Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Administración de Infraestructuras e Sistemas Informáticos Código 614G01113
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
roberto.rey.exposito@udc.es
Profesorado
Pardo Martínez, Xoán Carlos
Rey Expósito, Roberto
Correo electrónico
xoan.pardo@udc.es
roberto.rey.exposito@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno o coñecemento básico necesario para a administración de sistemas informáticos. Isto incluirá a administración de infraestruturas servidor e clúster facendo uso de tecnoloxías de virtualización e almacenamento en rede. A orientación da materia é eminentemente práctica, traballando con tecnoloxías, ferramentas e servizos habituais nestas contornas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A52 Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
A53 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
A55 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B3 Capacidade de análise e síntese
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber e coñecer o funcionamento das técnicas de monitorización e administración de infraestruturas informáticas. A52
A53
B1
B3
C6
C8
Coñecer os fundamentos básicos da administración e xestión de equipos informáticos en rede. A52
A55
B1
B3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tecnoloxías de virtualización

Tecnoloxías para redes de almacenamento
Infraestruturas clúster

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A53 A55 B1 B3 C6 14 42 56
Proba mixta A52 A53 A55 B1 B3 3 0 3
Traballos tutelados A53 A55 B1 B3 C6 6 18 24
Sesión maxistral A52 A53 A55 C6 C8 21 42 63
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades a realizar en computadores relacionadas cos contidos da materia e que se proporán ao longo do cuadrimestre.
Proba mixta Proba única que se fará ao final do cuadrimestre sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.
Traballos tutelados Resolución dun caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas de laboratorio, estudiando en maior profundidade una aplicación específica directamente relacionada cos contidos da materia. Deberá entregarse un informe sobre o traballo realizado, resumindo as principais conclusións do mesmo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais sobre os temas da materia coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e asimilación dos conceptos discutidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.

Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán as indicacións necesarias e farán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.

O profesorado da materia proporá un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A53 A55 B1 B3 C6 Avaliación das prácticas de laboratorio, que consistirán en diferentes actividades a realizar en computadores relacionadas cos contidos da materia e que se proporán ao longo do cuadrimestre. 40
Traballos tutelados A53 A55 B1 B3 C6 O traballo tutelado consistirá na resolución dun caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas. 20
Proba mixta A52 A53 A55 B1 B3 A proba mixta realizarase ao final do cuadrimestre. Poderá conter preguntas sobre os contidos do temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia na primeira oportunidade será requisito indispensable entregar todas as prácticas de laboratorio obrigatorias que se propoñan. O traballo tutelado será opcional e só se terá en conta se cumpre cos mínimos de calidade esixidos polo profesor. A nota final calcularase como a media ponderada das notas das prácticas, o traballo tutelado e a proba mixta. Para aprobar será necesario obter como mínimo un 40% da nota máxima tanto nas prácticas de laboratorio como na proba mixta, e ter una nota final igual ou superior ao 50%. En caso de non cumprir os requisitos pero obter unha nota final igual ou superior ao 50%, a nota que figurará en actas será un 4 (Suspenso).

Na segunda oportunidade seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. Haberá unha segunda data de entrega para as prácticas e o traballo tutelado. As notas das partes que acadaran o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.

REPETIDORES

A nota das prácticas conservarase durante un curso no caso de obter un mínimo do 50%.

ALUMNOS A TEMPO PARCIAL

A avaliación será igual que a dos alumnos a tempo completo.

FRAUDE

No caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Ulf Troppens, Rainer Erkens, Wolfgang Müller (2009). Storage Networks Explained: Basics and Application of Fibre Channel SAN, NAS, iSCSI, InfiniBand and FCoE. John Wiley & Sons
Miguel Darío González Río (2016). Tecnologías de Virtualización. IT Campus Academy
Matthew Portnoy (2016). Virtualization Essentials, 2nd Edition. Sybex

Bibliografía complementaria Luis Joyanes Aguillar (2014). Big Data: Análisis de grandes volúmenes de datos en organizaciones. Alfaomega Grupo Editor
Sam Alapati (2016). Modern Linux Administration: How to Become a Cutting-Edge Linux Administrator. O'Reilly


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas Operativos/614G01016
Redes/614G01017
Administración de Sistemas Operativos/614G01047

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas/614G01059

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías