Identifying Data 2022/23
Subject (*) Data Integration Code 614G01072
Study programme
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optional 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinador
López Rodríguez, Juan Ramon
E-mail
juan.ramon.lopez@udc.es
Lecturers
López Rodríguez, Juan Ramon
Parama Gabia, Jose Ramon
E-mail
juan.ramon.lopez@udc.es
jose.parama@udc.es
Web
General description

Study programme competencies
Code Study programme competences
A18 Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu adecuado uso, e o deseño e a análise e implementación de aplicacións baseadas nelas.
A19 Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos sistemas de información, incluídos os baseados en web.
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
A46 Capacidade de integrar solucións de tecnoloxías da información e as comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles alcanzar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, e dándolles así vantaxes competitivas.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B5 Habilidades de xestión da información
B6 Toma de decisións
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Entender a diversidade e complexidade da información dispoñible para unha organización, e a importancia da súa correcta integración. Comprender a dificultade de integrar datos procedentes de fontes diversas e heteroxéneas. Comprender tamén a problemática da coexistencia de diferentes paradigmas, tecnoloxías e formatos de almacenamento de información, en constante evolución. A18
A19
A27
A46
B2
C3
C8
Comprender a problemática da integración dos paradigmas relacional e orientado a obxectos. Aprender a deseñar e implementar aplicacións baseadas no uso de mapeadores obxecto-relacionais e APIs de integración de datos. Valorar na xusta medida as vantaxes ofrecidas fronte a solucións mais tradicionais. A18
A19
A27
A46
C2
C3
C6
Coñecer as técnicas básicas de integración de información empresarial a través do proceso ETL. Adquirir destreza no uso de ferramentas gráficas actuais de deseño e implementación de procesos ETL. A27
A46
C2
C3
C6
Mellorar nas capacidades de análise, toma de decisións e xustificación das mesmas, a través da realización de traballos acompañados de documentación explicativa e razonada A46
B1
B3
B5
B6
C1
C3
C6

Contents
Topic Sub-topic
Tecnoloxías de integración Mapeo obxecto-relacional. O estándar JPA.
Integración de información empresarial Técnicas de integración empresarial
ETL: Extracción, Transformación e Carga.
Sistemas de Información distribuidos e federados Bases de Datos Distribuidas
Sistemas de Información Federados

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A18 A27 A46 B5 C6 C8 21 42 63
Problem solving A46 B1 B6 7 14 21
Workbook A18 A46 C2 C6 C8 0 9 9
Laboratory practice A18 A19 A27 A46 B1 B2 B6 C1 C3 14 21 35
Mixed objective/subjective test A18 A27 B3 2 0 2
Supervised projects A18 A19 A27 A46 B1 B2 B3 B6 C1 C3 0 18 18
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Os contidos fundamentais da materia serán expostos en clases teóricas, que consistirán na exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumo.
Problem solving Resolveranse diferentes problemas a partir dun enunciado inicial. Discutiranse as solucións, fomentando a participación e interacción entre os estudantes.
Workbook O profesorado indicará unha serie de lecturas ou vídeos específicos para algún dos temas, que os estudantes deberán revisar pola súa conta. As lecturas serán, preferentemente, de material dispoñible en liña.
Laboratory practice O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais.

Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos que se apoiarán tamén coa realización de exercicios prácticos.
Mixed objective/subjective test Será realizada unha proba PRESENCIAL final, que abarcará tanto conceptos teóricos como aspectos prácticos.
Supervised projects Proporanse traballos que, co apropiado asesoramento dos docentes, o estudantado terá que levar a cabo pola súa conta.

Personalized attention
Methodologies
Laboratory practice
Problem solving
Supervised projects
Description
Nas aulas de problemas e nas prácticas de laboratorio, a atención personalizada será realizada na propia aula.

Existirá tamén a posibilidade de solicitar cita nos horarios establecidos polos docentes en espazos.udc.es. Durante os ditos horarios tamén se responderan consultas realizadas a través do correo electrónico corporativo ou da mensaxeria da plataforma Teams.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A18 A19 A27 A46 B1 B2 B6 C1 C3 Para a primeira oportunidade, realizarase durante o curso un seguimento do alumnado con probas ou entregas de exercicios prácticos.

Na segunda oportunidade esta parte poderá recuperarse realizando un ou varios traballos prácticos que poderán ser, a criterio dos docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar dificultade.
30
Mixed objective/subjective test A18 A27 B3 Realizarase un exame final da materia que avaliará os seguintes aspectos:

-Conceptos da materia: Dominio dos coñecementos teóricos enfatizados na materia.
-Asimilación práctica da materia: Asimilación e comprensión dos coñecementos operativos e habilidades procedimentais enfatizados na materia.

Para superar esta parte deben obterse 2 puntos dos 5 posibles. De non conseguilo, a asignatura estará suspensa, e recibirase unha nota numérica non superior ó 4,5.

As condicións da proba mixta son idénticas para a primeira e a segunda oportunidade.
50
Supervised projects A18 A19 A27 A46 B1 B2 B3 B6 C1 C3 Será proposto un traballo tutelado que poderá constar de unha ou varias partes.

Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ó coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

Na segunda oportunidade esta parte poderá recuperarse realizando un traballo práctico que poderá ser, a criterio dos docentes, o mesmo da primeira oportunidade ou outro de similar dificultade.
20
 
Assessment comments
  • Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.
  • Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.

COPIA E/ OU PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, será penalizada de acordo co establecido no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a
totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso
de actividades que requiran dun equipamento específico, ou planificadas
nunha data e hora concretas, se lles facilitará, dentro do posible, unha
alternativa viable se a solicitan.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada  consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.


Sources of information
Basic García-Molina, H.; Ullman, J.; Widom, J. (2009). Database System. The complete book. 2º edición. Prentice-Hall
Bauer, C; King, G. (2007). Java Persistence with Hibernate. Manning
Casters, M.; Bouman, R.; Dongen, J. (2010). Pentaho Kettle Solutions. Wiley
Connolly, T. e Begg, C. (2005). Sistemas de bases de datos, 4ª edición . Addison-Wesley
Kimball, R.; Caserta, J. (2004). The Data Warehouse ETL Toolkit. Wiley

Complementary Pulvirenti, A.S.; Roldán, M.C. (2011). Pentaho Data Integration 4 Cookbook. Packt Publishing


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Databases/614G01013
Data Warehousing/614G01043

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Information Systems Architecture/614G01075

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.