Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Administración de Infraestruturas Informáticas Código 614G01093
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Fernández Iglesias, Diego
Correo electrónico
diego.fernandez@udc.es
Profesorado
Dafonte Vazquez, Jose Carlos
Fernández Iglesias, Diego
Novoa De Manuel, Francisco Javier
Correo electrónico
carlos.dafonte@udc.es
diego.fernandez@udc.es
francisco.javier.novoa@udc.es
Web http://moodle.udc.es/course/view.php?id=29160
Descrición xeral Nesta materia abórdase a administración de tecnoloxías esenciais nun Centro de Proceso de Datos. A orientación da mesma é eminentemente práctica. Estúdanse estratexias, metodoloxías e tecnoloxías de operación e mantemento de servizos TI, traballando con ferramentas de xestión de equipamento habituais nesta contorna.

Competencias do título
Código Competencias do título
A36 Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e a seguridade dos sistemas informáticos.
A38 Capacidade para deseñar, despregar, administrar e xestionar redes de computadores.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e a seguridade dos sistemas informáticos. A36
Capacidade para deseñar, despregar, administrar e xestionar redes de computadores. A38
Capacidade de resolución de problemas B1
Capacidade de análise e síntese B3
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6

Contidos
Temas Subtemas
Arquitecturas, estratexias e metodoloxías de administración de sistemas e comunicacións Arquitecturas de rede corporativa e centro de proceso de datos
Metodoloxías de deseño



Infraestruturas esenciais de TI Redes de almacenamento
Desenvolvemento de servizos no CPD: contornas Windows e Linux
Virtualización Contornas con infraestrutura virtualizada
Virtualización de rede: VLAN e VPN

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A36 A38 24 33 57
Proba obxectiva A36 A38 B1 3 12 15
Prácticas a través de TIC B1 C3 16 32 48
Traballos tutelados A38 B3 C6 7 21 28
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. As sesións maxistrais complementaranse coa realización de conferencias nas que se traerá algún experto externo para tratar algun tema puntual con maior profundidade.
Proba obxectiva Realizarase un exame ó final do cuatrimestre e a súa correspondente 2ª oportunidade. Este exame centrarase principalmente nos aspectos teóricos i exercicios asociados. Tamén se poderá formular algunha cuestión relacionada coas prácticas de implementación realizadas.
Prácticas a través de TIC Nas que o alumno verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor que lle permitirán afondar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da xestión de infraestructuras. As prácticas estarán prantexadas de maneira que faciliten a súa realización semi-presencial a aqueles alumnos que non poidan acudir ás sesións presenciais. Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, propoñeranse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de maneira opcional.
Traballos tutelados Proposta de traballos para a súa resolución individual e non presencial por parte dos alumnos. Estes traballos serán opcionais e permitiranlles aos alumnos interesados en facelos afondar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias, bibliografía para consulta e realizarán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.

Todos os profesores da materia proporán, ademais, un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Facilitarase a realización das prácticas e a atención na titorización de traballos a aqueles alumnos que, por estaren matriculados a tempo parcial non poidan asistir ás sesións prácticas ou ás sesións de titoría establecidas oficialmente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B1 C3 As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas coa Administración de infraestructuras. As prácticas deberán ser defendidas durante as sesións de laboratorio ou mediante entrega dunha memoria que recolla as tarefas levadas a cabo. 30
Traballos tutelados A38 B3 C6 O alumno desenvolverá unha seríe de traballos propostos polo profesor relativos a aspectos concretos do temario 20
Proba obxectiva A36 A38 B1 Realizarase un exame ó final do cuatrimestre e a súa correspondente 2ª oportunidade. Este exame centrarase principalmente nos aspectos teóricos i exercicios asociados. Tamén se poderá formular algunha cuestión relacionada coas prácticas de implementación realizadas. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, será preciso obter un mínimo dun 40% da nota total na proba obxectiva e nas prácticas. No caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é 4.5

Estudantes con matrícula a tempo parcial: Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual de materia.

Para a segunda oportunidade manterase a avaliación do traballo tutelado obtida na primeira oportunidade. Ademais, poderase manter a avaliación da proba obxectiva e das prácticas.

Para a oportunidade adianta manterase a avaliación obtida no traballo tutelado durante a primeira oportunidade. Ademais, poderase manter a avaliación tanto da proba obxectiva como das prácticas.


Fontes de información
Bibliografía básica Anthony Bruno; Steve Jordan (2016). CCDA 200-310 Official Cert Guide, Fifth Edition. CiscoPress
Maurizio Portolani (2003). Data Center Fundamentals. CiscoPress
Tom Clark (2003). Designing Storage Area Networks: A Practical Reference for Implementing Firbre Channel and IP SANs. Addison-Wesley
Cricket Liu (2006). DNS and BIND. O'Reilly
José Luis Raya Cabrera et al. (2009). Guía de campo [de] máquinas virtuales. Ra-Ma
Gerald Carter (2003). LDAP system administration. O'Reilly
Christopher Poelker, Alex Nikitin (2008). Storage Area Networks for Dummies. Willey Publishing
Ulf Troppens (2009). Storage Networks Explained. Willey Publishing
Matthew Portnoy (2016). Virtualization Essentials. 2nd Edition. Sybex

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas Operativos/614G01016
Redes/614G01017
Internet e sistemas distribuidos/614G01023
Lexislación e Seguridade Informática/614G01024
Xestión de Infraestruturas/614G01025
Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas/614G01059

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Administración de Redes/614G01213

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías