Identifying Data 2023/24
Subject (*) Data Integration Code 614G01072
Study programme
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optional 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinador
López Rodríguez, Juan Ramon
E-mail
juan.ramon.lopez@udc.es
Lecturers
López Rodríguez, Juan Ramon
Parama Gabia, Jose Ramon
E-mail
juan.ramon.lopez@udc.es
jose.parama@udc.es
Web
General description

Study programme competencies
Code Study programme competences
A18 Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu adecuado uso, e o deseño e a análise e implementación de aplicacións baseadas nelas.
A19 Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos sistemas de información, incluídos os baseados en web.
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
A46 Capacidade de integrar solucións de tecnoloxías da información e as comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles alcanzar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, e dándolles así vantaxes competitivas.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B5 Habilidades de xestión da información
B6 Toma de decisións
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Entender a diversidade e complexidade da información dispoñible para unha organización, e a importancia da súa correcta integración. Comprender a dificultade de integrar datos procedentes de fontes diversas e heteroxéneas. Comprender tamén a problemática da coexistencia de diferentes paradigmas, tecnoloxías e formatos de almacenamento de información, en constante evolución. A18
A19
A27
A46
B2
C3
C8
Comprender a problemática da integración dos paradigmas relacional e orientado a obxectos. Aprender a deseñar e implementar aplicacións baseadas no uso de mapeadores obxecto-relacionais e APIs de integración de datos. Valorar na xusta medida as vantaxes ofrecidas fronte a solucións mais tradicionais. A18
A19
A27
A46
C2
C3
C6
Coñecer as técnicas básicas de integración de información empresarial a través do proceso ETL. Adquirir destreza no uso de ferramentas gráficas actuais de deseño e implementación de procesos ETL. A27
A46
C2
C3
C6
Mellorar nas capacidades de análise, toma de decisións e xustificación das mesmas, a través da realización de traballos acompañados de documentación explicativa e razonada A46
B1
B3
B5
B6
C1
C3
C6

Contents
Topic Sub-topic
Tecnoloxías de integración Mapeo obxecto-relacional. O estándar JPA.
Integración de información empresarial Técnicas de integración empresarial
ETL: Extracción, Transformación e Carga.
Sistemas de Información distribuidos e federados Bases de Datos Distribuidas
Sistemas de Información Federados

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A18 A27 A46 B5 C6 C8 21 42 63
Problem solving A46 B1 B6 7 14 21
Workbook A18 A46 C2 C6 C8 0 9 9
Laboratory practice A18 A19 A27 A46 B1 B2 B6 C1 C3 14 21 35
Mixed objective/subjective test A18 A27 B3 2 0 2
Supervised projects A18 A19 A27 A46 B1 B2 B3 B6 C1 C3 0 18 18
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Os contidos fundamentais da materia serán expostos en clases teóricas, que consistirán na exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumo.
Problem solving Resolveranse diferentes problemas a partir dun enunciado inicial. Discutiranse as solucións, fomentando a participación e interacción entre os/as estudantes.
Workbook O profesorado indicará unha serie de lecturas ou vídeos específicos para algún dos temas, que os/as estudantes deberán revisar pola súa conta. As lecturas serán, preferentemente, de material dispoñible en liña.
Laboratory practice O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais.

Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos que se apoiarán tamén coa realización de exercicios prácticos.
Mixed objective/subjective test Será realizada unha proba PRESENCIAL final, que abarcará tanto conceptos teóricos como aspectos prácticos.
Supervised projects Proporanse traballos que, co apropiado asesoramento dos docentes, o estudantado terá que levar a cabo pola súa conta.

Personalized attention
Methodologies
Laboratory practice
Problem solving
Supervised projects
Description
Nas aulas de problemas e nas prácticas de laboratorio, a atención personalizada será realizada na propia aula.

Existirá tamén a posibilidade de solicitar cita nos horarios establecidos polos docentes en espazos.udc.es. Durante os ditos horarios tamén se responderan consultas realizadas a través do correo electrónico corporativo ou da mensaxeria da plataforma Teams.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A18 A19 A27 A46 B1 B2 B6 C1 C3 Para a primeira oportunidade, realizarase durante o curso un seguimento do alumnado con probas ou entregas de exercicios prácticos.

Na segunda oportunidade esta parte poderá recuperarse realizando un ou varios traballos prácticos que poderán ser, a criterio dos docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar dificultade.
30
Mixed objective/subjective test A18 A27 B3 Realizarase un exame final da materia que avaliará os seguintes aspectos:

-Conceptos da materia: Dominio dos coñecementos teóricos enfatizados na materia.
-Asimilación práctica da materia: Asimilación e comprensión dos coñecementos operativos e habilidades procedimentais enfatizados na materia.

Para superar esta parte deben obterse 2 puntos dos 5 posibles. De non conseguilo, a asignatura estará suspensa, e recibirase unha nota numérica non superior ó 4,5.

As condicións da proba mixta son idénticas para a primeira e a segunda oportunidade.
50
Supervised projects A18 A19 A27 A46 B1 B2 B3 B6 C1 C3 Será proposto un traballo tutelado que poderá constar de unha ou varias partes.

Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ó coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

Na segunda oportunidade esta parte poderá recuperarse realizando un traballo práctico que poderá ser, a criterio dos docentes, o mesmo da primeira oportunidade ou outro de similar dificultade.
20
 
Assessment comments
  • no Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.
  • Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.

FRAUDE ACADÉMICO

A comisión de fraude académico será penalizada de acordo co establecido nas "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS
ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO"  e no "REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO" da UDC.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a
totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso
de actividades que requiran dun equipamento específico, ou planificadas
nunha data e hora concretas, se lles facilitará, dentro do posible, unha
alternativa viable se a solicitan.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada  consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.


Sources of information
Basic García-Molina, H.; Ullman, J.; Widom, J. (2009). Database System. The complete book. 2º edición. Prentice-Hall
Bauer, C; King, G. (2007). Java Persistence with Hibernate. Manning
Casters, M.; Bouman, R.; Dongen, J. (2010). Pentaho Kettle Solutions. Wiley
Connolly, T. e Begg, C. (2005). Sistemas de bases de datos, 4ª edición . Addison-Wesley
Kimball, R.; Caserta, J. (2004). The Data Warehouse ETL Toolkit. Wiley

Complementary Pulvirenti, A.S.; Roldán, M.C. (2011). Pentaho Data Integration 4 Cookbook. Packt Publishing


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Databases/614G01013
Data Warehousing/614G01043

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Information Systems Architecture/614G01075

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (uso de linguaxe non sexista...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Tratarase de detectar situacións de discriminación por razón de xénero e de propor accións e medidas para corrixilas.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.