesos
Mellora continua de servizos Principios clave e modelos
Procesos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A52 A53 A56 A58 20 54 74
Solución de problemas A53 B1 B2 B3 B9 10 27 37
Traballos tutelados A53 B7 C1 C6 10 27 37
Proba obxectiva A52 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos da materia
Solución de problemas Análise de casos prácticos relacionados cos contidos teóricos
Traballos tutelados Preparación e exposición dun tema relacionado coa materia
Proba obxectiva Avaliación mediante proba escrita dos contidos da matería

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
O estudantado disporá de atención personalizada en todas as fases da aprendizaxe, tanto práctico como teórico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A53 B1 B2 B3 B9 Avaliación da posta en práctica dos coñecementos adquiridos 40
Proba obxectiva A52 Avaliación dos coñecementos teóricos da materia 40
Traballos tutelados A53 B7 C1 C6 Preparación e exposición de traballos sobre contidos da materia 20
 
Observacións avaliación

A avaliación do alumnado a tempo parcial terá en conta as súas circunstancias especiais en canto a flexibilidade horaria.


Fontes de información
Bibliografía básica Brady Orand (2011). Foundations of IT Service management with ITIL 2011. CreateSpace
Peter Farenden (2011). ITIL for dummies. Oxford : John Wiley & Sons
Office of Government Commerce (2012). Passing your ITIL Foundation exam. The Stationery Office

Bibliografía complementaria Cabinet Office (2011). ITIL Continual Service Improvement. TSO (The Stationery Office)
Cabinet Office (2011). ITIL Service Design. TSO (The Stationery Office)
Cabinet Office (2011). ITIL Service Operation. TSO (The Stationery Office)
Cabinet Office (2011). ITIL Service Strategy. TSO (The Stationery Office)
Cabinet Office (2011). ITIL Service Transition. TSO (The Stationery Office)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión de Proxectos/614G01021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Calidade en Sistemas de Información/614G01044
Aseguramento da Calidade/614G01223

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías