Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Administración e Infraestructuras e Sistemas Informáticos Código 614G01113
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
López Taboada, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.lopez.taboada@udc.es
Profesorado
López Taboada, Guillermo
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
guillermo.lopez.taboada@udc.es
roberto.rey.exposito@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Administración de infraestructuras servidor, clúster e cloud, facendo uso de tecnoloxías de rede e virtualización para o acceso a servizos de almacenamento e cómputo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A52 Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
A55 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para comprender o entorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións. A52
B1
B3
C6
C8
Capacidade para seleccionar, deseñar, desplegar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hardware, software e redes, dentro dos parámetros de custe e calidade axeitados. A53
B1
B3
C6
C8
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización. A55
B1
B3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Virtualización Tecnoloxías de Virtualización
Máquinas virtuais e a súa administración
2. Clusters Elementos dun cluster
Administración
Monitorización
Clusters virtuales
3. Cloud Computing
Introdución
Modelos de servizo
Despregamento
IaaS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A52 A53 A55 B1 B3 C6 C8 15 37.5 52.5
Seminario A52 B1 B3 C6 C8 6 24 30
Proba mixta A52 A53 A55 B1 B3 C6 C8 3 0 3
Sesión maxistral A52 A53 A55 B1 B3 C6 C8 21 42 63
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de selección, deseño, despregue, avaliación e xestión de infrastructuras de almacenamento, tanto en infraestructura propia como en cloud, para traballar os conceptos presentados nas aulas de teoría.

Seminario Exposición e discusión sobre temas de interese no ámbito da materia como son:
- Descripción de contornos de organizacións e as súas necesidades, tal e como é o caso da AMTEGA.
- Experiencias sobre selección, deseño, despregue, avaliación e xestión de centros de procesamento de datos, como pode ser o CESGA
- Presentación de metodoloxías para a posta en marcha de sistemas e plataformas.

Proba mixta Proba con cuestións de avaliación da comprensión dos conceptos teóricos e da súa aplicación á práctica
Sesión maxistral Exposición oral sobre os temas da materia coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e asimilación dos conceptos discutidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Resolución de dúbidas que teña cada alumno na realización das prácticas de laboratorio.

Atención personalizada aos alumnos con matrícula parcial ou aqueles con dificultades de asistencia ao centro por motivos de forza maior.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A52 A53 A55 B1 B3 C6 C8 Proba escrita sobre os conceptos presentados na docencia expositiva. 50
Prácticas de laboratorio A52 A53 A55 B1 B3 C6 C8 Avaliación da realización das prácticas de laboratorio 50
 
Observacións avaliación

Para aprobar é condición necesaria (pero non suficiente) obter un mínimo dun 40% da nota de prácticas e da nota da proba escrita. En caso de non cumprir ese requisito pero obter unha ponderación de notas superior a 4 a nota final será 4 (Suspenso). Por exemplo, un 8 en prácticas de laboratorio e un 3 na proba escrita resultará nunha nota ponderada de 5.5 pero en actas figurará 4 (Suspenso).

A recuperación (segunda oportunidade, xullo) consiste exclusivamente na repetición da proba escrita, manténdose a nota de prácticas de laboratorio. Neste caso só se esixirá superar o 40% da nota da proba escrita e un 5 na nota final.

O alumno con matrícula a tempo parcial será considerado de forma particular, tanto se ten dificultades para asistir a tódalas clases como se non é o caso. As facilidades son titorías adecuadas as súas disponibilidades horarias, flexibilidade na realización das prácticas e tratamento personalizado.


Fontes de información
Bibliografía básica

* Material docente en Moodle.

Bibliografía complementaria

* A. Frish. Essential System administration. O'Reilly.

* Buyya, R. et al. "Cloud computing and emerging IT platforms: Vision, hype, and reality for delivering computing as the 5th utility" Future Generation Computing Systems


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas Operativos/614G01016
Redes/614G01017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías