Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistemas de Información Empresarial Código 614G01073
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
maria.martinez@udc.es
Profesorado
Gomez Garcia, Angel
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
angel.gomez@udc.es
maria.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral A influencia das Tecnoloxías da Información é cada vez maior nas organizacións pasando de dar soporte ás actividades operativas ao apoio á toma de decisións e xestión. Ademais, o entorno cada vez máis competitivo e esixente no que teñen que moverse as organizacións fai que teñan que mellorar a súa xestión e a integración das distintas áreas para poder ofrecer un mellor servizo.

Nesta materia trataranse os Sistemas Informáticos que integran a información xerada polas distintas actividades da empresa, facilitando o seu seguimento e servindo de soporte á toma de decisións e á xestión da organización.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios nos contidos da materia.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A maior parte das metodoloxías docentes mantéñense pero adaptando a súa realización á docencia exclusivamente non presencial mediante as ferramentas proporcionadas pola UDC (Moodle, Teams, e-mail, chamadas telefónicas desviadas dende o despacho ao móbil persoal). Así temos:
- Traballos tutelados: por medio do canal de Teams (videochamadas, chat, chamadas de audio) da materia para o seguimento e consulta de dúbidas. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle.
- Prácticas de laboratorio: por medio do canal de Teams (videochamadas, chat, chamadas de audio) da materia para a explicación e consultas das dúbidas sobre as mesmas. Ademais, a contorna de desenvolvemento das prácticas permite que sexan realizadas nos equipos dos alumnos/as. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle.
- Presentación oral: a exposición dos traballos tutelados farase por medio do canal de Teams da materia (reunión) e en casos excepcionais mediante o envío dun vídeo gravado polos alumnos/as. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle.
- Sesión maxistral: por medio da organización do canal de Teams (reunión) da materia. A documentación publícase en Moodle.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Proba obxectiva: no caso dunha situación de excepcionalidade se substitúe o exame pola entrega duns exercicios prácticos dos principais temas impartidos nas clases maxistrais. A puntuación na avaliación da proba intercámbiase coa dos traballos.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Moodle. Temporalidade: A lo menos unha vez á semana. Realízase a publicación dos contidos, tarefas, mensaxes en foros, etc. necesarios para o seguimento normal da materia. Ademais, independentemente destas publicacións, respóndese ás consultas do alumnado o antes posible.
- Teams. Temporalidade: A lo menos dúas veces á semana. Videochamada, chamada de audio, chamada telefónica en caso de falta de conectividade. Realízase para a docencia non presencial da materia, cumprindo os horarios do calendario académico establecidos polo centro. Ademais, independentemente deste horario, respóndese ás consultas do alumnado no equipo da materia o antes posible. Conexión para resolución de dúbidas prácticamente a diario.

4. Modificacións na avaliación
*Metodoloxía: Peso na cualificación-Descrición
- Traballos tutelados: 20%-Avaliarase a calidade e exposición dos traballos realizados.
- Prácticas de laboratorio: 40%-Seguimento das prácticas de laboratorio.
- Exercicios prácticos: 40%-Actividades prácticas dos principais temas impartidos nas clases maxistrais.
- Proba obxectiva: 0%-Proba de avaliación dos coñecementos teórico/prácticos da materia.

*Observacións de avaliación:
No caso dunha situación de excepcionalidade e tendo en conta que se está a realizar unha avaliación continua mediante traballos prácticos de cada tema, decídese substituír a proba obxectiva pola entrega de novas tarefas. O peso da avaliación da proba intercámbiase entre eles. Estes criterios aplícanse á avaliación de alumnos/as que se presenten tanto á primeira como á segunda oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios na bibliografía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A46 Capacidade de integrar solucións de tecnoloxías da información e as comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles alcanzar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, e dándolles así vantaxes competitivas.
B3 Capacidade de análise e síntese
B6 Toma de decisións
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade de integrar solucións de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e procesos empresariais para satisfacer as necesidades de información das organizacións, permitíndolles acadar os seus obxectivos de forma efectiva e eficiente, dándolles así vantaxes competitivas. A46
B3
B6
B8
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios tecnolóxicos ao alcance das persoas emprendedoras. Coñecemento adecuado da organización e xestión de empresas. C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introdución. - Os Sistemas de Tecnoloxías da Información e as Organizacións.
Tema 2: Sistemas de soporte ás actividades operativas. - TPS. Sistemas de Procesamento Transaccional/Transactions Processing System.
Tema 3: Sistemas de apoio á xestión empresarial. - ERP. Sistemas de Planificación de Recursos Empresariais/Enterprise Resource Planning.

- CRM. Sistemas de Xestión da Relación cos Clientes e Marketing/Customer Relationship Management.
Tema 4: Sistemas de apoio á xerencia. - MIS. Sistemas de Información Xerencial/Management Information System.

- DDS. Sistemas de Apoio á Toma de Decisións/Decision Support System.
Tema 5: Sistemas de Intelixencia Empresarial. - BI. Ferramentas de Intelixencia Empresarial/Business Intelligence.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A46 B3 B6 B8 C5 C7 0.5 0 0.5
Sesión maxistral A46 B3 B6 B8 C5 C7 30 7.5 37.5
Prácticas de laboratorio A46 B3 B6 B8 C5 C7 20 20 40
Traballos tutelados A46 B3 B6 B8 C5 C7 8 16 24
Presentación oral A46 B3 B6 B8 C5 C7 2 12 14
Proba obxectiva A46 B3 B6 B8 C5 C7 2 16 18
 
Atención personalizada 16 0 16
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día da clase amosarase ao alumno o temario e como se desenvolverá a materia.
Sesión maxistral Esta metodoloxía empregarase para amosar aos alumnos os conceptos teóricos que forman parte da materia.
Prácticas de laboratorio O obxectivo é que o alumno poda ver a aplicación práctica dos conceptos explicados nas sesións maxistrais. Para elo, o alumno traballará con algúns dos sistemas vistos na aula.
Traballos tutelados Consistirá nun traballo desenvolto polo alumno e proposto polos profesores, será non presencial, supervisado, debéndose de entregar unha memoria que será empregada para avaliar ao alumno.
O obxectivo é que o alumno profunde nos aspectos máis importantes e características dos Sistemas de Información Empresarial, permitíndolle adquirir coñecementos que doutra maneira non sería posible.
Presentación oral Os alumnos expoñeran os traballos realizados ao longo do cuadrimestre.
Proba obxectiva Realizarase ao remate da materia para comprobar que o alumno adquiriu as competencias asociadas cos coñecementos teóricos expostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada está enfocada a apoiar ao alumno na compresión das diferentes técnicas mediante o apoio nas titorías e a resolución das dúbidas que xurdan nas clases maxistrais.

Tamén, se lle prestará axuda ao alumno nas dúbidas que podan xurdir na realización das prácticas e durante a aprendizaxe mediante os traballos tutelados, para un mellor aproveitamento e comprensión dos coñecementos vistos na clase.

No desenvolvemento xeral da materia empregaranse, como medios telemáticos, as ferramentas proporcionadas pola UDC (Moodle, Teams, email, etc.).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A46 B3 B6 B8 C5 C7 Exame sobre os conceptos comentados na clase. 40
Traballos tutelados A46 B3 B6 B8 C5 C7 Sesións de control e unha memoria na que se avaliará: formato, estrutura, redacción e contido 20
Prácticas de laboratorio A46 B3 B6 B8 C5 C7 Entrega dunha memoria cos resultados acadados e o proceso seguido. 40
 
Observacións avaliación
Para obter a cualificación de aprobado ou superior na materia é imprescindible acadar unha nota mínima na parte teórica e práctica. A cal será de 4 puntos sobre un máximo de 10.

O contido deste apartado é orientativo dependendo do carácter da materia. No primeiro día de clase os profesores comentarán como se realizará a avaliación.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A
TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para
posibilitar a realización das tarefas fora da organización habitual.

Fontes de información
Bibliografía básica K. C. Laudon, J. P. Laudon (2011). Essentials of Management Information Systems. Pearson Education Limited
T. Davenport (2000). Mission Critical. Realizing the Promise of Enterprise Systems. Harvard Business School Press
R. McLeod (2000). Sistemas de Información Gerencial. Prentice Hall
K. C. Laudon, J. P. Laudon (2012). Sistemas de Información Gerencial. Pearson
A. Gomez, C. Suarez (2009). Sistemas de Información: Herramientas prácticas para la gestión (3ª ed.). Ra-Ma
A. Gomez, C. Suarez (2011). Sistemas de Información: Herramientas prácticas para la gestión empresarial (4ª ed.). Ra-Ma
I. Gil (1997). Sistemas y tecnologías de la información para la gestión. McGRAW-HILL

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión de Proceso de Negocio/614G01042

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendase ao alumno, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías