Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Integración de Aplicacións Código 614G01080
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Álvarez Díaz, Manuel
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
Profesorado
Álvarez Díaz, Manuel
Losada Perez, Jose
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
jose.losada@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia céntrase no estudo de técnicas de integración de aplicacións empresariais. Para elo analiza as diferentes aproximacións existentes tanto para facilitar a integración como para xestionala. Para ilustrar todos estes conceptos xerais, farase uso de tecnoloxías utilizadas habitualmente na industria para estes propósitos, como servicios web RESTFul, e sistemas de integración orientada a servizos (SOA). O enfoque da materia é fundamentalmente práctico, polo que se proporcionan múltiples exemplos de código durante as clases teóricas, e a práctica ten un forte impacto na nota final da materia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Ningunha.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
As sesións maxistrais xa estaba previsto impartilas a través de Teams.
A docencia correspondente á parte práctica (prácticas de laboratorio e traballos tutelados) tamén estaba previsto impartilas a través de Teams, con sesións grupais cando fose preciso explicar contidos e sesións privadas para atender dúbidas individuais de cada alumno ou grupo de prácticas (de maneira semellante a como se procede nos laboratorios de prácticas).

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mantéñense as recollidas no apartado correspondente da guía docente.

4. Modificacións na avaliación
A proba de resposta múltiple realizaríase a través de Moodle.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as recollidas no apartado correspondente da guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.

Competencias do título
Código Competencias do título
A56 Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para deseñar, implementar e despregar servizos software (con énfasis en servicios web) mediante o uso de tecnoloxías modernas e técnicas de diseño estándar, e para xestionar a sua integración en arquitecturas de sistemas de información orientadas a servizos. A56
B1
B3
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Parte I. Introdución Tema 1: Introdución as Tecnoloxías de Integración de Aplicacións
Parte II. Integración de Aplicacións: Procesos de Negocio Tema 2: Arquitecturas de Integración de Aplicacións
Tema 3: Orquestación de Servizos Web
Parte III. Integración de Aplicacións: Servizos Web REST Tema 4: Introdución a Servizos Web REST
Tema 5: Titorial de JAX-RS
Tema 6: Titorial de JAX-B
Tema 7: Caso de Estudo
Tema 8: Titorial Avanzado de JAX-RS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A56 21 21 42
Prácticas a través de TIC A56 B1 B3 C3 C6 19 53 72
Traballos tutelados A56 B1 B3 C3 C6 2 20 22
Proba de resposta múltiple A56 B3 2 5 7
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases impartidas polo profesor mediante a proxección de diapositivas. As clases teñen un enfoque totalmente práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As presentacións e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están dispoñibles na páxina Web da materia na ferramenta moodle. As clases de teoría impartiranse online (Teams) no horario oficial.
Prácticas a través de TIC Ao longo do cuadrimestre realizaranse prácticas en grupo, nas que o alumno utiliza a maior parte dos coñecementos teóricos de maneira integrada. A entrega realízase en varias iteracións. O obxectivo da primeira iteración é intentar garantir que o alumno enfoca ben a resolución do problema proposto. Para elo, o profesor intenta detectar erros importantes, e nese caso, orienta ao alumno hacia a sua resolución. Na segunda iteración o alumno corrixe os erros detectados e engade o resto de funcionalidades.

Para os alumnos con matrícula a tempo parcial, o tamaño da práctica será menor, sin que isto supoña un perxuicio na su calificación.

As clases de prácticas impartiranse online (Teams) no horario oficial.
Traballos tutelados Realizarase un traballo teórico/práctico dirixido, relacionado coa evaluación dunha ferramenta de integración de aplicacións, para que el alumno desenrole a súa capacidade de aprendizaxe de ferramentas/tecnoloxías.
Proba de resposta múltiple Realizarase un exame de tipo test, co obxectivo de comprobar que o alumno asimiliou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non respostadas non puntúan, e as respostadas erróneamente puntúan negativamente. O exame será presencial.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Asistencia a través da ferramenta Teams da Universidade nos horarios de clases de laboratorio e traballos tutelados para resolver dúbidas relacionadas coas prácticas da materia e para o seguimento na elaboración das mesmas.

As titorías tamén se establecen como un medio de atención personalizada para a resolución de dúbidas relacionadas coa materia de forma telemática a través de correo electrónico ou da ferramenta Teams.

En xeral para todos os alumnos, e en particular para o caso de alumnos con matrícula a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia, tanto a documentación das sesións maxistrais como a correspondentes ás sesions prácticas estarán accesibles a través da plataforma moodle da Universidade. Adicionalmente, poderán contactar cos profesores da materia de forma telemática a través de correo electrónico ou da ferramenta Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A56 B1 B3 C3 C6 A práctica estructúrase en 2 partes (chamadas iteracións). É obrigatorio presentar ambas iteracións. A corrección da primeira iteración non leva asociada unha nota, pero a súa entrega é obrigatoria e debe obrigatoriamente cumprir cos requisitos establecidos no enunciado da práctica para dita iteración. O profesor pon a nota da práctica despóis da corrección da segunda iteración. É necesario obter polo menos un 5 sobre 10 na práctica para aprobar a materia. 40
Traballos tutelados A56 B1 B3 C3 C6 A realización dos traballos tutelados é opcional. En caso de realizalo, valorarase tanto a calidade do traballo teórico como a complexidade da parte práctica e a claridade na exposición. 20
Proba de resposta múltiple A56 B3 Realizarase un exame de tipo test, co obxectivo de comprobar que o alumno asimilou os conceptos teóricos e prácticos correctamente. 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obtener:

  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na evaluación da práctica.
  • Un mínimo de 4 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula como: 0,40*notaExame + 0,40*notaPractica + 0,20*notaTraballos

Observacións adicionais:

  • As notas de prácticas e exámes aprobados consérvanse para a convocatoria correspondente á segunda oportunidade (pero NON para o seguinte curso)
  • Para o caso de alumnos matriculados a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia, flexibilizaránse as datas de entrega dos traballos realizados na materia así coma o seu dimensionamento.

Fontes de información
Bibliografía básica Bill Burke (2013). RESTful java with JAX-RS 2.0. O’Reilly
Leonard Richardson, Sam Ruby (2007). RESTful Web Services. O’Reilly
Poornachandra Sarang, Frank Jennings, Matjaz Juric, Ramesh Loganathan (2007). SOA Approach to Integration: XML, Web services, ESB, and BPEL in real-world SOA projects. Packt Publishing

Recursos en Internet:

- Estándares XML e Servizos Web

http://www.w3c.org

- Estándares BPEL para fluxos inter-aplicación:

http://docs.oasis-open.org/wsbpel/2.0/wsbpel-v2.0.pdf (WS-BPEL 2.0)

- Implementación de Referencia de JAX-RS

https://eclipse-ee4j.github.io/jersey/

- Sitios web de ferramentas de integración de aplicacións

Bibliografía complementaria Masoud Kalali, Bhakti Mehta (2013). Developing RESTful Services with JAX-RS 2.0, WebSockets, and JSON. Packt Publishing
Gregor Hohpe, Bobby Woolf (2003). Enterprise Integration Patterns: Designing, Building, and Deploying Messaging Solutions. Addison-Wesley Professional
Herbert Schildt (2015). Java 8. Anaya Multimedia
Brett McLaughlin (2006). Java and XML, Third Edition. O’Reilly
Grady Booch, James Rumbaugh, Ivar Jacobson (2005). Unified Modeling Language User Guide, 2nd edition. Addison-Wesley Professional


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño Software/614G01015
Redes/614G01017
Internet e sistemas distribuidos/614G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías