Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Integración de Aplicacións Código 614G01080
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Álvarez Díaz, Manuel
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
Profesorado
Álvarez Díaz, Manuel
Losada Perez, Jose
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
jose.losada@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia céntrase no estudo de técnicas de integración de aplicacións empresariais. Para elo analiza as diferentes aproximacións existentes tanto para facilitar a integración como para xestionala. Para ilustrar todos estes conceptos xerais, farase uso de tecnoloxías utilizadas habitualmente na industria para estes propósitos, como servicios web RESTFul, e sistemas de integración orientada a servizos (SOA). O enfoque da materia é fundamentalmente práctico, polo que se proporcionan múltiples exemplos de código durante as clases teóricas, e a práctica ten un forte impacto na nota final da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A56 Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para deseñar, implementar e despregar servizos software (con énfasis en servicios web) mediante o uso de tecnoloxías modernas e técnicas de diseño estándar, e para xestionar a sua integración en arquitecturas de sistemas de información orientadas a servizos. A56
B1
B3
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Parte I. Introdución Tema 1: Introdución as Tecnoloxías de Integración de Aplicacións
Parte II. Integración de Aplicacións: Procesos de Negocio Tema 2: Arquitecturas de Integración de Aplicacións
Tema 3: Orquestación de Servizos Web
Parte III. Integración de Aplicacións: Servizos Web REST Tema 4: Introdución a Servizos Web REST
Tema 5: Titorial de Jakarta RESTful Web Services
Tema 6: Titorial de Jakarta XML Binding
Tema 7: Caso de Estudo
Tema 8: Titorial Avanzado de Jakarta RESTful Web Services

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A56 21 21 42
Prácticas a través de TIC A56 B1 B3 C3 C6 19 53 72
Traballos tutelados A56 B1 B3 C3 C6 2 20 22
Proba de resposta múltiple A56 B3 2 5 7
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases impartidas polo profesorado mediante a proxección de diapositivas. As clases teñen un enfoque totalmente práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As presentacións e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están dispoñibles a través da plataforma de docencia da universidade.
Prácticas a través de TIC Ó longo do cuadrimestre realízanse prácticas en grupo, nas que o/a alumno/a utiliza a maior parte dos coñecementos teóricos de xeito integrado. A entrega realízase en dúas iteracións.
Traballos tutelados Realizarase un traballo teórico/práctico dirixido, relacionado coa evaluación dunha ferramenta de integración de aplicacións, para que o/a alumno/a desenvolva a súa capacidade de aprendizaxe de ferramentas/tecnoloxías.
Proba de resposta múltiple Realizarase un exame de tipo test, co obxeto de comprobar que o/a alumno/a asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan, e as contestadas erroneamente puntúan negativamente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Titorías e consultas vía correo electrónico e da ferramenta Teams para dúbidas específicas.
Presenza do profesor no laboratorio para axudar no desenvolvemento da práctica.

En xeral para todos/as os/as alumnos/as, e en particular para o caso de alumnado con matrícula a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia, tanto a documentación das sesións maxistrais como a correspondentes ás sesions prácticas estarán accesibles a través da plataforma moodle da universidade. Adicionalmente, poderán contactar cos profesores da materia de forma telemática a través de correo electrónico ou da ferramenta Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A56 B1 B3 C3 C6 A práctica estrutúrase en 2 partes (chamadas iteracións). É obrigatorio presentar ambas iteracións. A corrección da primeira iteración non leva asociada unha nota, pero a súa entrega é obrigatoria e debe obrigatoriamente cumprir cos requisitos establecidos no enunciado da práctica para dita iteración. O profesorado pon a nota da práctica despois da corrección da segunda iteración. É necesario obter polo menos un 5 sobre 10 na práctica para aprobar a materia. 40
Traballos tutelados A56 B1 B3 C3 C6 A realización dos traballos tutelados é opcional. En caso de realizalo, valorarase tanto a calidade do traballo teórico como a complexidade da parte práctica e a claridade na exposición. 20
Proba de resposta múltiple A56 B3 Realizarase un exame de tipo test, co obxecto de comprobar que o/a alumno/a asimilou os conceptos teóricos e prácticos correctamente. 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na avaliación da práctica.
  • Un mínimo de 4 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula como: 0,40*notaExame + 0,40*notaPráctica + 0,20*notaTraballos

Observacións adicionais:

  • As notas de prácticas e exames aprobados consérvanse para a convocatoria correspondente á segunda oportunidade (pero NON para o seguinte curso)
  • Para o caso de alumnos/as matriculados/as a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia, flexibilizaranse as datas de entrega dos traballos realizados na materia así coma o seu tamaño, sen que elo supoña un prexuízo na súa cualificación.

Fontes de información
Bibliografía básica Bill Burke (2013). RESTful java with JAX-RS 2.0. O’Reilly
Leonard Richardson, Sam Ruby (2007). RESTful Web Services. O’Reilly
Poornachandra Sarang, Frank Jennings, Matjaz Juric, Ramesh Loganathan (2007). SOA Approach to Integration: XML, Web services, ESB, and BPEL in real-world SOA projects. Packt Publishing

Recursos en Internet:

- Estándares XML e Servizos Web

http://www.w3c.org

- Estándares BPEL para fluxos inter-aplicación:

http://docs.oasis-open.org/wsbpel/2.0/wsbpel-v2.0.pdf (WS-BPEL 2.0)

- Especificaciones para Jakarta RESTful Web Services y Jakarta XML Bindings

https://jakarta.ee/specifications/restful-ws/
https://jakarta.ee/specifications/xml-binding/

- Sitios web de ferramentas de integración de aplicacións

Bibliografía complementaria Vegas Gertrudix, José María (2021). Java 17 : fundamentos prácticos de programación. Ra-Ma
Masoud Kalali, Bhakti Mehta (2013). Developing RESTful Services with JAX-RS 2.0, WebSockets, and JSON. Packt Publishing
Gregor Hohpe, Bobby Woolf (2003). Enterprise Integration Patterns: Designing, Building, and Deploying Messaging Solutions. Addison-Wesley Professional
Brett McLaughlin (2006). Java and XML, Third Edition. O’Reilly
Grady Booch, James Rumbaugh, Ivar Jacobson (2005). Unified Modeling Language User Guide, 2nd edition. Addison-Wesley Professional


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño Software/614G01015
Redes/614G01017
Internet e sistemas distribuidos/614G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías