Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxectos de Desenvolvemento Software Código 614G01087
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Mato Abad, Virginia
Correo electrónico
virginia.mato@udc.es
Profesorado
Cedrón Santaeufemia, Francisco Abel
Mato Abad, Virginia
Correo electrónico
francisco.cedron@udc.es
virginia.mato@udc.es
Web
Descrición xeral Un problema importante no desenvolvemento de proxectos software é todo o relacionado co incumprimento de prazos e custos. Dentro do conxunto de técnicas para resolvelo, están os relativos a unha axeitada xestión dos recursos humanos, así como a realización dunhas estimacións realistas do tamaño do software a desenvolver e dos diferentes parámetros involucrados.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A25 Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas sóftware que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan accesibles de desenvolver e manter, e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da enxeñaría do sóftware.
A26 Capacidade para valorar as necesidades do cliente e especificar os requisitos sóftware para satisfacer estas necesidades, reconciliando obxectivos en conflito mediante a procura de compromisos aceptables dentro das limitacións derivadas do custo, do tempo, da existencia de sistemas xa desenvolvidos e das propias organizacións.
A29 Capacidade de identificar, avaliar e xestionar os riscos potencias asociados que se puideren presentar.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
B7 Preocupación pola calidade
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para comprender a importancia do control de prazos e custos na implantacion dun proxecto software A25
A26
A29
B1
B2
B3
B4
B7
B8
B9
C1
C2
C4
C6
Saber utilizar técnicas de estimación de proxectos software A25
A26
A29
B1
B2
B3
B4
B7
B8
B9
C2
C6

Contidos
Temas Subtemas
Teoría Tema 1. Técnicas de Estimación:
1.1. Introducción
1.2. Métodos de Estimación Software
1.3. Estimación do Tamaño dun Proxecto Software: Puntos Función, Puntos de Casos de Uso, Puntos Historia.
1.4. Estimación do Esforzo, Duración e Coste dun Proxecto Software: ISBSG, COCOMO II, etc.

Tema 2. Dimensions dun proxecto software (peopleware).
Práctica Exercicio individual para poñer en práctica as distintas técnicas de estimación vistas nas clases de teoría
Traballos tutelados Exercicios propostos para o seu desenvolvemento polo alumnado ao longo do curso

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A25 A29 B3 B4 B7 B9 C4 C6 21 42 63
Traballos tutelados A26 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C1 C2 6 24 30
Prácticas de laboratorio A25 A26 A29 B1 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C4 C6 14 28 42
Proba obxectiva A25 A26 B1 B3 B4 C1 C2 C6 2 12 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Unha sesión semanal para todo o grupo a través de Microsoft Teams para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade
Traballos tutelados Os traballos tutelados constarán de exercicios propostos ao longo do curso ao alumnado para reforzar os contidos vinculados co temario exposto a través das sesións maxistrais
Prácticas de laboratorio De unha a dúas sesións semanais en grupos pequenos a través de Microsoft Teams para o seguimento e apoio na realización da práctica individual supervisada. Esta práctica autónoma permite ao alumnado levar á práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Proba obxectiva Exame final para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
- Correo electrónico: Diariamente, para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

- Moodle: Diariamente, para intercambio de material docente, material complementario, exercicios, prácticas, foros para formular as consultas necesarias e notificacións e avisos sobre a materia.

- Teams: Unha sesión semanal para todo o grupo sobre o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade. De unha a duas sesións semanais en grupos pequenos para o seguimento e apoio na realización da práctica individual supervisada. Esta dinámica permite facer un seguimento axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

- Stream: Para aloxar a gravación das clases teóricas impartidas en Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 A26 A29 B1 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C4 C6 Práctica individual. Valorarase a adecuación metodolóxica, a claridade e xustificación da proposta así como a profundidade do contido e a participación activa na súa realización. 40
Proba obxectiva A25 A26 B1 B3 B4 C1 C2 C6 Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame individual 40
Traballos tutelados A26 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C1 C2 Exercicios propostos ao longo do curso polo profesorado a resolver polo alumnado 20
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é constatar que o alumnado posúe as competencias fundamentais necesarias. A nota final consta de tres partes:

- Exame final individual: 40%

- Práctica individual sobre o obxectivo do curso: 40%

- Traballos tutelados: 20%

Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación global minima de 5 puntos sobre 10 e ter un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 no exame final.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño, salvo para os traballos tutelados. Dado o carácter de avaliación continua dos mesmos, esta parte non poderá recuperarse.


Fontes de información
Bibliografía básica

- “Ingeniería del software. Un enfoque práctico”. Roger S. Pressman. 7ª edición. McGraw-Hill.

- “Software engineering”. Ian Sommerville. 9ª edición. Addison-Wesley.

- “Desarrollo y gestión de proyectos informáticos”. Steve McConnell. McGraw-Hill.

- “Ingeniería del software. Aspectos de gestión. Tomo 1: Conceptos básicos, teoría, ejercicios y herramientas”. Román López-Cortijo y García y Antonio de Amescua Seco. Instituto Ibérico de la Industria del Software (www.iiis.es).

- “IEEE standard for software configuration management plans”. Estándar IEEE 828-1990.

- “IEEE guide to software configuration management”. Guía IEEE 1042-1987.

- “Metrics and models in software quality engineering”. Stephen H. Kan. Addison-Wesley.

- Software Engineering Institute: http://www.sei.cmu.edu/.

- International Function Point Users’ Group (IFPUG): http://www.ifpug.org.

- Peopleware Productivite Projects and Teams. Third Edition (2013). Tom DeMarco y Timothy Lister. Dorset House Publishing.

- Practical Softwre Project Estimation. 3rd. Edition (2010). ISBSG. McGraw-Hill.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías