Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Servizos Multimedia Código 614G01081
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Fresnedo Arias, Óscar
Correo electrónico
oscar.fresnedo@udc.es
Profesorado
Fresnedo Arias, Óscar
Correo electrónico
oscar.fresnedo@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral Asignatura onde se analizan os servizos avanzados de internet, con especial énfase nos sistemas audiovisuais sobre IP: VoIP, Streaming de audio e Streaming de Vídeo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:

Os contidos da materia non se modificarán.

2. Metodoloxías:

As metodoloxías serán as mesmas que se definen na guía docente coa única modificación de que todas elas serían adaptadas a un formato completamente non presencial no caso de que fora necesario.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:

As titorías serán realizadas en calquera caso de forma non presencial usando o correo electrónico e a ferramenta Teams.

4. Modificacións na avaliación:

O exame final presencial será reemplazado por un exame virtual para que o alumno non teña que asistir presencialmente.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:

Non hai modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A54 Capacidade para empregar metodoloxías centradas no usuario e a organización para o desenvolvemento, a avaliación e a xestión de aplicacións e sistemas baseados nas tecnoloxías da información que aseguren a accesibilidade, ergonomía e a usabilidade dos sistemas.
A56 Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados.
A57 Capacidade de concibir sistemas, aplicacións e servizos baseados en tecnoloxías de rede en que se inclúan internet, web, comercio electrónico, multimedia, servizos interactivos e computación móbil.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquisición de coñecementos para comprensión e despregue de servizos avanzados de internet. A54
A56
B3
C3
Adquisición de coñecementos para toma de decisións de deseño de servizos de rede. A57
B1
B3
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Introducción Multimedia, Tipos de Sistemas, Streaming, Transporte Multimedia,...
Voz sobre redes de paquetes Introducción á codificación e transmisión da voz.

Concepto de voz sobre IP (VoIP): transmisión en paquetes, codecs, supresión de ecos, calidade de servizo (QoS).

Hardware e software para VoIP.

Asterisk: Instalación, configuración e programación dunha centralita de VoIP.
Estándares de Compresión para Video e Imaxes Representación dixital de imaxes.

Compresión de imaxes: JPEG.

Introducción ás métricas de calidade.

Compresión de video: H.26X, MPEG, ...
Protocolos SIP, SDP, RTP, RTCP, RTSP,...

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A54 A56 A57 B1 B3 C4 C6 C7 C8 21 30 51
Proba mixta A54 A56 A57 B1 B3 C3 C6 C8 2 0 2
Traballos tutelados A54 A56 A57 B3 C4 C6 C7 C8 8 22 30
Prácticas a través de TIC A54 A56 A57 B1 B3 C3 C4 C6 C7 C8 14 50 64
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos contenidos da asinatura.
Proba mixta Proba escrita con preguntas de teoría sobre os contidos da asignatura e resolución de problemas.
Traballos tutelados Traballos realizados polo alumno no que deberán resolver unha serie de problemas ou supostos prácticos aplicando os coñecementos adquiridos.
Prácticas a través de TIC Prácticas individuais para probar os conceptos adquiridos nas clases maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
O profesor realizará titorías e atenderá as dúbidas nos horarios dos grupos reducidos para a posta en marcha e desenvolvemento das prácticas.

As titorías serán non presenciais a través de diferentes medios telemáticos, principalmente usando a ferramenta Teams, e no horario especificado. O horario de titorías poderase adaptar segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A54 A56 A57 B1 B3 C3 C4 C6 C7 C8 A avaliación será realizada a partir das prácticas entregadas polos alumnos e mediante un exame para valorar os coñecementos adquiridos nestas sesións prácticas. 40
Proba mixta A54 A56 A57 B1 B3 C3 C6 C8 Mediante unha proba escrita valorase o coñecemento adquirido polo alumno ao longo do curso 40
Traballos tutelados A54 A56 A57 B3 C4 C6 C7 C8 Avaliarase a correcta realización por parte do alumno dos exercicios ou traballos propostos polo profesor. 20
 
Observacións avaliación

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

Para aprobar esta materia, os alumnos deberán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 sumando as
notas obtidas na proba mixta e na parte de prácticas.

Na segunda oportunidade en Xullo, os alumnos deberán avaliarse novamente das dúas partes da asignatura mediante a proba mixta e un exame final de prácticas.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE
REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e
4.5) (29/5/212).  Non será obrigatoria a asistencia ás prácticas da asignatura e os prazos de entrega serán tamén flexibles para axustarse ás necesidades do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica Leif Madsen (2011). Asterisk™: The Definitive Guide. O'Reilly
Colin Perkins (2003). RTP: Audio and Video for the Internet. Addison Wesley
Iain E. Richardson (2010). The H.264 Advanced Video Compression Standard. Wiley
Wes Simpson (2008). Video over IP: IPTV, Internet Video, H.264, P2P, WebTV, and Streaming: A Complete Guide to Understanding the technology. Focal Press
William A. Flanangan (2012). VoIP: Internet Telephony and the Future Voice Network. Wiley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Internet e sistemas distribuidos/614G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías