Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Integración de Datos Código 614G01072
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
López Rodríguez, Juan Ramon
Correo electrónico
juan.ramon.lopez@udc.es
Profesorado
López Rodríguez, Juan Ramon
Parama Gabia, Jose Ramon
Correo electrónico
juan.ramon.lopez@udc.es
jose.parama@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

Sesión maxistral.
Solución de problemas
Lecturas
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados

*Metodoloxías docentes que se modifican

Proba mixta: A proba final pasa a ser NON PRESENCIAL (online).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Non se realizan cambios

4. Modificacións na avaliación

Elíminanse todos os requisitos de nota mímima por parte previamente establecidos para superar a materia.

*Observacións de avaliación: Ningunha

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizan cambios. Xa se estaba a proporcionar abondante material dixitalizado no Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A18 Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu adecuado uso, e o deseño e a análise e implementación de aplicacións baseadas nelas.
A19 Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos sistemas de información, incluídos os baseados en web.
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
A46 Capacidade de integrar solucións de tecnoloxías da información e as comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles alcanzar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, e dándolles así vantaxes competitivas.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B5 Habilidades de xestión da información
B6 Toma de decisións
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender a diversidade e complexidade da información dispoñible para unha organización, e a importancia da súa correcta integración. Comprender a dificultade de integrar datos procedentes de fontes diversas e heteroxéneas. Comprender tamén a problemática da coexistencia de diferentes paradigmas, tecnoloxías e formatos de almacenamento de información, en constante evolución. A18
A19
A27
A46
B2
C3
C8
Comprender a problemática da integración dos paradigmas relacional e orientado a obxectos. Aprender a deseñar e implementar aplicacións baseadas no uso de mapeadores obxecto-relacionais e APIs de integración de datos. Valorar na xusta medida as vantaxes ofrecidas fronte a solucións mais tradicionais. A18
A19
A27
A46
C2
C3
C6
Coñecer as técnicas básicas de integración de información empresarial a través do proceso ETL. Adquirir destreza no uso de ferramentas gráficas actuais de deseño e implementación de procesos ETL. A27
A46
C2
C3
C6
Mellorar nas capacidades de análise, toma de decisións e xustificación das mesmas, a través da realización de traballos acompañados de documentación explicativa e razonada A46
B1
B3
B5
B6
C1
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Integración de información empresarial Técnicas de integración empresarial
ETL: Extracción, Transformación e Carga.
Tecnoloxías de integración Mapeadores obxecto-relacionais
Sistemas de Información distribuidos e federados Bases de Datos Distribuidas
Sistemas de Información Federados

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A18 A27 A33 A44 A46 B3 B5 C1 C6 C8 21 42 63
Solución de problemas A46 B1 B2 B6 7 14 21
Lecturas A18 A46 C2 C6 C8 0 9 9
Prácticas de laboratorio A18 A19 A27 A46 B1 B2 B6 C3 14 21 35
Proba mixta A18 A27 B3 2 0 2
Traballos tutelados A18 A19 A27 A46 B1 B2 B3 B6 C3 0 18 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos fundamentais da materia serán expostos en clases teóricas, que consistirán na exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumo.

Dado que a docencia da materia será virtual, as clases maxistrais serán impartidas apoiándose nos medios dispoñibles a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, Moodle).
Solución de problemas Resolveranse diferentes problemas a partir dun enunciado inicial. Discutiranse as solucións, fomentando a participación e interacción entre es estudantes.

Dado que a docencia da materia será virtual, as clases de resolución de problemas serán impartidas apoiándose nos medios dispoñibles a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, Moodle).
Lecturas O profesorado indicará unha serie de lecturas específicas para algún dos temas, que os estudantes deberán revisar pola súa conta. As lecturas serán, preferentemente, de material dispoñible en liña.
Prácticas de laboratorio O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais.

Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos e apoiaranse tamén coa realización de exercicios prácticos.

Dado que a docencia da materia será virtual, as clases de prácticas de laboratorio serán impartidas apoiándose nos medios dispoñibles a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, Moodle).
Proba mixta Será realizada unha proba PRESENCIAL final, que abarcará tanto conceptos teóricos como aspectos prácticos.
Traballos tutelados Proporanse traballos que, co apropiado asesoramento dos docentes, o estudantado terá que levar a cabo pola súa conta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Toda a atención personalizada será realizada a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, correo electrónico, foros de Moodle)

Durante as clases resolveranse as dúbidas dos estudantes a través dos servizos de chat, videochamadas e pantallas compartidas.

Para as titorías, pedirase aos estudantes que soliciten cita para realizar videochamadas nos horarios establecidos en espazos.udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A18 A19 A27 A46 B1 B2 B6 C3 Para a primeira oportunidade, realizarase durante o curso un seguimento do alumnado con probas ou entregas de exercicios prácticos.

Na segunda oportunidade esta parte poderá recuperarse realizando un ou varios traballos prácticos que poderán ser, a criterio dos docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar dificultade.
40
Proba mixta A18 A27 B3 Realizarase un exame final da materia que avaliará os seguintes aspectos:

-Conceptos da materia: Dominio dos coñecementos teóricos enfatizados na materia.
-Asimilación práctica da materia: Asimilación e comprensión dos coñecementos operativos e habilidades procedimentais enfatizados na materia.

Para superar esta parte deben obterse 1,25 puntos dos 3 posibles. De non conseguilo, a asignatura estará suspensa, e recibirase unha nota numérica non superior ó 4,5.

As condicións da proba mixta son idénticas para a primeira e a segunda oportunidade.
30
Traballos tutelados A18 A19 A27 A46 B1 B2 B3 B6 C3 Será proposto un traballo tutelado que poderá constar de unha ou varias partes.

Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ó coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

Na segunda oportunidade esta parte poderá recuperarse realizando un traballo práctico que poderá ser, a criterio dos docentes, o mesmo da primeira oportunidade ou outro de similar dificultade.
30
 
Observacións avaliación
  • Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.
  • Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a
totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso
de actividades que requiran dun equipamento específico, ou planificadas
nunha data e hora concretas, se lles facilitará, dentro do posible, unha
alternativa viable se a solicitan.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada  consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.


Fontes de información
Bibliografía básica García-Molina, H.; Ullman, J.; Widom, J. (2009). Database System. The complete book. 2º edición. Prentice-Hall
Bauer, C; King, G. (2007). Java Persistence with Hibernate. Manning
Casters, M.; Bouman, R.; Dongen, J. (2010). Pentaho Kettle Solutions. Wiley
Connolly, T. e Begg, C. (2005). Sistemas de bases de datos, 4ª edición . Addison-Wesley
Kimball, R.; Caserta, J. (2004). The Data Warehouse ETL Toolkit. Wiley

Bibliografía complementaria Pulvirenti, A.S.; Roldán, M.C. (2011). Pentaho Data Integration 4 Cookbook. Packt Publishing


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases de Datos/614G01013
Explotación de Almacéns de Datos/614G01043

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Arquitectura dos sistemas de Información/614G01075

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías