Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas Código 614G01059
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Profesorado
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia supón unha continuación da materia de Xestión de Infraestructuras orientada ao estudo de solucións tolerantes a fallas e de alta dispoñibilidade en centros de datos (DC) e unha introducción ao uso de tecnoloxías de virtualización nos DC e aos fundamentos da computación na nube (cloud computing).

Competencias do título
Código Competencias do título
A36 Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e a seguridade dos sistemas informáticos.
A37 Capacidade para analizar, avaliar, seleccionar e configurar plataformas hárdware para o desenvolvemento e execución de aplicacións e servizos informáticos.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os sistemas software e hardware que permitan a implantación de solucións tolerantes a fallas A36
A37
B1
B3
C3
C6
Coñecer as alternativas tecnolóxicas para implantar solucións de alta dispoñibilidade nos centros de procesos de datos A36
A37
B3
C3
Saber configurar solucións de alta dispoñiblidade utilizando as ferramentas informáticas axeitadas A36
A37
B1
C3
Coñecer os fundamentos da virtualización e as súas aplicacións máis relevantes nos centros de proceso de datos A37
B3
C3
C6
Coñecer os fundamentos da computación na nube (Cloud Computing) A37
B3
C6
Saber utilizar os servizos básicos de proveedores cloud públicos A37
B1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Alta dispoñibilidade no centro de datos
Virtualización no centro de datos
Computación na nube (Cloud Computing)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio B1 C3 14 42 56
Proba obxectiva A36 A37 3 0 3
Traballos tutelados A37 B3 C6 6 18 24
Sesión maxistral A36 A37 C6 21 42 63
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en computadores.
Proba obxectiva Proba única que se fará ao final do cuadrimestre, sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.
Traballos tutelados Resolución de un caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas, estudiando en maior profundidade una aplicación específica directamente relacionada cos contidos da materia. Deberá entregarse un informe sobre o traballo realizado, resumindo as principais conclusións do mesmo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate
cos estudantes. Todo iso coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias e realizarán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.

O profesorado da materia proporá un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B1 C3 As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. 40
Proba obxectiva A36 A37 A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. 40
Traballos tutelados A37 B3 C6 O traballo tutelado consistirá na resolución de un caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas 20
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para superar a materia será requisito indispensable entregar todas as prácticas obrigatorias que se propoñan. O traballo tutelado será opcional e só se terá en conta se cumpre cos mínimos de calidade esixidos polo profesor. A nota final calcularase como a media ponderada das notas das prácticas, o traballo tutelado e a proba obxectiva. Para aprobar será necesario acadar un mínimo dun 40% nas notas das prácticas e da proba obxectiva e un 50% no total.

SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. Haberá unha segunda data de entrega para as prácticas e o traballo tutelado. As notas das partes que acadaran o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.

REPETIDORES
Conservarase durante un curso a nota das prácticas se se obtén un mínimo do 50%

ALUMNOS A TEMPO PARCIAL
A avaliación será igual que a dos alumnos a tempo completo.

FRAUDE
No caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.

Fontes de información
Bibliografía básica

1. Kailash Jayaswal (2006)."Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP". Wiley. ISBN: 978-0-471-77183-8 

2. Sander Van Vugt (2014)."Pro Linux high availability clustering".Apress. ISBN:978-1484200803   

3. Germán Pacio (2015). "Data Centers Hoy". Marcombo. ISBN: 978-8-42672-156-3

4. Luís Joyanes Aguilar (2013). "Computación en la Nube: Estrategias de Cloud Computing en las Empresas". Marcombo. ISBN: 978-8-42671-893-8


Bibliografía complementaria

1. Hwaiyu Geng (2015). "Data Center Handbook". Wiley. ISBN: 978-1-118-43663-9

2. Gustavo Santana (2014). "Data Center Virtualization Fundamentals". Cisco Press. ISBN: 978-1-58714-324-3



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión de Infraestruturas/614G01025
Arquitectura de Computadores/614G01033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Administración de Infraestruturas Informáticas/614G01093

Observacións

Para o itinerario de Tecnoloxías da Información, no que esta materia é optativa no 2º cuadrimestre, recoméndase cursar simultaneamente a materia: "Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos (614G01113)".



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías