Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Calidade na Xestion TIC Código 614G01046
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Enes Álvarez, Jonatan
Correo electrónico
jonatan.enes@udc.es
Profesorado
Enes Álvarez, Jonatan
Correo electrónico
jonatan.enes@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución á xestión de servizos TIC dentro do contorno dunha organización. Prestarase especial atención ás recomendacións ITIL.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas as metodoloxías docentes serán modificadas para adaptalas á modalidade docente non presencial.

Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: Para a exposición dos contidos da materia, substituirase a clase de teoría presencial na aula por videoconferencia (en directo, gravada e compartida cos estudantes).
- Prácticas de laboratorio: As prácticas pasarán a realizarse de maneira virtual mediante Teams.
- Estudo de casos: A explicación do problema proposto realizarase de forma virtual ou cun vídeo gravado.
- Proba obxectiva: Substituirase a proba obxectiva de avaliación dos contidos teóricos da materia por cuestionarios Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Utilizaranse as ferramentas Email, Moodle, Microsoft Teams e Microsoft Stream coa temporización indicada a continuación.
- Email: Medio principal de interacción cos estudantes. Uso deste medio diariamente, e baixo demanda segundo as necesidades docentes ao longo do cuadrimestre.
- Moodle: Medio principal de compartición de materiais docentes da materia (transparencias, enunciados das prácticas de laboratorio, gravacións das sesións maxistrais, ...), e de comunicación de noticias durante o curso. Uso deste medio baixo demanda segundo as necesidades docentes ao longo do cuadrimestre.
- Microsoft Teams: Medio utilizado para realización de videoconferencias nas que se imparten os contidos teóricos da materia, para gravación das devanditas videoconferencias, para a asistencia aos estudantes durante a realización das prácticas, e para realización de titorías en liña. Dispoñibilidade nos horarios oficiais de prácticas e teoría. Tamén baixo demanda en función das necesidades dos estudantes.
- Microsoft Stream: Medio utilizado para distribución das gravacións das videoconferencias realizadas con Microsoft Teams.

4. Modificacións na avaliación:
+ Ningunha modificación

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios na bibliografía recomendada.

Competencias do título
Código Competencias do título
A52 Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
A56 Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados.
A58 Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e seguranza dos sistemas informáticos.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B7 Preocupación pola calidade
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a problemática na xestión dun servizo A52
A53
A56
A58
B1
B7
B9
Capacidade para deseñar, despregar e xestionar un servizo TIC A53
A56
A58
B1
B2
B3
B9
C1
Capacidade para a xestión da garantía e seguridade dos sitemas informáticos A58
B1
B3
B9
C1
Comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das TIC A52
B7
C6

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Organizacións e TIC
Xestión de servizos
Boas prácticas de xestión de servizos Conceptos xerais
Introdución a ITIL v3
O ciclo de vida dun servizo Ciclo de vida dun servizo
Estratexia do servizo
Deseño do servizo
Transición do servizo
Operación do servizo
Mellora continua do servizo
Estratexia de servizos Introdución
Propósito e obxectivo
Procesos
Strategy Management for IT Services
Service Portfolio Management
Financial Management for IT Services
Business Relationship Management
Demand Management
Deseño de servizos Conceptos xenéricos e definicións
Principios clave e modelos
Procesos
Transición de servizos Conceptos xenéricos e definicións
Principios clave e modelos
Procesos
Operación de servizos Conceptos xenéricos e definicións
Principios claves e modelos
Procesos
Funcións
Mellora continua de servizos Principios clave e modelos
Procesos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A52 A53 A56 A58 B7 B9 C6 20 54 74
Prácticas de laboratorio A53 A56 B1 B2 B3 B7 C1 20 54 74
Proba obxectiva A52 A53 A56 A58 B1 B3 B9 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos da materia
Prácticas de laboratorio Realizaranse diversas prácticas cun enfoque para comprender a importancia dalgúns aspectos relacionados coa xestión de servizos.
Proba obxectiva Avaliación mediante proba escrita dos contidos da matería

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
O estudantado disporá de atención personalizada en todas as fases da aprendizaxe, tanto práctico como teórico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A53 A56 B1 B2 B3 B7 C1 Algunhas das prácticas para realizar serán avaliadas. 50
Proba obxectiva A52 A53 A56 A58 B1 B3 B9 C1 Avaliación dos coñecementos teóricos da materia.

Dividirase en 2 probas, unha de menor peso realizada a metade do cuadrimestre co contido do temario impartido ata ese momento, e unha proba final de maior peso realizada a final do cuadrimestre.
50
 
Observacións avaliación
<p> A avaliación do alumnado a tempo parcial terá en conta as súas circunstancias especiais en canto a flexibilidade horaria. </p>

Fontes de información
Bibliografía básica Brady Orand (2011). Foundations of IT Service management with ITIL 2011. CreateSpace
Peter Farenden (2011). ITIL for dummies. Oxford : John Wiley &amp;amp; Sons
Office of Government Commerce (2012). Passing your ITIL Foundation exam. The Stationery Office

Bibliografía complementaria Cabinet Office (2011). ITIL Continual Service Improvement. TSO (The Stationery Office)
Cabinet Office (2011). ITIL Service Design. TSO (The Stationery Office)
Cabinet Office (2011). ITIL Service Operation. TSO (The Stationery Office)
Cabinet Office (2011). ITIL Service Strategy. TSO (The Stationery Office)
Cabinet Office (2011). ITIL Service Transition. TSO (The Stationery Office)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión de Proxectos/614G01021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Calidade en Sistemas de Información/614G01044
Aseguramento da Calidade/614G01223

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías