Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Métodos Numéricos para a Informática Código 614G01064
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Arregui Alvarez, Iñigo
Correo electrónico
inigo.arregui@udc.es
Profesorado
Arregui Alvarez, Iñigo
Correo electrónico
inigo.arregui@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poden presentar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra linear; cálculo diferencial e integral; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
A33 Capacidade de analizar e avaliar arquitecturas de computadores, incluíndo plataformas paralelas e distribuídas, así como desenvolver e optimizar sóftware para elas
A41 Capacidade para avaliar a complexidade computacional dun problema, coñecer estratexias algorítmicas que poidan conducir á súa resolución e recomendar, desenvolver e implementar aquela que garanta o mellor rendemento de acordo cos requisitos establecidos.
B3 Capacidade de análise e síntese

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os modelos máis representativos en ciencia e enxeñaría, en particular na informática, que se formulan mediante modelos matemáticos e que se resolven con métodos numéricos A1
Coñecer e comprender as técnicas numéricas máis adecuadas para cada un dos modelos formulados A1
A33
A41
B3
Implementar software que desenvolva as técnicas numéricas ou utilizar ferramentas que as desenvolvan A1
A41
B3
Abordar problemas que xorden no ámbito da enxeñaría informática, abarcando desde a comprensión dos modelos ata a implementación en computador das solucións A1
A41
B3

Contidos
Temas Subtemas
Métodos numéricos matriciales e aplicacións - Resolución numérica de grandes sistemas lineais. Métodos directos e iterativos. Matrices ocas. Aplicacións
- Problemas de mínimos cadrados. Aplicacións
- Método da potencia para autovalores. Algoritmo Page Rank de Google
Métodos numéricos para graficos en computador - Interpolación e interpolación a trozos
- Interpolación por splines
- Introdución a B-splines e curvas de Bezier
- Aplicacións en gráficos por computador
Resolución numérica de ecuacións en derivadas parciais. Aplicacións - Introdución ás ecuacións en derivadas parciais
- Métodos de diferenzas finitas
- Aplicacións en procesado de imaxe
Implementación en ferramentas de software de solucións a distintas aplicacións - Recordatorio dalgúns comandos de MatLab e Python
- Comandos relacionados coa materia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A1 A33 A41 B3 14 28 42
Solución de problemas A1 A41 B3 4 14 18
Proba mixta A1 B3 3 0 3
Sesión maxistral A1 B3 21 60 81
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Exporanse prácticas do ámbito das aplicacións dos distintos métodos desenvolvidos, analizaranse os problemas e se propondá ao alumno a elaboración de programas que resolvan os problemas propostos
Solución de problemas Exporanse listas de exercicios que fan referencia a distintos aspectos dos contidos da materia
Proba mixta Trátase dun exame escrito que se realizará nas datas determinadas pola Xunta de Facultade para esta materia. A proba oriéntase fundamentalmente á resolución de problemas
Sesión maxistral Na sesión maxistral o profesor exporá os contidos teórico-prácticos. Primeiro motivaranse os contidos mediante problemas reais, a continuación desenvolveranse os conceptos e métodos, intercalando exemplos de aplicación e exercicios resoltos

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
- Nas prácticas de laboratorio o profesor revisa e discute con cada alumno os avances na práctica que lle foi asignada
- Nos traballos tutelados, ademais da explicación dos obxectivos propostos nos mesmos, discutirase e revisará o avance dos mesmos, así como o resultado final dos mesmos.
- O profesor atenderá aos estudantes en todas as súas dúbidas sobre os conceptos teóricos e a súa aplicación práctica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A33 A41 B3 Prácticas desenvolvidas polo alumno que consisten na resolución mediante computador de problemas relacionados coa materia e que teñen certa compoñente aplicada 50
Proba mixta A1 B3 Exame de problemas relacionados cos contidos da materia 50
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia, o estudante deberá:

- entregar ao menos o 75% dos traballos propostos como prácticas de laboratorio

- obter polo menos unha cualificación de 4 na proba escrita.

No caso de actividades presenciais, facilitarase a súa realización aos estudantes matriculados a tempo parcial.


Fontes de información
Bibliografía básica R.L. Burden, J.D. Faires (2011). Análisis Numérico. Cengage Learning
D. Kincaid, W. Cheney (1994). Análisis numérico: las matemáticas del cálculo científico. Addison Wesley
(1996). Matlab, Partial differential equations toolbox. Mathworks
(1996). Matlab, the language of scientific computing. Mathworks
J.H. Mathews, K.D. Fink. (2000). Métodos numéricos con MATLAB. Prentice-Hall
J. Kiusalaas (2005). Numerical Methods in Engineering with Python. Cambridge U.P.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Programación I/614G01001
Cálculo/614G01003
Programación II/614G01006
Álxebra/614G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías