Identifying Data 2022/23
Subject (*) Computer Systems Security Code 614G01079
Study programme
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optional 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinador
Vázquez Naya, José Manuel
E-mail
jose.manuel.vazquez.naya@udc.es
Lecturers
Rivera Dourado, Martiño
Vázquez Naya, José Manuel
E-mail
martino.rivera.dourado@udc.es
jose.manuel.vazquez.naya@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal
General description A seguridade nos sistemas de información é crucial en todos e cada un dos servizos ofertados pola denominada sociedade da información. Posto que cada vez máis información está accesible, cada vez requírense controis de seguridade máis estritos. O avance tecnolóxico neste caso funciona de catalizador en ambas as direccións: por unha banda favorece o acceso a novos tipos e a maior cantidade de información (o que require un aumento dos controis de seguridade) e doutra banda posibilita a implantación de mecanismos de seguridade máis refinados (que posibilitan o acceso seguro a novos tipos de información).

A materia está exposta para proporcionar ao alumno o coñecemento necesario dos conceptos básicos e técnicas empregadas para a protección dos sistemas de información, desde o punto de vista físico, lóxico e administrativo. Estes conceptos básicos incluirán, como paso de inicio, a evolución dos diferentes métodos e algoritmos de cifrado. Debido ao enorme auxe dos diversos medios electrónicos de intercambio de información (correo electrónico, páxinas web, e-commerce, firma dixital, etc.), un aspecto fundamental cando se traballa neste ámbito será ter a formación suficiente na seguridade deste tipo de sistemas. Para o correcto funcionamento dos servizos referidos esíxese a existencia dunha infraestrutura (redes de comunicacións e sistemas operativos) que funcione de modo seguro e fiable. Por tanto será preciso coñecer os aspectos fundamentais dos compoñentes, protocolos de funcionamento, configuración, etc. da devandita infraestrutura. Este coñecemento será o que lle permita ao alumno entender e solucionar os riscos actuais, e os que inevitablemente xurdirán no futuro, que afectan a todo sistema de información.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A58 Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e seguranza dos sistemas informáticos.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Identificar os fundamentos dos criptosistemas e identificar os mecanismos de seguridade así como a súa integración nas organizacións A58
B3
C3
C6
Definir os riscos e vulnerabilidades dun sistema de información e a súa aplicación en contornas reais. A58
B1
C3
C6
Utilizar ferramentas de seguridade. A58
B1
C3
Organizar a seguridade dun sistema de información. A58
B1
C3
C6
Expresar de forma clara e efectiva a necesidade, implantación, vantaxes e desvantaxes das medidas de seguridade. A58
B3
C3
C6

Contents
Topic Sub-topic
Cryptology Sistemas criptográficos de clave secreta
- Cifradores de bloque
- Cifradores de flujo
Sistemas criptográficos de clave pública
Técnicas de criptoanálise
Esteganografía
Funcións hash
Firma dixital
Certificados dixitais
Autoridades de certificación
Tarxetas intelixentes
Email security PGP
- GPG
S/MIME
Information Security Management System (ISMS) Estándares de Xestión da Seguridade da Información
Normas ISO / IEC 27000
Implantación de un SGSI
Malware Virus
"Trojans"
"Rootkits"
"Exploits"
Forensic Analysis Fases da Análise Forense
Ferramentas HW e SW
Case studies Estudo de casos reais de ataques a sistemas de información
Practices Proba de distintas ferramentas de seguridade, relacionadas cos temas de teoría

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech B3 21 42 63
Laboratory practice A58 B1 C3 C6 15 30 45
Supervised projects A58 B3 C3 C6 6 24 30
Objective test A58 B1 1 0 1
 
Personalized attention 11 0 11
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Clases expositivas de presentación dos coñecementos teóricos de cada un dos temas.

O material utilizado nestas clases estará dispoñible na plataforma de formación da Universidade da Coruña.
Laboratory practice Sesións prácticas en computador, nas que se deben resolver unha serie de boletíns de exercicios prácticos propostos polo profesor. Os exercicios buscan consolidar os coñecementos presentados nas sesións maxistrais e tamén fomentar a aprendizaxe autónoma do alumno. Na resolución dos exercicios, utilizaranse distintas ferramentas de seguridade, co obxectivo de que o alumno as coñeza e adquira destreza no seu uso.

Algúns exercicios teñen carácter individual, mentres que outros serán realizados en grupo.

Os boletíns de exercicios publicaranse a través da plataforma de formación da Universidade da Coruña.
Supervised projects Traballos académicos relativos ao contido da materia, que se realizan en grupos pequenos. O profesor proporá unha listaxe de temas, relacionados co temario da materia. Os alumnos deberán escoller un tema e acordar a estrutura do traballo co profesor. Finalmente, os alumnos deben realizar unha presentación na clase do traballo realizado.

O obxectivo dos traballos é que o alumno profunde nun tema do seu interese.
Objective test Proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Laboratory practice
Guest lecture / keynote speech
Description
Na realización das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados, realizarase un "Seguimento continuado" ou "Atención personalizada". De xeito que, para obter a máxima nota, será necesario participar de maneira activa durante o desenvolvemento dos mesmos.

Tamén na "Sesión Maxistral" realizarase un "Seguimento continuado" ou "Atención personalizada". Exporanse preguntas e retos. Fomentarase o debate na clase. Valorarase a participación activa.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A58 B1 Ao finalizar o cuadrimestre, realizarase unha proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno.
50
Supervised projects A58 B3 C3 C6 Realización do traballo tutelado e a súa presentación en clase.

Criterios avaliación: dificultade da temática, traballo de procura e selección de material relevante, calidade e cantidade das fontes de información seleccionadas, capacidade de síntese, existencia de compoñente práctica ou realización de probas, calidade da memoria e calidade da presentación.

Realizarase un "Seguimento continuado" ou "Atención personalizada". De xeito que, para obter a máxima nota, será necesario participar de maneira activa durante o desenvolvemento dos traballos tutelados.
20
Laboratory practice A58 B1 C3 C6 No enunciado de cada práctica especificarase a data límite para a realización da mesma, así como a metodoloxía de avaliación, que pode ser a través da entrega dunha memoria, da realización dunha proba en ordenador, ou mediante ambas.

Realizarase un "Seguimento continuado" ou "Atención personalizada". De xeito que, para obter a máxima nota, será necesario participar de maneira activa durante o desenvolvemento das prácticas.
30
 
Assessment comments
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Ó longo do curso realizaranse unha serie de "prácticas de laboratorio" e un "traballo tutelado", coas características e peso indicados no cadro anterior.

Ó finalizar o curso realizarase unha "proba obxectiva", coas características e peso indicados no cadro anterior.


2. SEGUNDA OPORTUNIDADE E OPORTUNIDADE ADIANTADA

Realizarase unha "proba obxectiva", coas características e peso indicados no cadro anterior. A nota da "proba obxectiva" obtida na primeira oportunidade, se fose o caso, NON se conserva.

As notas de "prácticas de laboratorio", e do "traballo tutelado" obtidas na primeira oportunidade, consérvanse para o resto de oportunidades dese curso.

Caso de non ter nota nalgún destes apartados, e querer optar a ela, o alumno debe contactar co coordinador da materia cunha antelación mínima de 30 días naturais antes da data do exame.

A nota de "prácticas de laboratorio" poderá recuperarse mediante a realización e defensa das prácticas que se determinen para a segunda oportunidade (ou oportunidade adiantada, segundo corresponda).

A nota do "traballo tutelado" poderá recuperarse mediante a realización e defensa dun traballo tutelado individual, cuxa temática debe ser acordada co coordinador da materia.


3. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO"

Consideraranse como "non presentados" aos alumnos que non realicen a proba obxectiva.


4. ALUMNOS A TEMPO PARCIAL

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial.

Os alumnos que cursen a materia a tempo parcial deben realizar as mesmas probas de avaliación que os alumnos que as cursen a tempo completo, coas seguintes consideracións:

- En canto á defensa das prácticas, se o alumno non puidese asistir á defensa no horario de prácticas, convirase con el un horario alternativo.

- En canto á realización do traballo tutelado, exímese ao alumno da necesidade de realizar o traballo en grupo, podendo realizalo individualmente, e, en caso de non poder presentar o traballo na clase por incompatibilidade no horario, o alumno poderá realizar a presentación ao profesor no horario convido por ambos.

O alumno deberá notificar ao coordinador da materia a súa condición de estudante a tempo parcial tan pronto como lle sexa recoñecida, para que o profesor poida realizar unha correcta planificación das actividades docentes.

5. COPIA E/OU PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, será penalizada de acordo co establecido no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.



Sources of information
Basic Jorge Ramió (1999). Aplicaciones Criptográficas. UPM
S. Harris (2010). CISSP All in one. 5ª Edición. Mc-Graw Hill
Stallings, W. (2011). Cryptography and Network Security: Principles and Practice (Fifth ed.). Prentice Hall
M. Mackrill, C. Nowell, K. Stopford, C. Trautwein (2011). Official ISC2 Guide to the SSCP CBK. 2ª Edición. Ed. Harold F. Tripton

Complementary Schneier, B. (2007). Applied cryptography: protocols, algorithms, and source code in C. Wiley-India
Manuel J. Lucena (). Critpografía y seguridad en Computadores. http://wwwdi.ujaen.es/~mlucena
Simson Garfinkel, Gene Spafford, Alan Schwartz (2003). Practical UNIX and Internet Security, Third Edition. O'Reilly
Information Security Forum (). The Standard of good Practice for Information Security. http://www.isfsecuritystandard.com


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Computer Security and Legislation/614G01024
Operating Systems Administration/614G01047
Network Administration/614G01048
Database Administration/614G01050

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.