Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas Código 614G01059
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Profesorado
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia supón unha continuación da materia de Xestión de Infraestruturas orientada ao estudo de solucións tolerantes a fallas e de alta dispoñibilidade en centros de procesamento de datos (CPD) e unha introdución ao uso de tecnoloxías de virtualización nos CPDs e aos fundamentos da Computación na Nube (Cloud Computing).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se modifican

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

Sesión maxistral, Prácticas de laboratorio, Traballos tutelados
Segundo o acordado pola Facultade de Informática seguindo as recomendacións da UDC ante a situación xerada polo COVID-19, estas actividades docentes xa se realizan preferentemente de xeito non presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican

Proba obxectiva: adáptase o seu formato á modalidade non presencial

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Comunicación asíncrona baixo demanda (correo electrónico, mensaxería instantánea e/ou videochamada usando Teams)
Comunicación síncrona semanal nos horarios de docencia oficiais ou, excepcionalmente, en horarios acordados previamente co alumnado (videoconferencia usando Teams)
Aloxamento dos contidos do curso (materiais, novas, clases gravadas, vídeos, bibliografía, foros, etc.) en Moodle con actualización típica semanal.

4. Modificacións na avaliación

Non hai modificacións nas metodoloxías, criterios ou porcentaxes indicados na guía docente

*Observacións de avaliación:

A única modificación é a adaptación da proba obxectiva a unha modalidade non presencial

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se modifican

Competencias do título
Código Competencias do título
A36 Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e a seguridade dos sistemas informáticos.
A37 Capacidade para analizar, avaliar, seleccionar e configurar plataformas hárdware para o desenvolvemento e execución de aplicacións e servizos informáticos.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os sistemas software e hardware que permitan a implantación de solucións tolerantes a fallas A36
A37
B1
B3
C3
C6
Coñecer as alternativas tecnolóxicas para implantar solucións de alta dispoñibilidade nos centros de procesamento de datos A36
A37
B3
C3
Saber configurar solucións de alta dispoñiblidade utilizando as ferramentas informáticas axeitadas A36
A37
B1
C3
Coñecer os fundamentos da virtualización e as súas aplicacións máis relevantes nos centros de procesamento de datos A37
B3
C3
C6
Coñecer os fundamentos da computación na nube (Cloud Computing) A37
B3
C6
Saber utilizar os servizos básicos de provedores cloud públicos A37
B1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tolerancia a fallas, redundancia e alta dispoñibilidade
Servidores e clusters de servidores
Alta dispoñibilidade no centro de procesamento de datos
Virtualización no centro de procesamento de datos
Computación na nube (Cloud Computing)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio B1 C3 14 42 56
Proba obxectiva A36 A37 3 0 3
Traballos tutelados A37 B3 C6 6 18 24
Sesión maxistral A36 A37 C6 21 42 63
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Actividade que permite ás/aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en computadores.
Proba obxectiva Proba única que se fará ao final do cuadrimestre, sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.
Traballos tutelados Proposta de traballos para a súa resolución de forma autónoma por parte do alumnado. Estes traballos permitiranlle ao alumnado profundar en aspectos do temario que lle interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais.
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumnado disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que as/os alumnas/os vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

Para a realización dos traballos tutelados o profesor proporcionará as indicacións iniciais necesarias e realizará un seguimento dos avances que o alumnado vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.

O profesor proporá un horario de titorías no que o alumnado poderá resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase ás/aos alumnas/os o aproveitamento das titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B1 C3 As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. 40
Proba obxectiva A36 A37 A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. 40
Traballos tutelados A37 B3 C6 Os traballos tutelados serán sobre algún tema a convir entre as/os alumnas/os e o profesor. Valoraranse entre outros o cumprimento das especificacións, a contribución persoal, e a calidade das explicacións e da presentación dos resultados. 20
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para superar a materia será requisito indispensable entregar todas as prácticas obrigatorias que se propoñan. O traballo tutelado será opcional e só se terá en conta se cumpre cos mínimos de calidade esixidos polo profesor. A nota final calcularase como a media ponderada das notas das prácticas, o traballo tutelado e a proba obxectiva. Para aprobar será necesario acadar un mínimo dun 40% nas notas das prácticas e da proba obxectiva e un 50% no total.

SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. Haberá unha segunda data de entrega para as prácticas e o traballo tutelado. As notas das partes que acadaran o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.

REPETIDORAS/ES
Conservarase durante un curso a nota das prácticas se se obtén un mínimo do 50%

MATRÏCULA A TEMPO PARCIAL

Os criterios de avaliación serán iguais aos do alumnado a tempo completo.

FRAUDE
No caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.

Fontes de información
Bibliografía básica

1. Kailash Jayaswal (2006)."Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP". Wiley. ISBN: 978-0-471-77183-8 

2. Sander Van Vugt (2014)."Pro Linux high availability clustering".Apress. ISBN:978-1484200803   

3. Germán Pacio (2015). "Data Centers Hoy". Marcombo. ISBN: 978-8-42672-156-3

4. Luís Joyanes Aguilar (2013). "Computación en la Nube: Estrategias de Cloud Computing en las Empresas". Marcombo. ISBN: 978-8-42671-893-8


Bibliografía complementaria

1. Hwaiyu Geng (2015). "Data Center Handbook". Wiley. ISBN: 978-1-118-43663-9

2. Gustavo Santana (2014). "Data Center Virtualization Fundamentals". Cisco Press. ISBN: 978-1-58714-324-3



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión de Infraestruturas/614G01025
Arquitectura de Computadores/614G01033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Administración de Infraestruturas Informáticas/614G01093

Observacións

Para o itinerario de Tecnoloxías da Información, no que esta materia é optativa, recoméndase cursala no segundo cuadrimestre simultaneamente á materia: "Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos (614G01113)".­­­

SOBRE A MODALIDADE DE DOCENCIA HÍBRIDA

Debido á situación derivada do COVID-19 a docencia desta materia adoptou, excepcionalmente, unha modalidade que combina a non presencialidade cunha mínima presencialidade, segundo o acordado pola Facultade de Informática seguindo as recomendacións da UDC. Nesta modalidade, as probas obxectivas de avaliación serán presenciais, e as demais actividades docentes (docencia teórica, prácticas, traballos tutelados e titorías individuais) faranse preferentemente de xeito non presencial usando as ferramentas recomendadas pola UDC (Teams, Moodle, Stream, etc).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías