Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas Código 614G01059
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Profesorado
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia supón unha continuación da materia de Xestión de Infraestruturas orientada ao estudo de solucións tolerantes a fallas e de alta dispoñibilidade en centros de procesamento de datos (CPD) e unha introdución ao uso de tecnoloxías de virtualización nos CPDs e aos fundamentos da Computación na Nube (Cloud Computing).

Competencias do título
Código Competencias do título
A36 Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e a seguridade dos sistemas informáticos.
A37 Capacidade para analizar, avaliar, seleccionar e configurar plataformas hárdware para o desenvolvemento e execución de aplicacións e servizos informáticos.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os sistemas software e hardware que permitan a implantación de solucións tolerantes a fallas A36
A37
B1
B3
C3
C6
Coñecer as alternativas tecnolóxicas para implantar solucións de alta dispoñibilidade nos centros de procesamento de datos A36
A37
B3
C3
Saber configurar solucións de alta dispoñiblidade utilizando as ferramentas informáticas axeitadas A36
A37
B1
C3
Coñecer os fundamentos da virtualización e as súas aplicacións máis relevantes nos centros de procesamento de datos A37
B3
C3
C6
Coñecer os fundamentos da computación na nube (Cloud Computing) A37
B3
C6
Saber utilizar os servizos básicos de provedores cloud públicos A37
B1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tolerancia a fallas, redundancia e alta dispoñibilidade
Servidores e clusters de servidores
Alta dispoñibilidade no centro de procesamento de datos
Virtualización no centro de procesamento de datos
Computación na nube (Cloud Computing)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A37 B1 B3 C3 C6 20 60 80
Proba obxectiva A36 A37 3 0 3
Sesión maxistral A36 A37 C6 21 42 63
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Actividade que permite ás/aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en computadores.
Proba obxectiva Proba única que se fará ao final do cuadrimestre, sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumnado disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que as/os alumnas/os vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

O profesor proporá un horario de titorías no que o alumnado poderá resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase ás/aos alumnas/os o aproveitamento das titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A37 B1 B3 C3 C6 As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. Ademáis poderán realizarse probas complementarias de avaliación contínua sobre os contidos específicos tratados nas prácticas. 50
Proba obxectiva A36 A37 A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. 50
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para superar a materia será requisito indispensable entregar todas as prácticas obrigatorias que se propoñan. A nota final calcularase como a media ponderada das notas das prácticas e a proba obxectiva. Para aprobar será necesario acadar un mínimo dun 40% nas notas das prácticas e da proba obxectiva e un 50% no total.

SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. Haberá unha segunda data de entrega para as prácticas. As notas das partes que acadaran o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.

REPETIDORAS/ES
Conservarase durante un curso as prácticas obrigatorias que obteñan unha cualificación de APTA

MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL

Os criterios de avaliación serán iguais aos do alumnado a tempo completo.

FRAUDE
No caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.

Fontes de información
Bibliografía básica

1. Kailash Jayaswal (2006)."Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP". Wiley. ISBN: 978-0-471-77183-8 

2. Sander Van Vugt (2014)."Pro Linux high availability clustering".Apress. ISBN:978-1484200803   

3. Germán Pacio (2015). "Data Centers Hoy". Marcombo. ISBN: 978-8-42672-156-3

4. Luís Joyanes Aguilar (2013). "Computación en la Nube: Estrategias de Cloud Computing en las Empresas". Marcombo. ISBN: 978-8-42671-893-8


Bibliografía complementaria

1. Hwaiyu Geng (2015). "Data Center Handbook". Wiley. ISBN: 978-1-118-43663-9

2. Gustavo Santana (2014). "Data Center Virtualization Fundamentals". Cisco Press. ISBN: 978-1-58714-324-3



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión de Infraestruturas/614G01025
Arquitectura de Computadores/614G01033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Administración de Infraestructuras e Sistemas Informáticos/614G01113

Materias que continúan o temario
Administración de Infraestruturas Informáticas/614G01093

Observacións

Para a mención en Tecnoloxías da Información, na que esta materia é optativa, a materia deberá cursarse no segundo cuadrimestre simultaneamente á materia: "Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos (614G01113)".­­



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías