Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas Código 614G01059
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Gonzalez Gomez, Patricia
Correo electrónico
patricia.gonzalez@udc.es
Profesorado
Gonzalez Gomez, Patricia
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
patricia.gonzalez@udc.es
xoan.pardo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia supón unha continuación á materia de Xestión de Infraestructuras, orientada ao estudo de solucións tolerantes a fallas e de alta dispoñibilidade en centros de datos (DC), así como unha introducción ao uso de tecnoloxías de virtualización nos DC e a sua utilización no despregamento de servicios na nube (cloud computing).

Competencias do título
Código Competencias do título
A36 Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e a seguridade dos sistemas informáticos.
A37 Capacidade para analizar, avaliar, seleccionar e configurar plataformas hárdware para o desenvolvemento e execución de aplicacións e servizos informáticos.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os sistemas software e hardware que permitan a implantación de solucións tolerantes a fallas A36
A37
B1
B3
C3
C6
Saber planificar o despregamento, migración e posta en funcionamento de infraestructuras informáticas A36
A37
B1
B3
C3
Saber e coñecer o funcionamento das técnicas de monitorización e administración de infraestructuras informáticas A36
A37
B1
C3
C6
Saber dimensionar axeitadamente as infraestructuras informáticas en función dos requisitos de deseño A37
B1
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I: Arquitecturas Data Center de Alta Dispoñibilidade 1.- Introducción á Alta Dispoñibilidade (HA)
2.- Arquitectura dun Data Center
3.- Servidores dun Data Center para HA
4.- Clusters dun Data Center para HA
Bloque II: Virtualización e Computación na Nube 1.- Tecnoloxías de virtualización
2.- Virtualización e solucións HA no Data Center
3.- Computación na Nube (Cloud Computing)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio B1 C3 14 42 56
Proba obxectiva A36 A37 3 0 3
Traballos tutelados A37 B3 C6 6 18 24
Sesión maxistral A36 A37 C6 21 42 63
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos
mediante a realización de sesións prácticas en computadores.
Proba obxectiva Proba única que se fará ao final do cuadrimestre, sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.
Traballos tutelados Resolución de un caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas, estudiando en maior profundidade una aplicación específica directamente relacionada cos contidos da materia. Deberá entregarse un informe sobre o traballo realizado, resumindo as principais conclusións do mesmo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate
cos estudantes. Todo iso coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a
aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

Todos os profesores da materia proporán ademais un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B1 C3 As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. 40
Proba obxectiva A36 A37 A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. 40
Traballos tutelados A37 B3 C6 O traballo tutelado consistirá na resolución de un caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar o curso será necesario acadar unha puntuación mínima do 50% en cada unha das metodoloxías avaliables.

Para a segunda oportunidade (exame de xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de realizar unha proba obxectiva sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais e disporán dunha segunda data de entrega das prácticas propostas e traballos tutelados.

ALUMNOS A TEMPO PARCIAL

A avaliación será igual que a dos alumnos a tempo completo.


Fontes de información
Bibliografía básica

1. Kailash Jayaswal (2006)."Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP". Wiley 

2. Evan Marcus, Hal Stern (2003, 2o ed). "Blueprints for High Availability: designing resilient distributed systems". Wiley 

3. Germán Pacio (2015). "Data Centers Hoy". Marcombo. ISBN: 978-8-42672-156-3

4. Luís Joyanes Aguilar (2013). "Computación en la Nube: Estrategias de Cloud Computing en las Empresas". Marcombo. ISBN: 978-8-42671-893-8


Bibliografía complementaria

1. Hwaiyu Geng (2015). "Data Center Handbook". Wiley. ISBN: 978-1-118-43663-9

2. Gustavo Santana (2014). "Data Center Virtualization Fundamentals". Cisco Press. ISBN: 978-1-58714-324-3



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión de Infraestruturas/614G01025
Arquitectura de Computadores/614G01033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Administración de Infraestruturas Informáticas/614G01093

Observacións

Para o itinerario de Tecnoloxías da Información, no que esta materia é optativa no 2º cuadrimestre, recoméndase cursar simultaneamente a materia: "Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos (614G01216)".



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías