Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Planificación de Sistemas de Información Código 614G01107
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
García Jurado, Ignacio
Correo electrónico
ignacio.garcia.jurado@udc.es
Profesorado
García Jurado, Ignacio
Correo electrónico
ignacio.garcia.jurado@udc.es
Web http://dm.udc.es/profesores/ignacio/
Descrición xeral Nesta materia danse ferramentas cualitativas e cuantitativas para a correcta planificación de proxectos no contexto dos sistemas de información.

Competencias do título
Código Competencias do título
A50 Capacidade para comprender e aplicar os principios da avaliación de riscos e aplicalos correctamente na elaboración e execución de plans de actuación.
A51 Capacidade para comprender e aplicar os principios e as técnicas de xestión da calidade e da innovación tecnolóxica nas organizacións.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B4 Capacidade para organizar e planificar
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer algunhas técnicas cualitativas e cuantitativas de planificación de proxectos e estar capacitado para aplicalas. Iso contribuirá a desenvolver unha actitude de busca de calidade e innovación tecnolóxica e a posuír ferramentas matemáticas axeitadas para a avaliación de riscos. A50
A51
B1
B4
B9
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á xestión de proxectos. Proxectos, ciclo de vida dun proxecto, plan de proxecto.
2. Programación matemática e planificación de proxectos. Introdución á programación matemática, exemplos de usos da programación matemática en selección de proxectos, xestión de tempos, financiamento e xestión de equipos de traballo.
3. Xestión de tempos con CPM. Construción do grafo, tempos early e last, folgura e calendario.
4. Xestión de custos con MCE. Aceleración dun proxecto a custo mínimo, o método MCE, o MCE e a programación lineal.
5. Simulación estocástica e xestión de riscos. Introdución á xestión de riscos, números pseudo-aleatorios, simulación de variables aleatorias continuas, simulación estocástica e planificación de proxectos.
6. Teoría de xogos e planificación de proxectos. Competencia e recursos humanos, o equilibrio de Nash en xogos en forma estratéxica, exemplos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A50 A51 B4 C6 C8 22.5 45 67.5
Solución de problemas B1 B9 7 25.5 32.5
Prácticas de laboratorio B1 B4 B9 7.5 15 22.5
Traballos tutelados B1 B4 B9 6 18 24
Proba obxectiva B1 B4 2 0 2
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases nas que se desenvolverá o programa da materia.
Solución de problemas Formulación e resolución de exercicios relativos ao programa da materia.
Prácticas de laboratorio Prácticas relativas ao programa da materia.
Traballos tutelados Traballos tutelados en relación ao programa da materia.
Proba obxectiva Exame de exercicios e cuestións teóricas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
Atención aos alumnos para resolver as dúbidas que lles poidan xurdir.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B4 B9 Valoraranse os traballos tutelados realizados. 30
Proba obxectiva B1 B4 Exame de exercicios e cuestións teóricas. 40
Prácticas de laboratorio B1 B4 B9 Valoraranse as prácticas realizadas. 30
 
Observacións avaliación
Os alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial recibirán un tratamento diferenciado en función da súa dispoñibilidade. En xeral, para a súa avaliación teranse en conta as prácticas de laboratorio e traballos tutelados (50% do peso na cualificación) e a proba obxectiva (50% do peso na cualificación).

Fontes de información
Bibliografía básica T. Klastorin (2005). Gestión de proyectos. Alfaomega Grupo Editor
F.S. Hillier, G.J. Lieberman (2010). Introduction to Operations Research. McGraw-Hill
Project Management Institute (2013). PMBOK Guide. PMI, Inc.

Bibliografía complementaria R. Cao (2002). Introducción a la simulación y a la teoría de colas. Netbiblo
B. Casas Méndez, M.G. Fiestras Janeiro, I. García Jurado, J. González Díaz (2012). Introducción a la teoría de juegos. USC editora


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión de Proxectos/614G01021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías