Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Programación de Sistemas Código 614G01058
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Vazquez Regueiro, Carlos
Correo electrónico
carlos.vazquez.regueiro@udc.es
Profesorado
Amor Lopez, Margarita
Vazquez Regueiro, Carlos
Correo electrónico
margarita.amor@udc.es
carlos.vazquez.regueiro@udc.es
Web
Descrición xeral Programación de sistemas encaixados e dispositivos móbiles

Competencias do título
Código Competencias do título
A32 Capacidade de desenvolver procesadores específicos e sistemas embarcados, así como desenvolver e optimizar o sóftware dos ditos sistemas.
A34 Capacidade de deseñar e implementar sóftware de sistemas e de comunicacións.
B1 Capacidade de resolución de problemas
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para desenvolver aplicacións Android en dispositivos móbiles, procesadores específicos e sistemas encaixados A32
A34
B1
C6
C7
C8
Capacidade de desenvolver aplicacións Android con capacidade de comunicacións e interacción A32
A34
B1
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.1. Introdución á Programación de Sistemas Introdución á Programación de Sistemas
Presentación da asignatura
1.2. Introdución a Android Historia e evolución
Arquitectura e características
Compoñentes principais
1.3. Ferramentas de desenvolvemento Instalación do SDK e Android Studio
Aplicación básica e estrutura dunha aplicación
Depuración y testing
Recursos
2.1. Actividades e Intents Ciclo de vida
Manifesto
Intents explícitos e implícitos
Paso de parámetros
2.2. Interfaz de usuario Layouts
Vistas
Eventos
2.3. Fragmentos Concepto
Fragmentos estáticos e dinámicos
Comunicación entre fragmentos
2.4. Traballando en segundo plano Servicios locais
Servicios remotos
Broadcast Receivers
Procesos e Fíos
Fíos asíncronos
3.1. Interaccionando co usuario Menú e ActionBar
Menú contextual
Notificacions
Diálogos
Listas e Adaptadores
3.2. Persistencia de datos Preferencias
Ficheros internos e externos
Base de datos
Proveedor de Contidos
Loaders
3.3. Interconexión Sockets
Conexión vía Post
Protocolos: XML y JSON
Servicios de rede avanzados
3.4. AppWidgets e Distribución AppWidgets
Publicación
Seguridad
Monetización e Publicidade
Optimización
4.1. Servicios do sistema e Sensores Servicios do sistema
Conectividade
Servicios wifi e teléfono
Sensores
4.2. Localización e Mapas Localización
Mapas (librería Google Maps)
Servicios de localización
4.3. Multimedia e Cámara Reprodución Multimedia
Audio Manager
Cámara
4.4. Animacions e Gráficos Animacions
Gráficos
Múltiples eventos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A32 A34 B1 C6 C7 14 42 56
Traballos tutelados A32 A34 B1 C6 C7 C8 7 28 35
Proba mixta A32 A34 B1 C6 2 0 2
Sesión maxistral A32 A34 21 31.5 52.5
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Os alumnos desenvolverán prácticas no laboratorio para a aprendizaxe da programación de dispositivos móbiles con Android. Suscitaranse unha serie de prácticas seguindo un guión para que o alumno se familiarice cos conceptos e procedementos básicos da programación con Android (competencias A32 e A 34).

Tamén se promoverá a ampliación e mellora das funcionalidades básicas de cada práctica proposta (competencia C7) así como a discusión e a resolución de problemas (competencias B1 e C6).

As prácticas constan dunha parte presencial (que se entrega ao acabar) e outra non presencial que se entrega antes da seguinte clase de laboratorio.

Os alumnos a tempo parcial poderían presentar todas as prácticas de forma non presencial.
Traballos tutelados Propoñeranse traballos (aplicacións) para que os alumnos profundiceen en temas tratados na asignatura (competencias A32 e A 34) e explorar novos coñecementos (competencias C6 e C7).
Valorarase especialmente que a aplicación sexa funcional e robusta (competencia B1), e que poida contribuir á mellora da sociedade (competencia C8).

Cada traballo desenvolverase por un número reducido de alumnos (típicamente entre 2 e 4), polo que a coordinación e a metodoloxía de traballo en grupo é moi importante. Tamén se pedirá un pequeno informe de seguemento nas principais fases de desenvolvemento.

As ideas e problemas discutiranse fundamentalmente durante as horas de tutoría de grupos reducidos.
Proba mixta Exame sobre os contidos da materia que combinará preguntas de teoría coa resolución de problemas.

Neste tipo de proba compróbase a adquisición da competencia A32 e A34.
Sesión maxistral Exposición didáctica dos contidos teóricos da asignatura empregando diapositivas e outros recursos TIC. Tamén se expoñerán en detalle a implementación de certas aplicacións básicas para que os alumnos póidanas implementar e testear durante as prácticas de laboratorio.

Este tipo de sesións está orientado a adquisición dos coñecementos asociados ás competencias A32 e A34 e como guía para a adquisición autónoma de novos coñecementos e competencias (competencia C7). Tamén se fomentará a discusión e a valoración crítica das diferentes alternativas e enfoques na resolución de problemas (competencias B1 e C6).

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Sesión magistral: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación á materia teórica exposta nas clases.

Prácticas de laboratorio: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación ás prácticas propostas ou realizadas no laboratorio.

Traballos tutelados: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación aos traballos tutelados propostos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A32 A34 B1 C6 C7 Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas de laboratorio mediante probas mixtas. 40
Traballos tutelados A32 A34 B1 C6 C7 C8 Avaliación dos traballos tutelados desenvolvidos polo alumno mediante probas mixtas. 20
Proba mixta A32 A34 B1 C6 Valoraranse os coñecementos da materia (incluíndo a resolución de problemas) mediante probas mixtas. 40
 
Observacións avaliación

A asignatura apróbase obtendo polo menos o 50% da cualificación.


É necesario obter máis dun 30% da nota en cada apartado: práctica de laboratorio, traballo tutelado e proba mixta.

Os alumnos a tempo parcial poderían presentar todas as prácticas de forma non presencial. 

Pero a asistencia á proba mixta e a defensa do traballo tutelado é obrigratoria.

Fontes de información
Bibliografía básica Wie Meng Lee (2012). Android 4 Desarrollo de aplicaciones. Wrox (Anaya Multimedia)
Lauren Darcey y Shane Conder (2012). Android 4. Programación. Anaya
Erik Hellman (2013). Android Programming: Pushing the Limits. Wiley
Scott McCracken (2012). Android. Curso de desarrollo de aplicaciones. Inforbook
Jesús Tomás Gironés (2012). El gran libro de Android. Marcombo
Joan Ribas Lequerica (2014). Manual imprescindible de desarrollo de aplicaciones para Android. Anaya Multimedia
Reto Meier (2012). Professional Android 4 Application Development. WRox

Bibliografía complementaria Lauren Darcey y Shane Conder (2012). Android Application development in 24 hours. SAMS
Joshua J. Drake , Zach Lanier , Collin Mulliner , Pau Oliva Fora, Stephen A. Ridley , Georg Wichersk (2014). Android Hacker's Handbook. Wiley
José Enrique Amaro Soriano (2012). Android. Programación de dispositivos móviles a través de ejemplos. Marcombo
Joan Ribas Lequerica (2012). Desarrollo de aplicaciones para Android. Anaya
Anders Goransson (2014). Efficient Android Threading: Asynchronous Processing Techniques for Android Applications. O'Reilly Media


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas Operativos/614G01016
Concorrencia e Paralelismo/614G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sistemas Empotrados/614G01060

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías